Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED534A
Inscrición para a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2019, con código de procedemento administativo ED534A, na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
Normas de realización da proba.
1º. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. As persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte antes de entrar neles.
2º. A sesión da mañá durará das 8.30 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. Organizarase en tres períodos:
Primeiro, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os exames correspondentes a ambas linguas, para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
Segundo, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase o exame correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II, que poderá ser inglés ou francés, e estruturarase en dúas partes. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os exames correspondentes a ambas partes, que se distribuirán do seguinte modo:
a) Das 12.00 ás 12.30 horas terá lugar a parte da proba que avalía a comprensión oral, integrada por un exercicio ou exercicios de elección da resposta correcta entre varias opcións referidas aos contidos emitidos no audio ou audios propostos. O audio ou audios correspondentes ao exercicio ou exercicios propostos emitiranse tres veces.
b) Das 12.30 ás 13.30 horas terá lugar a parte que avalía a comprensión e a expresión escritas na lingua obxecto de exame, que pode ser francés ou inglés.
Terceiro, das 13.30 ás 14.30 horas: resposta por escrito a cuestións de Filosofía e Historia de España.
3º. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias propias de cada modalidade, de acordo coas especificacións do anexo V, e durará das 16.30 as 20.30 horas. Organizarase en tres períodos:
Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario seleccionados.
Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade, correspondente ás materias troncais de opción. As persoas aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións da modalidade de Ciencias.
Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira do exercicio correspondente ás materias troncais de opción de modalidade. As persoas aspirantes realizarán a proba correspondente ás materias Literatura Universal e Historia da Filosofía na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias.
4º. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:
a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.
c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.
As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Servizo de Apoio Económico
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546549
Fax: 981546551
Prazo de presentación: PECHADO
25/02/2019 00:00 - 11/03/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2019.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2018/19.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
2º. As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no apartado 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (anexo I desta resolución) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes.
As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
b) Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.
c) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.
A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 3 da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
1º. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa aspirante.
b) Certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.
2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.
3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019)
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano