Guía de procedementos e servizos

MT814A

Axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 16/01/2018 00:00 - 15/02/2018 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellorar o estado das paisaxes agrarias galegos dentro dos espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para atinxir obxectivos ambientais, é dicir investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas rede Natura 2000.

Así mesmo, convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2018 e 2019 en réxime de concorrencia competitiva.

a) As persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, entendendo por titulares as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou outras áreas de alto valor natural.

b) Os concellos incluídos na rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.

c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547207 / 981541787

Fax: 981547240

Email: dxcn.cmati@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 98184838

Fax: 981184836

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393 / 982294989

Fax: 982294539

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386569

Fax: 988386420

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097 / 986805469

Fax: 986805436

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

Prazo de presentación: PECHADO

16/01/2018 00:00 - 15/02/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Conservación da Natureza das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido no artigo 24.2 do Decreto198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A presentación electrónica será obligatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado/a público/a.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Xunto coa solicitude, en orixinal ou debidamente compulsada, deberase presentar a seguinte documentación:

  • 1. Para toda persoa interesada:

– Acreditación do/a representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións, que deberá conter, como mínimo, descrición de traballos ou actividades xustificando na ZEC en que se vai a traballar, superficie de actuación e obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, relación valorada, planos de situación e detalle, orzamento detallado e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución. No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse como mínimo, os datos indicados no anexo III.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 € presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto e a persoa beneficiaria deberá comunicalo ao servizo provincial de Conservación da Natureza no prazo dun mes desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión.

– Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto á solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

  • b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

  • c) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo e características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. En caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

– Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude. No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional, deberá achegarse a certificación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e/ou municipal de non tratarse dun ben de interese cultural ou estar catalogado.

  • Deberase presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza da persoa beneficiaria:

– No caso de que a persoa solicitante non sexa o/a titular da propiedade, certificación do/da titular da súa dispoñibilidade.

– No caso de arrendatarios/as, documento que acredite esa condición.

– No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na sección provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, no cal figure a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.

– No caso de asociacións, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e documento que acredite a condición da entidade como xestor das terras para as cales se solicita a axuda (acordo de custodia, contrato aluguer,...). Comprobarase de forma interna a inscrición no Rexistro de Asociacións.

– No caso de concellos, certificación expedida polo/a secretario/a do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos.

– No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

• DNI ou NIE da persoa solicitante.

• NIF da persoa xurídica ou entidade solicitante.

• Documento que acredite os datos de residencia da persoa física solicitante.

• Documento que acredite a titularidade do predio.

• Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

• Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

• Certificado de estar ao día do pagamento coa Consellería de Facenda.

• No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, e no cal figure a composición da xunta reitora actualizada.

• Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias achegadas pola persoa solicitante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 e 2019 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2018).

    • Extracto da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 e 2019 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2018).

    • Orde do 16 de xullo de 2018 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 y 2019, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 142 do 26 de xullo de 2018).

    • Resolución do 26 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 e 2019 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 211 do 6 de novembro de 2018).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

    • Regulamento 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemeno rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.

    • Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/78, (CE) nº 165/94, (CE) nº 2799/98, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello.

    • Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013.

    • Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Outros procedementos relacionados

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU300D

Subvencións para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/04/2025 09:00 - 23/05/2025 14:00