Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341R
Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.
2. Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación durante dezaseis (16) semanas máis para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.
Acción subvencionable e importe da subvención.
1. Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma, unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
2. Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior, se realicen entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.
3. O importe da subvención para compensar esta contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluída a de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de dezaseis (16) semanas.
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que, no prazo dos quince (15) días seguintes ao da súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea.
2. Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545625
Fax: 981544678
Email: autonomos.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2018 00:00 - 30/10/2018 23:59
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de novembro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde terán o prazo dun mes desde a data da contratación subvencionada. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Para ter dereito á subvención, previamente a persoa traballadora autónoma debe ter estado de baixa por maternidade ou paternidade.
2. No prazo dos quince (15) días naturais seguintes ao da finalización da baixa por maternidade ou paternidade débese realizar un contrato de calquera modalidade.
3. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e coa Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.
4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.
7. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das subvencións.
A solicitude deberase presentar no modelo que figura como anexo I a esta orde, xunto coa seguinte documentación:
No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente de actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
Informe de vida laboral do código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora pola cal se solicita subvención.
Relación nominal de persoas traballadoras e recibo de liquidación de cotización da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, xunto co seu pagamento bancario dos meses xa pagados no momento da presentación, referente á persoa contratada obxecto da subvención.
Resolución da Seguridade Social en que indique o período de baixa por maternidade ou paternidade.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa solicitante e da representante.
c) Vida laboral da persoa traballadora autónoma.
d) Presentación do contrato que se vai subvencionar no Servizo Público de Emprego.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
En relación coa presentación de solicitudes, as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son as persoas autónomas que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen. A presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo tanto, as solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A sede electrónica remitirá as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa interesada para que nun prazo de dez (10) días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará que a persoa ou entidade interesada desiste da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da antedita lei.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración expresa doutras axudas (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018).
-
Extracto da Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018).
-
Resolución do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 92, do 15 de maio) (DOG nº 96 do 22 de maio de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano
Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.
Aberto todo o ano
Cualificación iniciativas de emprego.
Aberto todo o ano
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Aberto todo o ano