Guía de procedementos e servizos

MT814A

Axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 08/05/2020 00:00 - 08/05/2020 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas dentro dos espazos da Rede Natura 2000 ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000.

Así mesmo, convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2020 e 2021 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MT814A).

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

a) As persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, entendendo por titular as persoas físicas ou xurídicas (agás as entidades empresariais de carácter mercantil) propietarias ou arrendatarias ou xestoras de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000.

b) Os concellos incluídos na Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.

c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.

2. Só se admitirá unha única solicitude e proxecto por solicitante.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Fax: 981547240

Email: dxcn.cmati@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184838

Fax: 981184836

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393/ 982294989

Fax: 982294539

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386569

Fax: 988386420

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Mª Victoria Moreno, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097/ 986805469

Fax: 986805436

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

Prazo de presentación: PECHADO

15/02/2020 00:00 - 16/03/2020 23:59

08/05/2020 00:00 - 08/05/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun día hábil contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes (anexo I) será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación necesaria

Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

1. Para toda persoa interesada:

a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións que deberá conter, como mínimo, descrición de traballos ou actividades xustificando na ZEC en que se vai traballar, a superficie de actuación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, relación valorada, planos de situación e detalle, orzamento detallado e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución. No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse como mínimo, os datos indicados no anexo III.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 € presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto.

c) Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas xunto á solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

2º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, pouco formal…) de provedores reais e independentes, que estean o suficientemente detalladas e inclúan os mesmos elementos para seren comparables.

3º. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados nesta epígrafe.

d) Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude.

e) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional deberá achegarse a certificación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e/ou municipal de non tratarse dun ben de interese cultural ou estar catalogado ou, polo menos, a súa solicitude.

2. Deberase presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza da persoa solicitante:

a) No caso de que a persoa solicitante non sexa o/a titular da propiedade, certificación da persoa titular da súa dispoñibilidade.

b) No caso do persoal arrendador, documento que acredite esa condición.

c) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da devandita lei.

d) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e documento que acredite a condición da entidade como xestora das terras para as cales se solicita a axuda (acordo de custodia, contrato de alugamento,...). Comprobarase de forma interna a inscrición no Rexistro de Asociacións.

e) No caso de concellos, certificación expedida pola persoa titular da secretaría do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos.

f) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que foi realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da persoa xurídica ou entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Documento que acredite os datos de residencia da persoa física solicitante.

e) Documento que acredite a titularidade catastral do predio.

f) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día das obrigas coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

i) No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada.

j) Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias achegadas pola persoa solicitante.

k) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dispón a continuación de varios expedientes de subvencións ( DOG nº 87 do 7 de maio de 2020).

    • Orde do 17 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 169 do 21 de agosto de 2020).

    • Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A), modificada pola Orde do 17 de agosto de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 169, do 21 de agosto) (DOG nº 212 do 21 de outubro de 2020).

    • Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 229 do 12 de novembro de 2020).

    • Resolución do 12 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as entidades e as persoas beneficiarias das subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2021).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

    • Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

    • Regulamento 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemeno rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.

    • Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013.

    • Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Outros procedementos relacionados

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR517A

Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano