Guía de procedementos e servizos

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

1. Esta orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán para realizar as propostas de avaliación e eliminación de documentos respectivamente, diante do Consello de Avaliación Documental de Galicia, de conformidade co Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

2. Os ditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, cos seguintes códigos:

a) Procedemento de avaliación de documentos (CT111A).

b) Procedemento de eliminación de documentos (CT111B).

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos

Servizo do Sistema de Arquivos

Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995087/ 881995295/ 981957826

Email: servizodearquivos.cultura@xunta.es

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos

- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de eliminación de documentos (anexo II) a seguinte documentación:

a) Informe da arquiveira ou arquiveiro (anexo III).

b) Relación de documentos que se van eliminar (anexo IV).

- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

- No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Unha vez presentadas as solicitudes de propostas de avaliación ou eliminación de documentos, a súa tramitación e resolución seguirán o procedemento previsto no Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014).

    • Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016).

    • Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia da custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017 (DOG nº 90 do 11 de maio de 2017).

    • Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán nos procedementos administrativos de avaliación e eliminación de documentos diante do Consello de Avaliación Documental de Galicia (DOG nº 116 do 15 de xuño de 2020).

    • Resolución do 25 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproba e se fai pública a modificación do formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais. (DOG nº 106 do 7 de xuño de 2021).

    • Orde do 7 de xuño de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 116 do 21 de xuño de 2021).

    • Corrección de erros. Orde do 7 de xuño de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).

    • Orde do 20 de agosto de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 169 do 2 de setembro de 2021).

    • Orde do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG nº 167 do 2 de setembro de 2022).

    • Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2023).

    • Orde do 31 de xullo de 2024 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. (DOG nº 154 do 9 de agosto de 2024).

    • Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT114A

Autorización de saída de documentos de arquivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano