Guía de procedementos e servizos

VI408H

Subvencións do programa de rexeneración e renovación urbanas no ámbito do ARI dos Camiños de Santiago.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 15/06/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións do programa de rexeneración e renovación urbana da ARI dos Camiños de Santiago para a anualidade de 2017.

2. Estas subvencións están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago que conten coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.

2. Para que as persoas físicas poidan ser beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, de Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. As persoas estranxeiras non comunitarias deberán ter residencia legal en España.

3. Para o caso de que a persoa beneficiaria sexa unha comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.

4. Non poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións; no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

5. Para a tramitación destas solicitudes terase en conta a documentación xa presentada polas persoas ou entidades nas súas solicitudes de cualificación provisional e definitiva.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Dirección Técnica de Axudas e Vivenda

Servizo de Rexeneración e Renovación Urbana

Área Central. Fontiñas

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541954

Fax: 981541902

Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386271

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Servizo de Rexeneración e Renovación Urbana

Prazo de presentación: PECHADO

15/06/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes de subvención comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario contido nesta convocatoria, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

  • Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

    • a) De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe no nome da persoa propietaria única do edificio.

    • b) Certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias, en que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbanas do ARI dos Camiños de Santiago, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias ou a agrupación de comunidades de persoas propietarias, conforme o modelo que se xunta a esta resolución como anexo III.

    • c) Anexo IV, debidamente cuberto, en que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursos en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e poderase asinar a denegación expresa para que o IGVS realice a consulta dos datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

      • 1. Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identificación de estranxeiro (en diante, NIE) das persoas propietarias das vivendas e locais. Para o suposto de denegar expresamente a súa consulta, deberá presentar a copia do oportuno documento.

      • 2. Certificados acreditativos das persoas propietarias das vivendas e locais de non ter débedas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia. Para o suposto de denegar expresamente a súa consulta, deberase presentar a documentación correspondente.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.

  • b) Certificados acreditativos da persoa ou entidade solicitante de non ter débedas coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas ou ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3. Cando as persoas ou as entidades interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

  • As solicitudes de subvención realizaranse mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo II a esta orde, que está dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberán dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio.

  • As comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen a súa solicitude presencialmente, requiriranse para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:

    • a) Declaración de non ter solicitado ou obtido ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cal.

    • b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou concedida para a mesma finalidade.

    • c) Declaración responsable de que non se lle revogou algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda, por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

    • d) Declaración de non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    • e) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento.

    • f) Declaración de que todos os datos da solicitude son correctos.

  • Para a tramitación das solicitudes de subvención terase en conta a documentación xa presentada polas persoas ou entidades solicitantes nas súas solicitudes de cualificación provisional e definitiva.

  • As comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que presentasen a documentación complementaria presencialmente, requiriranse para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • As persoas e as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

  • No caso de que os documentos que se vaian presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, seguiranse para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2017).

    • Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 2017 (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano