Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI408H - Subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago ou da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas
1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación ou renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos das ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H).
2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.
Actuacións subvencionables .
1. De conformidade co ordinal noveno da Resolución do 20 de xuño de 2019, que establecen as bases reguladoras deste programa, serán subvencionables as actuacións que, contando con cualificación definitiva, tivesen por obxecto as obras seguintes:
a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecido no citado artigo.
b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.
d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.
2. As actuacións deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que figura como anexo II na citada Resolución do 20 de xuño de 2019.
Bases reguladoras .
As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas nas seguintes disposicións:
- Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG núm. 124, do 2 de xullo).
1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:
a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.
b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.
c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.
2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións nesta convocatoria:
– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
1. Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos números anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.
2. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.
3. Non poderán obter a condición de persoas e entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro; no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.
4. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán ser cumpridos por todos os seus membros.
5. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o importe dela como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias e, de ser o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Servizo de Rexeneración e Renovación Urbana
Área Central. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541954
Fax: 981541902
Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (códigos de procedemento VI408F e VI408G) (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019)
Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (DOG nº 250 do 30 de decembro de 2021).
Extracto da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, para actuacións de rehabilitación ou renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG nº 250 do 30 de decembro de 2021).
Resolución do 16 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria de fondos a cargo da Comunidade Autónoma da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (DOG nº 242 do 22 de decembro de 2022).
Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59
O prazo para a presentar as solicitudes desta convocatoria comezará o 1 de febreiro de 2022 e rematará o día 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, e será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Forma e lugar de presentación de solicitudes e documentación complementaria .
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que se incorporan como anexo a esta resolución. Deberán dirixirse ao órgano que se especifique para cada tipo de subvención.
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias nos procedementos VI408H e VI408N.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas e entidades interesadas obrigadas á presentación electrónica presentase a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. No formulario de solicitude, a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou obtida pola persoa ou entidade solicitante para a mesma finalidade.
c) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e) Declaración responsable de que non está incursa nas causas de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
f) No suposto de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H), así como da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N), declaración responsable de que nin á persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia se lle teña revogada ou fose obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
g) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria da axuda que solicita.
h) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son correctos.
6. As solicitudes de subvención deberán ir acompañadas da documentación complementaria especificada nesta resolución, en función do tipo de axuda solicitada.
7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderalle solicitarse novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.
8. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Os suxeitos obrigados á presentación electrónica da súa solicitude deberán presentar do mesmo xeito a documentación complementaria. Se algunha destas persoas ou entidades presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
10. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Solicitudes e documentación complementaria (código de procedemento VI408H) .
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución (código de procedemento VI408H). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación.
2. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
b) Anexo II (código de procedemento VI408H), de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa a agrupación de persoas propietarias, no cal se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural das ARI dos Camiños de Santiago ou do Parque Nacional das Illas Atlánticas, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias, á agrupación de comunidades de persoas propietarias ou a agrupación de persoas propietarias.
c) Anexo III (código de procedemento VI408H), debidamente cuberto, no cal se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursas en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Anexo IV (código de procedemento VI408H), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
f) No caso de edificios ou vivendas declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitar deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa física representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT, de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.
f) Certificación catastral de titularidade correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.
g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso pola persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.
2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións en interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva consultaranse, ademais, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, de ser o caso.
b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
e) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.
g) Certificado de empadroamento da persoa propietaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75 % do custo subvencionable da actuación, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, III e IV (código de procedemento VI408H) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presentan os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante (Anexo IV)
- Relación de persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación e renovación e interesadas na subvención (Anexo III)
- Certificado da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas (Anexo II)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Cualificación definitiva para participar no Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago ou da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Cualificación provisional para participar no programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI da Ribeira Sacra
Cualificación definitiva para participar no Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da Ari da Ribeira Sacra.
Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.
Cualificación definitiva para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.
Axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas ARI dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.