Guía de procedementos e servizos

BS304B

Cesión do uso de residencias xuvenís da administración galega para actividades de ocio educativo e de tempo libre

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 30/06/2020 00:00 - 08/07/2020 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A Consellería de Política Social convoca a presente oferta de uso das súas residencias xuvenís para a Campaña de verán 2020, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Servizos ofertados e duración das quendas

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

a) Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

b) Do uso das habitacións, zonas comúns e espazos de actividade.

c) Persoal de servizo.

A duración das quendas e as instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I.

As prazas por quenda outorgaranse a unha única entidade ou grupo, e non poderán convivir varios grupos ao mesmo tempo nunha mesma instalación.

O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último, o xantar do último día de estancia concedida.

Os custos de traslado á instalación, tanto o día de chegada como o de saída, son por conta da entidade ou grupo adxudicatario.

ANEXO I

Lugo__Residencia Xuvenil LUG I:

  • 15-19 de xullo (30 prazas)

  • 22-26 de xullo (30 prazas)

  • 29 de xullo-02 de agosto (30 prazas)

  • 05-09 de agosto (30 prazas)

  • 12-16 de agosto (30 prazas)

  • 19-23 de agosto (30 prazas)

Total prazas: 180

Ourense__Residencia X. Florentino L. Cuevillas:

  • 15-19 de xullo (30 prazas)

  • 22-26 de xullo (30 prazas)

  • 29 de xullo-02 de agosto (30 prazas)

  • 05-09 de agosto (30 prazas)

  • 12-16 de agosto (30 prazas)

  • 19-23 de agosto (30 prazas)

Total prazas: 180

Total : 360

Poderán solicitar o uso das residencias:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.

2. Os consellos locais e municipais de xuventude.

3. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.

4. Grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

5. Todas as entidades e grupos solicitantes deben estar domiciliadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas adxudicatarias estarán obrigadas:

1. A cumprir os requisitos exixidos no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.

2. A observar as normas de réxime interno da instalación da que sexan adxudicatarios/as así como as indicacións da persoa responsable desta no referente a aqueles aspectos non recollidos expresamente nas citadas normas.

3. A cumprir todas as medidas hixiénico-sanitarias da propia instalación, así como aquelas ditadas polas autoridades sanitarias competentes para facer fronte ao COVID-19.

4. A responder dos actos que se realicen nas instalacións concedidas e das consecuencias que deles deriven, así como de toda responsabilidade civil derivada de calquera acto. As actividades que desenvolva o grupo non teñen a consideración de actividades propias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que os riscos, accidentes e danos derivados das actividades que desenvolva a entidade ou grupo serán responsabilidade exclusiva da dita entidade ou do grupo adxudicatario.

5. A aboar o importe dos danos que se produzan no material e nos equipamentos da instalación durante o período de uso desta.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Servizo de Actividades para a Xuventude - Edificio Adm. de Sán Lázaro

Teléfono: 881999025

Email: ofertaconcertada.benestar@xunta.gal

Instituto da Xuventude de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

30/06/2020 00:00 - 08/07/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 7 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Solicitude

- As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude, as escolas de tempo libre e outras entidades presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

- Os grupos de persoas mozas non asociadas presentarán as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

- No número de prazas solicitadas incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación no caso de que a instalación se solicite para o desenvolvemento de actividades de tempo libre. Así mesmo, incluiranse as persoas que acompañen ás persoas mozas en calidade de responsables destas, ou outro persoal que vaia estar na instalación durante o período solicitado.

- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria, presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

2. Consultaranse tamén os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia correspondente:

a) Inscrición no Rexistro de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

b) Inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

4.Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación e pagamento

1. Notificada a resolución as persoas beneficiarias están obrigadas, no prazo de 5 días hábiles:

a) A pagar o importe correspondente ás prazas adxudicadas. Se a entidade adxudicataria reduce o número de usuarios/as previstos/as na solicitude, deberá comunicalo antes do pagamento da cota e aboará o importe correspondente ás prazas que vai ocupar.

A dita cantidade non será reintegrable no caso de que decaese a adxudicación realizada por incumprimento das obrigas expresadas neste artigo.

b) A presentar de xeito electrónico a seguinte documentación, dirixida ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada:

1º. Breve proxecto de actividades que se van realizar. As actividades incluídas no proxecto deberán, en todo caso, respectar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas na Constitución Española, así como todas as medidas hixiénico-sanitarias propias da instalación e ditadas polas autoridades sanitarias competentes para facer fronte ao COVID-19.

2º. Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade ou grupo solicitante.

3º. Xustificante do aboamento do prezo expresado anteriormente.

No caso de grupos de persoas mozas non asociadas, esta documentación deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén se poderá presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Se, transcorrido o prazo de 5 días hábiles desde a notificación da adxudicación, non se cumpre o disposto no número anterior, declararase expresamente o incumprimento das condicións da resolución de adxudicación e a desistencia da solicitude, a través da oportuna resolución que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o uso das residencias xuvenís dependentes desta consellería para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a Campaña de verán 2020 (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).

    • Resolución do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2020 relativa á adxudicación do uso de residencias xuvenís ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o uso das residencias xuvenís dependentes desta consellería para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a campaña de verán 2020. (DOG nº 142 do 17 de xullo de 2020)

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano