Guía de procedementos e servizos

ED531C

Axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumando que non curse os estudos dentro do programa da Rede de Centros Purilingües.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/09/2021 00:00 - 14/10/2021 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O obxecto desta orde é regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados con ensinanzas de educación secundaria, bacharelato e/ou formación profesional para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado.

Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso polas persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «Axudas a centros privados concertados para a contratación de probas de nivel lingüístico para o alumnado», código de procedemento ED531C.

Os destinatarios desta convocatoria son os centros concertados non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos que se impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional. As probas están destinadas ao alumnado de 4º da ESO, para o alumnado de bacharelato e ciclos de formación profesional. Na solicitude faranse constar os datos, que cumpran en cada caso, dos que se relacionan a continuación:

a) Número de alumnado interesado (que asina o correspondente compromiso individual asinado polo alumnado/familias) en presentarse a estas probas, matriculado en 4º da ESO no curso 2021/22.

b) Número de alumnado interesado (que asina o correspondente compromiso individual asinado polo alumnado/familias) en presentarse a estas probas en 2º de bacharelato.

c) Número de alumnado interesado (que asina o correspondente compromiso individual asinado polo alumnado/familias) en presentarse a estas probas, matriculado en 1º de bacharelato no curso 2021/22.

d) Número de alumnado interesado (que asina o correspondente compromiso individual asinado polo alumnado/familias) en presentarse a estas probas, matriculado en ciclos PluriFP en linguas diferentes do inglés ou alumnado matriculado no último curso dun ciclo de FP no curso 2021/22.

e) Número de alumnado interesado (que asina o correspondente compromiso individual asinado polo alumnado/familias) en presentarse a estas probas matriculado no primeiro curso dun ciclo de FP no curso 2021/22.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Servizo de Programas de Formación

Edificio San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546544

Email: centrosplurilingues@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

15/09/2021 00:00 - 14/10/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes do vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

Para os efectos de simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas coa consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, a entidade beneficiaria presentará a declaración responsable prevista no artigo 11 do Regulamento da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, recollida nos anexos I e II.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, de acordo co anexo I.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na cal fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de setembro de 2021 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que non curse os estudos dentro do programa da Rede de Centros Plurilingües no curso 2021/22 (DOG nº 177 do 14 de setembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 2 de setembro de 2021 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que non curse os estudos dentro do programa da Rede de Centros Plurilingües no curso 2021/22 (DOG nº 177 do 14 de setembro de 2021).

    • Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria de xudas a centros privados concertados para realizar probas de nivel lingüístico para o alumnado que non curse os estudos dentro do programa da Rede de Centros Plurilingües no curso 2021/22. (DOG nº 4 do 7 de xaneiro de 2022).

Outros procedementos relacionados

SA655B

Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED415A

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59

ED416A

Axudas ao alumnado das universidades públicas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/02/2025 00:00 - 03/03/2025 23:59

ED417A

Axudas complementarias do Programa comunitario de mobilidade de estudantes "Erasmus+" das universidades públicas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/01/2025 00:00 - 03/02/2025 23:59