Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT814A - Axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural dos espazos da Rede Natura 2000 ou zonas limítrofes fóra desta pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000 (código do procedemento administrativo MT814A).
Así mesmo, a través de esta orde convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2024 e 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva que serán cofinanciadas polo Feader.
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
a) As persoas físicas.
b) Os concellos incluídos total ou parcialmente na Rede Natura 2000 de Galicia.
c) As asociacións sen ánimo de lucro, incluídas aquelas que teñan asinados acordos de custodia do territorio con persoas físicas ou xurídicas titulares ou cotitulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou as súas agrupacións.
d) As comunidades de montes veciñais en man común.
1. Son requisitos para obter a condición de beneficiaria os enumerados nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. As axudas desta orde aplicaranse a actuacións que se desenvolvan no ámbito territorial do Decreto 37/2014, de 27 de marzo, excluíndo o territorio daqueles concellos que estean incluídos total ou parcialmente nun parque natural.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Espazos Naturais
Servizo de Conservación de Espazos Naturais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Fax: 981547240
Email: dxcn.cmati@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184838
Fax: 981184836
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393/ 982294989
Fax: 982294539
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386569
Fax: 988386420
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
R/ Mª Victoria Moreno, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097/ 986805469
Fax: 986805436
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (BOE nº 79 do 2 de abril de 2021).
Orde do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 19 do 26 de xaneiro de 2024).
Extracto da Orde do 17 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 19 do 26 de xaneiro de 2024).
Orde do 19 de xuño de 2024 pola que se modifica a Orde do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 123 do 26 de xuño de 2024).
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).
Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 de 25 de xullo de 2006).
Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, de 21 de xulio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 270 de 11 de noviembre de 2006).
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.
Regulamento 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemeno rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.
Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013.
Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.
Prazo de presentación: PECHADO
27/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas ao Servizo de Patrimonio Natural da xefatura territorial correspondente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro
b) anexo II coa memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións que deberá conter, como mínimo:
1º. A descrición de traballos ou actividades indicando o espazo en que se vai traballar.
2º. A superficie de actuación e os obxectivos ambientais aos que contribuirá a actuación.
3º. Relación valorada.
4º. Planos de localización e de detalle.
5º. Orzamento detallado e co IVE desagregado.
6º. Calendario e prazo aproximado de execución.
c) Arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.
d) Autorizacións ou permisos necesarios para levar a cabo a intervención ou, cando menos, a súa solicitude.
2. Deberán presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria:
a) No caso de prever actuacións sobre bens inmobles ou terreos de titularidade da persoa solicitante, título de propiedade. Os concellos poderán presentar certificación expedida pola persoa titular da secretaría do Concello relativa á titularidade municipal do ben.
b) No caso de que a persoa solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, certificación da persoa titular ou titulares da súa dispoñibilidade e no seu defecto declaración responsable de conformidade e dispoñibilidade dos terreos (anexo VI).
c) No caso de persoas arrendadoras, documento que acredite esa condición.
d) No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado, diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse como mínimo, ademais dos datos indicados no anexo II, a seguinte documentación:
1º. Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra. O custo horario da man de obra calcularase en base ao custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras coas que vai executar a obra.
Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos da súa amortización.
2º. Informe elaborado polo persoal técnico redactor do proxecto no que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipo...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:
i. Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento denominado “Xustificación de prezos” no que se totalice o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e unidades de material empregadas.
ii. Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, o persoal técnico redactor terá que especificar, en cada unha das unidades, o número de horas da achega e unidades de material empregadas.
e) No caso de actuacións que non teñan natureza de investimento como as campañas de concienciación ambiental, as actividades de información e/ou sensibilización para a conservación do patrimonio natural, deberá presentarse a declaración responsable (anexo VII) recollida no artigo 6.3 desta orde na que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.
f) Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase acreditar a moderación de custos de acordo co establecido no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro.
Para iso deberán presentar tres ofertas de provedores diferentes orzando a execución daquelas unidades de obra que se prevexan executar mediante contratación. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:
1º. Os prezos das unidades deben axustarse ao valor de mercado.
2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e dirección da empresa oferente, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada, cuantificada e desagregada das unidades de obra que inclúa, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
3º. Deberán incluír os mesmos conceptos para ser comparables entre elas dende un punto de vista técnico-económico.
4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.
5º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
6º. Deberán presentarse debidamente seladas e/ou asinadas pola empresa ou representante da empresa ofertante.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dunha persoa especialista en taxación ou peritaxe, ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
g) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional como hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños, etc. deberá achegarse informe favorable/autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no que se acredite que non se trata dun ben de interese cultural ou catalogado ou, polo menos, a súa solicitude.
h) No caso de concellos, certificación expedida pola persoa titular da Secretaría relativa á resolución adoptada polo órgano local competente na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos.
i) No caso de titulares dunha explotación integrada en produción ecolóxica, certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
j) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza á xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada conforme aos parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.
k) No caso de entidades ou asociacións ambientais e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola interesada ante calquera administración. Neste caso, a interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán demandados de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da interesada.
4. De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á súa achega.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da documentación. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas e entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón.
f) Certificación da titularidade do inmoble ou parcela.
g) Certificado de estar ao día do pago coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día do pago coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
i) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
j) Consulta de concesión de subvencións ou axudas.
k) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
l) Imposto de Actividades Económicas.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as seguintes circunstancias que acredita o documento correspondente :
a) No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada.
b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.
c) No caso de explotacións agrícolas, a súa inscrición no REAGA.
d) No caso de explotacións gandeiras, a súa inscrición no REGA.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Porcentaxe de superficie incluído na Rede Natura 2000 (Anexo XI)
- Condicionado das actuacións (Anexo IX)
- Solicitude (Anexo I)
- Cartel informativo (Anexo X)
- Memoria técnica das actuacións (Anexo II)
- Certificación da persoa titular ou titulares da súa dispoñibilidade, no caso de que a persoa solicitante non sexa a persoa titular da propiedade (Anexo VI)
- Declaración responsable do non inicio das actuacións sen natureza de investimento (Anexo VII)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Excepción do réxime xurídico das zonas húmidas protexidas.
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia, destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
Expedición do certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa.
Autorización administrativa para a tenza de aves de rapina en catividade.
Comunicación da tenza de exemplares de fauna incluidos no Catálogo español de especies exóticas invasoras ou da súa liberación accidental.
Axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.