Guía de procedementos e servizos

BS304A

Cesión do uso de instalacións xuvenís da administración galega para a realización de programas de ocio educativo e de tempo libre.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Entidades locais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 18/04/2023 00:00 - 26/04/2023 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca o procedemento de concesión do uso das súas instalacións xuvenís dentro da programación da Campaña de verán 2023, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:

a) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.

b) Os consellos locais e municipais de xuventude.

c) As corporacións locais.

d) Outras entidades públicas ou privadas debidamente constituídas que realicen actividades coa xuventude.

e) Os grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para a realización dun programa de actividades para un mínimo de quince (15) persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como destinatario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999025/ 981540122

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

Espazo Amizar, Gregorio Hernández, nº 2-4,

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238/ 881881240/ 881881241

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294224/ 982294599

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Celso Emilio Ferreiro, nº 27

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120/ 988386117

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817078/ 986817079

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

18/04/2023 00:00 - 26/04/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes.

1. De acordo co establecido nos puntos 2 e 3 do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 10.2 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. No caso da solicitude de instalacións para o desenvolvemento de actividades de tempo libre, no número de prazas solicitadas polas entidades e/ou grupos relacionados no artigo 3 incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación e calquera outra que vaia estar na instalación durante o período solicitado.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Inscrición no Rexistro de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

b) Inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude.

3. No caso de que as persoas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo II) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís (DOG nº 73 do 17 de abril de 2023).

    • Resolución do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de maio de 2023 relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2023, pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2023 para colectivos xuvenís (DOG nº 96 do 23 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano