Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED534A
Inscrición para a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2020, con código de procedemento administrativo ED534A, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.
Celebración da proba.
A proba celebrarase o día 24 de abril de 2020 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Características da proba.
1º. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
2º. Os contidos da proba terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
3º. A proba constará de dous exercicios: o primeiro terá unha duración de cinco horas e trinta minutos e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.
4º. O primeiro exercicio será común ás modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais. Estruturarase en catro partes:
a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.
b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.
c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés). Constará de dous exercicios. No primeiro, a partir dun audio ou audios propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión oral na lingua obxecto de exame. No segundo, a partir dun texto ou textos propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame.
d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.
5. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:
a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.
b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:
1. Física e Química e Física.
2. Física e Química e Química.
3. Debuxo Técnico I e II.
Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:
1. Economía e Economía da Empresa.
2. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
3. Grego I e II.
c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:
1. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.
2. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.
Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.
Normas de realización da proba.
1º. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Antes de entrar neles, as persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido que acredite a identidade e a idade da persoa aspirante.
2º. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:
Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá as probas correspondentes a ambas as linguas entre as persoas aspirantes, para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
Parte 2, das 12.00 ás 13.30: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés). Desenvolverase do seguinte modo:
a) Das 12.00 ás 12.30 horas terá lugar a parte da proba que avalía a comprensión oral, integrada por un exercicio ou exercicios de elección da resposta correcta entre varias opcións referidas aos contidos emitidos no audio ou audios propostos. O audio ou audios correspondentes ao exercicio ou exercicios propostos emitiranse tres veces.
b) Das 12.30 ás 13.30 horas terá lugar a parte da proba que avalía a comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser francés ou inglés.
Ao comezo desta parte, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes as probas correspondentes a ambos os períodos.
Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.
3º. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:
Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades, realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.
Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.
Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia de Filosofía.
4º. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:
a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.
c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.
As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos.
Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Servizo de Apoio Económico
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546549
Fax: 981546551
Prazo de presentación: PECHADO
27/02/2020 00:00 - 12/03/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2020.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2019/20.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
- As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizaren o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superado as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no número 3º desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (anexo I desta resolución) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes.
1º. As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
b) Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.
c) Cando proceda, certificacións académicas ou copia simple do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio. No momento da presentación, e para os efectos de cotexo das ditas copias cos documentos orixinais, estes últimos deberán ser mostrados polas persoas interesadas.
2º. A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no número 3º da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3º. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
1º. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa aspirante.
b) Certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.
2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.
3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano