Guía de procedementos e servizos

ED202A

Axudas económicas para a formación en centros de traballo ou FP Dual.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 14/10/2024 00:00 - 14/11/2024 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual.

Establécense as seguintes modalidades de axudas:

1. Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.

2. Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas deportivas de réxime especial, que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo

Servizo de Orientación e Innovación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546546

Email: sopre@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

11/07/2024 00:00 - 09/09/2024 23:59

14/10/2024 00:00 - 14/11/2024 23:59

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

O primeiro prazo, de sesenta (60) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2023-marzo 2024 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2024.

Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.

O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024 e que anticipe a súa realización, non se acollerá a este primeiro prazo.

O segundo prazo, comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2024, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2024.

O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2024 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

1. Estar matriculado nun centro público desta comunidade autónoma ou, no caso dos centros privados, nunha ensinanza concertada coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

2. Estar cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

3. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2024.

4. Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa correspondentes a cada ensinanza segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual.

5. No caso do alumnado de FP dual, que o proxecto de FP dual non inclúa axudas para desprazamento ou aloxamento.

6. No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP dual.

7. No caso da modalidade B, que o/a alumno/a non desfrutase dunha axuda Erasmus+ KA102, KA116, KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP dual.

8. Cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Solicitudes.

1. As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a FCT ou a FP dual. Toda a documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct. Os anexos asociados a este procedemento tamén estarán dispoñibles na Guía de procedementos e servizos da sede electrónica.

2. As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a FCT ou a FP dual.

Documentación complementaria.

1. A documentación complementaria que, de ser o caso, fose necesario achegar coa solicitude presentaraa o alumnado no centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro educativo onde estea matriculado o alumnado. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 133 do 10 de xullo de 2024).

    • Extracto da Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 133 do 10 de xullo de 2024).

    • Corrección de erros. Extracto da Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 137 do 16 de xullo de 2024).

    • Orde do 28 de outubro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2024).

    • Orde do 31 de decembro de 2024 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 8 de xullo de 2024 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED322A

Axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59