Guía de procedementos e servizos

ED531D

Réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 07/02/2024 00:00 - 06/03/2024 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados que impartan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato e/ou formación profesional para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado.

1. Esta convocatoria está destinada a todos os centros privados concertados non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos que se impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e/ou formación profesional.

2. As probas están destinadas a alumnado interesado en participar nas mesmas que estea matriculado no curso 2023/24 en bacharelato, ciclos de formación profesional ou 4º de ESO, tendo preferencia aquel que curse ensinanzas nunha etapa plurilingüe.

3. Na solicitude faranse constar o número de alumnado candidato ás probas. Terá preferencia o alumnado que curse ensinanzas plurilingües: PuriBach, PluriFP e ESO plurilingüe, seguindo a orde de preferencia que se relaciona a continuación:

3.1. Alumnado que cursa ensinanzas plurilingües:

– 2º curso de bacharelato que curse o programa PluriBach.

– 2º curso dun ciclo PluriFP.

– 4º curso de ESO (da etapa ESO plurilingüe).

– 1º curso de bacharelato que curse o programa PluriBach.

– 1º curso dun ciclo PluriFP.

3.2. Alumnado que cursa ensinanzas non plurilingües:

– 2º curso de bacharelato.

– 2º curso dun ciclo de FP.

– 4º curso de ESO.

– 1º curso de bacharelato.

– 1º curso dun ciclo de FP.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Servizo de Innovación e Programas Educativos

Edificio Administrativo San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997497

Email: edulinguas@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/02/2024 00:00 - 06/03/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será 1 mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co anexo I.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Así mesmo, e co fin de axilizar o proceso de solicitude, os centros educativos participantes nesta convocatoria deberán rexistrar o número de alumnado candidato ás probas completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos, seleccionando Programas de éxito educativo na pestana Programa, convocatoria 2023/2024, e premendo en Acreditación LE alumnado de centros concertados.

3. A persoa responsable da Dirección do centro, ou persoa autorizada, terá o permiso para rexistrar e completar o formulario electrónico na aplicación informática, onde fará constar os datos de identificación do centro e da persoa directora, así como:

– O número de alumnado candidato ás probas.

– O curso en que está matriculado o alumnado.

– A etapa a que pertence o alumnado: plurilingüe ou non.

Documentación.

1. Para realizar o pagamento ao centro, este deberá presentar, antes do 9 de setembro de 2024, a seguinte documentación debidamente identificada:

a) Factura a nome do centro.

b) Anexo II: xustificación para o pagamento: importe total de gastos xustificables, número de alumnado participante, idioma e nivel da proba realizada e nome da empresa acreditadora.

2. Os documentos acreditativos dos gastos deberán reunir todos os requisitos exixidos pola normativa vixente. Se a xustificación está incompleta ou é incorrecta, pagarase unicamente a cantidade da axuda concedida correctamente xustificada.

3. Para os efectos do artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberá presentar a declaración responsable recollida no punto 4 do artigo 4 desta orde, no momento da solicitude e do pagamento.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoñan á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24 (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24 (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano