Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR357C
Liña I: Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C), adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
Conceptos subvencionables.
Nesta liña poderán ser obxecto de subvención, ben de maneira conxunta ou ben por separado, os seguintes conceptos:
a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero. Esta diagnose será elaborada segundo o establecido no artigo 7 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa, e que, como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
c) Os custos derivados da primeira fase da implantación das medidas prioritarias previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade. Non poderá solicitarse axuda por este concepto na mesma convocatoria en que se soliciten os supostos a) e b).
d) A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.
Contías das axudas.
a) Ata o 80 % dos custos que leve consigo o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 euros nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 euros nos demais supostos.
b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 euros nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 euros nos demais supostos.
c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 euros nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 euros nos demais supostos.
d) Unha contía de 12.000 euros pola contratación como mínimo dun ano dunha persoa experta en igualdade.
A contratación prevista na letra d) é compatible coas axudas recollidas nas letras a), b), e c).
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
As empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.
O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado sempre que estean no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50% dende o 1 de xaneiro de 2022 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544615
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/02/2022 00:00 - 04/03/2022 23:59
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As entidades solicitantes deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social para os efectos de subvencións e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración Xeral da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
2. No caso da liña I, as solicitantes deberán atoparse nalgún dos supostos seguintes:
a) Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
Para estes efectos, enténdese voluntaria a implantación do plan de acordo co procedemento de negociación establecido segundo o artigo 5 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
b) Cando a empresa implante, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos exixidos para os plans legalmente obrigatorios.
3. No caso de grupo de empresas segundo a definición do artigo 42 do Código de Comercio, ou empresas vinculadas segundo a definición do artigo 18 Lei 27/2014, de 27 de novembro, do imposto sobre sociedades, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.
4. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polos mesmos conceptos, en anos anteriores.
5. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.
Forma e lugar de presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I, II ou III) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa dende o 1 de xaneiro de 2022 ata a data de presentación da solicitude.
b) Orzamento detallado dos custos para os que se solicita a subvención emitido por unha entidade experta en igualdade.
c) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.
d) Acreditación da formación e/ou experiencia da entidade que emite o orzamento.
A entidade experta deberá acreditar que cada persoa coa que conta para realizar os plans de igualdade ten unha formación mínima de 150 horas en coñecementos específicos en xénero, igualdade entre mulleres e homes, integración da perspectiva de xénero, prevención e loita contra a violencia de xénero ou outros estudos de xénero ou unha experiencia mínima de dous anos na elaboración de plans de igualdade.
e) Se a solicitude é para os supostos a) e b) do artigo 6:
- Compromiso da dirección da empresa de levar a cabo un plan de igualdade de acordo co capítulo III da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Acta de constitución da Comisión negociadora do plan de igualdade na que debe acreditarse a representación das persoas traballadoras que formen parte da mesma e a forma de elección.
f) Se a solicitude é só para o suposto b) do artigo 6:
- Copia da diagnose previa da situación da empresa.
g) Se a solicitude é para o suposto c) do artigo 6:
- N.º de depósito no Rexistro Administrativo de Acordos e Convenios Colectivos de Galicia (REGCON) de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020 de 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
h) Se a solicitude é para o suposto d) do artigo 6:
- Copia do contrato xunto coa documentación xustificativa da súa formación ou experiencia nesta materia ou compromiso por parte da empresa de que se vai contratar unha persoa experta en igualdade.
Forma de presentación da documentación complementaria.
1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puiderán obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
DNI/NIE da persoa solicitante.
NIF da entidade solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tibutarias coa AEAT.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
Alta no imposto de actividades económicas (IAE), no caso de ser unha persoa autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e presentar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 30 do 14 de febreiro de 2022).
-
Resolución do 13 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 37 do 22 de febreiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano