Guía de procedementos e servizos

ED531F

Axudas a centros docentes privados concertados para participar no programa Spring Week.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Curso 2023/24 - Prazo pechado: 09/02/2024 00:00 - 08/03/2024 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva a centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, durante o curso 2023/24.

Duración e datas de celebración das actividades

1. Estas actividades realizaranse en réxime de internado nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia, en quendas semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.

2. Levaranse a cabo na primavera, durante os meses de maio e xuño do 2024, de acordo co seguinte calendario e distribución por niveis:

Centros: Centros privados concertados 

Quenda                     Datas 2024                                           Cursos                                        Alumnado

1ª quenda                 Do 26 de maio ao 1 de xuño                 3º e 4º de ESO                             125

2ª quenda                 Do 2 ao 8 de xuño                                1º e 2º de ESO                              125

3ª quenda                 Do 9 ao 15 de xuño                              6º Educación primaria                   150

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en que se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, do mesmo nivel educativo.

O alumnado participante de cada centro irá acompañado dun docente do centro educativo.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Servizo de Innovación e Programas Educativos

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546544

Email: centrosplurilingues@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Prazo de presentación: PECHADO

09/02/2024 00:00 - 08/03/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

O programa de inmersión lingüística activa Spring Week desenvolverase de acordo co obxectivo e características que se especifican a continuación:

1. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística activa en lingua inglesa que lle permita desenvolver actividades comunicativas nesta lingua, nunha contorna de comunicación real, ao mesmo tempo que afondan en coñecementos relevantes doutras áreas e materias do currículo do seu nivel e etapa educativa. Así mesmo, contará con actividades que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural cunha metodoloxía adecuada ao seu nivel e etapa educativa.

2. O contido deste programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros cuxa finalidade é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

3. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 (Enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sustentables, acción polo clima).

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Así mesmo, e co fin de axilizar o proceso de solicitude, os centros educativos participantes nesta convocatoria deberán rexistrar os datos de participación completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á cal se accede na ligazón https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos, seleccionando Programas de éxito educativo e, a continuación, o programa Spring Week-centros concertados.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación de que o consello escolar foi informado da participación neste programa, segundo o modelo do anexo II.

b) Proxecto de participación, segundo o modelo que figura no anexo III.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2024).

    • Resolución do 20 de maio de 2024 pola que se publica a adxudicación definitiva de centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24 (DOG nº 103 do 29 de maio de 2024).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano