Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN851B - Bonos do programa bonos de innovación
O obxectivo das axudas reguladas nestas bases é incentivar a participación de pemes galegas en programas de I+D+i nacionais e internacionais a través da concesión de bonos para o financiamento da contratación de empresas, previamente homologadas pola Axencia Galega de Innovación e adheridas como axentes intermedios ao Programa, para a preparación das súas propostas.
Entre os programas internacionais para os cales se poderán solicitar estas axudas cabe destacar FP7, CIP, bilaterais, multilaterais, EEA Grants, Eurostars e outras iniciativas ao amparo dos artigos 169 e 171 do Tratado CE, así como os novos programas a partir do ano 2014 como Horizon 2020. Os programas nacionais de I+D+i a que vai destinado este programa deberán ser proxectos de tipo colaborativo e estar orientados ao tecido empresarial.
Gastos subvencionables
1. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008 do Ministerio de Economía e Facenda do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os gastos de contratación da consultoría profesional do axente intermedio seleccionado pola peme para a preparación da súa proposta, sempre que estea debidamente homologado pola Axencia Galega de Innovación.
A listaxe de axentes intermedios homologados estará dispoñible na web da Axencia Galega de Innovación, no enderezo http://gain.xunta.es
2. Só serán subvencionables aqueles gastos que de xeito inequívoco respondan á natureza da actividade subvencionada e non estean incluídos entre os gastos presentados á convocatoria nacional ou internacional a que se concorra. Os gastos deberán ser:
- Contratados e pagados directamente entre a peme beneficiaria da axuda e o axente intermedio. Exceptúase deste requisito a cantidade trocable a través do bono de innovación concedido á peme, ao ceder o seu dereito de cobramento ao axente intermedio como contraprestación do servizo recibido.
- Ser sempre posteriores ao 1 de xaneiro de 2013 e estar comprendidos entre o día seguinte á comunicación da homologación do axente intermedio seleccionado pola peme e a data de solicitude da axuda. Establécense como excepción á homologación previa aquelas solicitudes que se presenten nos primeiros catro meses do programa e nas cales se presente conxuntamente a solicitude do bono coa de homologación do axente intermedio. Neste casos, a concesión da axuda estará condicionada á obtención da homologación do axente intermedio.
Os gastos deben ser sempre anteriores ao 31 de decembro de 2015, data de fin da vixencia do Programa bonos de innovación se non se produce antes o esgotamento do crédito previsto nestas bases.
Non serán subvencionables:
- O imposto sobre o valor engadido (IVE).
- Os descontos e similares que se inclúan na factura, que suporán, por tanto, un importe menor do valor do gasto.
Segundo o ámbito de aplicación diferenciaranse dous tipos de incentivos ou bonos:
- Bonos nacionais: para a preparación de propostas a convocatorias nacionais de proxectos de I+D+i en cooperación que deberán ser seleccionadas para o seu financiamento polo organismo nacional a que se presentaron e non contar a dita convocatoria nacional co cofinanciamento autonómico.
- Bonos internacionais: para a preparación de propostas a convocatorias internacionais de I+D+i que deberán obter unha boa valoración do organismo internacional a que se presentaron, o que se comprobará a través da superación dos limiares de valoración establecidos na propia convocatoria internacional.
Unha vez presentadas as solicitudes por parte dos interesados, estas serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses no caso da solicitude de bonos.
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nesta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da axuda percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Axencia Galega de Innovación, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa axuda concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan logo como se coñeza.
d) Se a peme non conta coas condicións para ser beneficiaria do Programa e, por tanto, a Axencia Galega de Innovación non concede ningún bono ao seu favor, a peme deberá facerse responsable do pagamento do servizo prestado na súa totalidade.
e) Pagamento ao axente intermedio do importe da factura non cuberto polo bono de innovación dentro do prazo establecido para os gastos na presente convocatoria.
f) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro.
g) Cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, coas modificacións introducidas polo Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse na páxina web http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-feh. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta orde, e deberán conservar a documentación xustificativa dos devanditos investimentos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo.
- Non se poderán conceder as axudas recollidas nesta orde de convocatoria ás empresas recollidas no artigo 1.1 do dito Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, como as dos sectores da pesca e acuicultura, produción primaria, produtos agrícolas e do sector do carbón.
- A axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. A axuda total de minimis concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada non será superior a 100.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. O cómputo destes límites aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido e indistintamente de se a axuda concedida polo Estado membro está financiada total ou parcialmente mediante recursos de orixe comunitaria. O período determinarase tomando como referencia os exercicios fiscais empregados pola empresa no Estado membro correspondente.
As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1.7 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, en relación ás pemes.
Non poderán ter a condición de beneficiario as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo) - 15781 Santiago
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957392/ 981957387
Fax: 981541039
Email: programas.gain@xunta.es
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 16 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas do Programa bonos de innovación (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).
Corrección de erros. Resolución do 16 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas do Programa bonos de innovación (códigos de procedemento IN851A e IN851B) (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2013).
Prazo de presentación: PECHADO
24/09/2013 00:00 - 31/12/2015 23:59
Consultar documentación
-
Xunto coa solicitude segundo o formulario normalizado, que se inclúe como anexo á presente orde (anexo IX), deberá achegarse un exemplar da seguinte documentación que a seguir se relaciona:
-
Documentación tecnica e administrativa:
-
a) Copia compulsada do documento público acreditativo do poder vixente con que actúa o seu representante e das escrituras de constitución e modificacións, se as houber, da entidade.
-
b) Acreditación da presentación da proposta estatal ou internacional.
-
c) Copia da proposta presentada en que se especifique a composición do consorcio e a participación de cada socio no orzamento do proxecto.
-
d) Informe de valoración emitido polo organismo internacional competente sobre a proposta presentada no cal poder comprobar a superación dos limiares da axuda, no caso de proxectos internacionais, ou copia da resolución de concesión para os proxectos nacionais.
-
e) Informe tecnico explicativo das accións levadas a cabo na preparación da proposta (por exemplo asistencia a reunións preparatorias, inscricións en eventos Infodays, contactos establecidos, acordos, labores de redacción). Este informe debe ser coherente en todo momento cos gastos imputados ao desenvolvemento da actividade financiada a traves do servizo prestado polo axente intermedio. Como anexo XI achegase un guión recomendado para a elaboración deste informe.
-
f) A entidade beneficiaria da axuda deberá remitir á Axencia Galega de Innovación, no mesmo momento en que se produza, unha copia da resolución da solicitude presentada no organismo nacional ou internacional, sexa esta positiva ou negativa.
-
Documentación justificativa do gasto:
-
a) Documentación xustificativa do investimento: orixinal ou copia compulsada da/s factura/s emitida/s polo axente intermedio á peme polo servizo prestado.
-
b) Documentación xustificativa do pagamento:
-
Orixinal ou copia compulsada da transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do importe correspondente ao IVE da/s factura/s emitida/s polo axente intermedio, así como do importe que exceda o bono no caso de que a factura ou facturas superen o seu valor. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.
-
Bono solicitado cuberto pola empresa a favor do axente intermedio como pagamento parcial dos servizos prestados. O bono será endosado polo representante legal da peme a favor do axente intermedio que desenvolveu o servizo (anexo X).
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.
-
No prazo de presentación de solicitudes, deberán presentarse dentro do prazo dun mes desde que se reciba a comunicación do organismo internacional que permita a comprobación da superación dos limiares de valoración fixados na convocatoria ou a comunicación da concesión da axuda no caso de programas nacionais. Para evitar que as propostas xa presentadas ao longo de 2013 non poidan acceder a estes incentivos, de xeito excepcional por un período de catro meses poderanse solicitar os bonos de innovación sen ter en conta o prazo transcorrido desde esta comunicaciónInicialmente a vixencia do Programa bonos de innovación está prevista ata o 31 de decembro de 2015, salvo que antes se produza o suposto de esgotamento de credito previsto no artigo 5 das bases reguladoras (anexo II). Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a traves da páxina web da Axencia Galega de Innovación e no Diario Oficial de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas do Programa Conecta Peme.
Subvencións para proxectos de innovación en produto, Liña 2.