Guía de procedementos e servizos

BS304A

Concerto coas entidades xuvenís e outras entidades públicas ou privadas, para o uso de campamentos e albergues xuvenís da administración galega.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 23/04/2019 00:00 - 07/05/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A Consellería de Política Social convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán de 2019, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Servizos ofertados e duración das quendas.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

a) Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

b) Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación, e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.

c) Xerencia e persoal de servizo.

A duración das quendas e as instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I.

O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último, o xantar do último día de estadía concedido.

Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.

2. Os consellos locais e municipais de xuventude.

3. As corporacións locais.

4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.

5. Grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e, como tal, será responsable do cumprimento das obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999025

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881240 / 881881241

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294224 / 982294251

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120 / 988386116

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Concepción Arenal, 8, 1º andar

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817078 / 986817781

Dirección Xeral de Xuventude
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/04/2019 00:00 - 07/05/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas adxudicatarias estarán obrigadas:

1. A cumprir os requisitos exixidos no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.

2. A observar as normas de réxime interno da instalación da que sexan adxudicatarios/as, así como as indicacións da persoa responsable desta no referente a aqueles aspectos non recollidos expresamente nas citadas normas.

3. A responder dos actos que se realicen nas instalacións concedidas e das consecuencias que deles deriven, así como de toda responsabilidade civil derivada de calquera acto. As actividades que desenvolva o grupo non teñen a consideración de actividades propias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que os riscos, accidentes e danos derivados das actividades que desenvolva a entidade ou grupo serán responsabilidade exclusiva da dita entidade ou do grupo adxudicatario.

4. A aboar o importe dos danos que se produzan no material e nos equipamentos da instalación durante o período de uso desta.

5. No caso de que se queiran utilizar as piscinas da instalación adxudicada, cada entidade deberá dispor do seu propio persoal socorrista.

  • As entidades locais, outras entidades, asociacións e escolas de tempo libre presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

  • Os grupos de persoas mozas non asociadas presentarán as solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

  • No número de prazas solicitadas incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación no caso de que a instalación se solicite para o desenvolvemento de actividades de tempo libre. Así mesmo, incluiranse as persoas que acompañen as persoas mozas en calidade de responsables destas, ou outro persoal que vaia estar na instalación durante o período solicitado.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse tamén os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia correspondente:

  • c) Inscrición no Rexistro de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

  • d) Inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Reserva de prazas, primeiro pagamento e renuncia.

1. Notificada a resolución as persoas beneficiarias están obrigadas, no prazo de 10 días hábiles:

a) A ingresar, en concepto de reserva de prazas, o 25 % do importe correspondente ás prazas adxudicadas. A dita cantidade non será reintegrable, nin descontable no seguinte pagamento, no caso de que decaese a adxudicación realizada por incumprimento das obrigas expresadas neste artigo, nin se a entidade adxudicataria anulase a reserva de utilización da instalación ou reducise o número de usuarios/as previstos/as ou os días de uso solicitado.

b) A presentar de xeito electrónico a seguinte documentación, dirixida ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada:

– Breve proxecto de actividades que se van realizar. As actividades incluídas no proxecto deberán, en todo caso, respectar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas na Constitución española.

– Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade ou grupo solicitante.

– Xustificante do aboamento do 25 % expresado anteriormente.

No caso de grupos de persoas mozas non asociadas, esta documentación deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén se poderá presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Se transcorrido o prazo de 10 días hábiles desde a notificación da adxudicación non se cumprise o disposto no número anterior, declararase expresamente, a través da oportuna resolución, o incumprimento das condicións da resolución de adxudicación e as prazas adxudicadas quedarán a disposición dos/das demais solicitantes, conforme o procedemento sinalado no artigo 11.

3. No caso de que algunha entidade ou grupo non formal renuncie ás prazas adxudicadas, estas quedarán dispoñibles para calquera solicitante que as demande e cumpra os requisitos exixidos no artigo 3, e conforme ao procedemento sinalado no artigo 11. As renuncias deberán formalizarse mediante correo electrónico no enderezo:

ofertaconcertada.benestar@xunta.gal

No caso de non comunicar a renuncia no prazo dos 10 días hábiles seguintes á notificación da resolución de adxudicación, na convocatoria seguinte a entidade ou grupo pasará a ocupar o último lugar dentro dos criterios de preferencia e prioridade descritos no artigo 7 desta orde.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 2019 (DOG nº 76 do 22 de abril de 2019).

    • Resolución do 23 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 22 de maio de 2019, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019 (DOG nº 101 do 29 de maio de 2019).

    • Resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de xullo de 2019, relativa á primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano