Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI406B - Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.
Esta orde ten por obxecto convocar, para a anualidade 2017, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B), que poderán consistir en:
a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.
As bases reguladoras das axudas do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas previstas nesta convocatoria están aprobadas pola Orde do 19 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 23 de setembro).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. Non obstante, no caso de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias só poderán ser beneficiarias as persoas que sexan membros da dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras.
No suposto de que unha vivenda ou edificio pertenza pro indiviso a varias persoas, e as actuacións sexan promovidas por estas, só poderá ter a condición de beneficiaria destas axudas unha soa delas.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias, ademais das obrigas recollidas no artigo 16 da Orde do 19 de setembro de 2016, deberán subministrar ao IGVS, previo requirimento para o efecto, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.
- Para acceder aos préstamos cualificados, os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán ser superiores a 6,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (en diante, IPREM).
- Para acceder ás axudas económicas directas, os ingresos da unidade de convivencia non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM.
- Para os efectos previstos nos apartados 3 e 4, o cómputo de ingresos da unidade de convivencia efectuarase na forma prevista no artigo 9 da Orde do 19 de setembro de 2016.
- Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981/981541982/981957529
Fax: 981541927
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Orde do 19 se setembro de 2016 pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa (DOG nº 182 do 23 de setembro de 2016).
Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se procede á convocatoria pública, para a anualidade 2017, das axudas financieiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2017).
Extracto da Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se procede á convocatoria pública, para a anualidade 2017, das axudas financieiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2017).
Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 2017 (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).
Orde do 11 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa (DOG nº 239 do 17 de decembro de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
29/06/2017 00:00 - 03/11/2017 23:59
Amplíase en 24 horas, ata o día 3 de novembro de 2017, o prazo de presentación de solicitudes en sede electrónica da Xunta de Galicia, para aquelas persoas que tiveran rexistrada unha incidencia na presentación das mesmas, de acordo co establecido no artigo 32.4 da Lei 39/2016, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións pública.
-
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
-
b) Acta de constitución da comunidade de persoas propietarias, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
-
c) Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a no que se recolla o acordo de solicitar as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados, a relación de vivendas partícipes nas actuacións de rehabilitación, así como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente á comunidade de persoas propietarias, conforme co modelo que se xunta a esta orde como anexo II, no caso de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
-
-
d) Autorización das restantes persoas propietarias para a realización da actuación obxecto de rehabilitación, no suposto de que a vivenda ou edificio pertenza pro indiviso a varias persoas e as actuacións sexan promovidas por estas.
-
e) Anexo III de comprobación de datos das persoas partícipes no orzamento protexible das obras e das persoas membros das súas unidades de convivencia e declaracións responsables, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
-
f) Anexo IV de comprobación de datos de persoas membros das unidades de convivencia da persoa solicitante e declaracións responsables, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
-
g) Proxecto de execución das obras que se pretenden realizar, elaborado por técnico competente ou, de ser o caso, a memoria correspondente.
-
h) Licenza municipal ou comunicación previa ao concello, segundo proceda e, de ser o caso, autorizacións sectoriais preceptivas.
-
i) Informe de avaliación de edificios, cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, no caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
-
j) Documento que acredite a propiedade ou a posesión da vivenda, no suposto de que as actuacións de rehabilitación se vaian realizar nunha vivenda.
-
k) Autorización da persoa propietaria da vivenda para realizar as actuacións de rehabilitación, no suposto de solicitudes presentadas por persoas posuidoras.
-
l) Licenza de primeira ocupación, certificado de fin de obra ou calquera outro documento que acredite que a edificación ten unha antigüidade mínima de dez anos, no caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen finalizadas.
-
m) Certificado municipal no que conste que a edificación ou a vivenda foi habitada durante un mínimo de cinco anos, no caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen finalizadas.
-
n) Certificación médica que acredite o embarazo da propietaria ou posuidora da vivenda e/ou dalgunha muller membro da unidade de convivencia no momento de presentar a solicitude de axudas financeiras, de ser o caso.
-
ñ) Certificado acreditativo da existencia dalgún proceso de adopción en trámite por parte da persoa propietaria ou posuidora da vivenda e/ou dalgunha persoa membro da unidade de convivencia, de ser o caso.
-
o) Certificado de discapacidade da persoa propietaria ou posuidora da vivenda e/ou das persoas membros da unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia, de ser o caso, e para o suposto de non ter sido expedido pola Xunta de Galicia.
-
p) Declaración responsable das persoas propietarias ou posuidoras da vivenda e/ou das persoas membros das súas unidades de convivencia dos ingresos obtidos, á cal deberá xuntar, de ser o caso, o certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no devandito exercicio, certificado de pensións, prestacións periódicas, certificado do INEM e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario, para o suposto de que algunha desas persoas non estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF).
-
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa solicitante deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
-
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a área provincial do IGVS poderá requirir a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos contidos aos que se refire o documento.
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou, de ser o caso, número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa ou entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
-
b) DNI ou NIE das persoas partícipes no orzamento protexible das obras, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
-
c) DNI ou NIE das persoas membros das unidades de convivencia das persoas propietarias ou posuidoras das vivendas ou, de ser o caso, das persoas partícipes no orzamento protexible das obras.
-
d) Certificado da renda expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT) correspondente ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
-
e) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
-
f) Certificados acreditativos de non ter débedas coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
-
g) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
-
h) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas membros da unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia.
-
i) DNI ou NIE da persoa arrendataria da vivenda, no suposto de que a vivenda obxecto das actuacións de rehabilitación, unha vez rematadas as obras, se destine a arrendamento.
-
j) Certificado de empadroamento da persoa arrendataria da vivenda obxecto de rehabilitación, no suposto de que a referida vivenda se destina a arrendamento, logo de rematar as actuacións de rehabilitación.
2. No suposto de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. No caso de que as persoas indicadas se opoñan á consulta prevista no apartado 1, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos I, III e IV, e achegar os devanditos documentos.
-
A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, que está dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situado o edificio ou a vivenda en que se queiran realizar as obras de rehabilitación.
-
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presentasen a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
-
As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
-
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
No modelo de solicitude, a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións:
-
a) Declaración de que a persoa ou entidade solicitante non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales.
-
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou obtida pola persoa ou entidade solicitante para a mesma finalidade.
-
c) Declaración de que todos os datos da solicitude son correctos.
-
-
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que presentasen a documentación complementaria presencialmente, requiriráselles para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
-
As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
-
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
-
As persoas ou as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada
-
No caso de que os documentos a presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, se seguirán para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas ou das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación da axuda de subsidiación dos xuros do préstamo cualificado (Anexo V)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións do programa de infravivenda.
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Participación no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.
Programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, para promotores públicos e privados, distintos do IGVS.