Guía de procedementos e servizos

MT812E

Expedición do certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Expedir o certificado  para o adestramento de animais para garda e defensa

Educadoras/es caninos - Adestradores/as.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

Servizo de Conservación da Biodiversidade

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547213/ 981546096/ 981541715

Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderanse presentar ao longo de todo o ano.

Para obter o certificado deberanse cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade e non estar incapacitado física nin psiquicamente.

b) Ausencia de antecedentes penais por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como ausencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.

c) Ensinanza específica que comprenda, como mínimo, as materias incluídas no programa do anexo VII do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos, recibida en centros que homologados.

d) Antecedentes e experiencia acreditada durante un mínimo de 5 anos.

e) Cumprimento de normas de manexo e de comunicación de datos previstas na normativa

.

  • Expedición do certificado trala superación das probas correspondentes ( 30.35.01)
  • Expedición directa ou homologación ( 30.35.02)
  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é:

a) Compromiso de cumprimento de normas de manexo e comunicación de datos previstas no Decreto 90/2002, de 28 de febreiro e na Lei 4/2017, do 3 de outubro.

b) Certificado de capacitación para o adestramento (só en caso de solicitude de homologación) e/ou documentación acreditativa de contar coa titulación recollida no anexo I da Orde do 16 de outubro de 2002 pola que se determinan os títulos que habilitan para a expedición directa do certificado de capacitación para o adestramento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c)    Certificado médico e psicolóxico que acredite que non está incapacitado/a nin física nin psiquicamente.

d)     Documentación acreditativa da formación recibida e experiencia laboral.

e)    Dispoñibilidade de instalacións e aloxamentos axeitados (número de inscrición no REGANUZ do centro de adestramento).

f)    Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude (códigos 30.35.01 – certificado de capacitación para o adestramento, código 30.35.02 para homologación ou ben código 30.02.00 para renovación).

g)    Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, no seu caso.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

homologación ou expedición directa: positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos (DOG nº 63 do 2 de abril de 2002).

    • Corrección de erros.-Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos (DOG nº 75 do 18 de abril de 2002).

    • Orde do 16 de outubro de 2002 pola que se determinan os títulos que habilitan para a expedición directa do certificado de capacitación para o adestramento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 206 do 24 de outubro de 2002).

    • Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).

    • Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos (BOE nº 307 de 24 de decembro de 1999).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano