Guía de procedementos e servizos

TR341Q

Bono das persoas autónomas

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 29/01/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subvención do bono das persoas autónomas

1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde, unha subvención do 60 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

2. Esta axuda terá unha liña de actuación, de mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:

• Compra de maquinaria.

• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

• Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

• Compra de enxoval e ferramentas.

• Reforma do local ou espazo do negocio.

• Equipamento informático.

• Equipamento de oficina e/ou negocio.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.

• Deseño de marca.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

3. Definicións:

– Compra de maquinaria: conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante as cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos.

– Compra e/ou instalacións para a mellora da eficiencia enerxética: todo aquela compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, o que vai desde o cambio de sistemas de iluminación a cambios de maquinaria ou instalacións.

– Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos: entendendo por tal o cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.

– Compra de enxoval e ferramentas: conxunto de utensilios ou ferramentas que se poden utilizar autonomamente ou conxuntamente coa maquinaria, incluídos os moldes.

– Reforma do local do negocio: refírense a obras de sinxela técnica e escasa entidade construtiva e económica. Consisten normalmente en pequenas obras de mellora e reparación, decoración ou ornato, que non modifican a estrutura construtiva. Enténdese por local do negocio o centro de traballo declarado nos anexos, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas. Exclúese o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, salvo cando quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

– Equipamento informático: considérase equipamento informático a efectos desta orde as tabletas ou similares, ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles, equipos de rede, escáneres e outros similares.

– Equipamento de oficina e/ou negocio: considerarase equipamento de oficina todo aquel elemento susceptible de ser usado nun entorno de traballo, tales como impresoras, destrutoras de papel e outros similares, e por equipamento do negocio o conxunto de mobles que sirvan para a actividade normal da empresa como mesas, cadeiras, andeis, mostradores e vitrinas.

– Rótulos para negocios. Carteis físicos identificativos dos negocios e da súa localización, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas.

– Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais. Importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos. Tamén inclúe os gastos de creación e desenvolvemento das páxinas web que a empresa adquira, sempre que a súa utilización estea prevista durante varios exercicios, a creación e desenvolvemento de apps, así como os gastos de creación e mantemento, e coa condición da previsión de utilización ao longo de varios exercicios así como o apoio a creación, desenvolvemento e deseño de redes socias.

– Deseño de marca. Creación de símbolo formado por imaxes ou letras/caracteres que serve para identificar un negocio e todo o con el relacionado.

En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones. Exclúese a adquisición de bens e servizos que podan ser considerados como mercadoría pola que a empresa obteña beneficios segundo a súa actividade, e exclúense así mesmo os gastos de xestión de páxinas web, redes sociais e similares, por ter a consideración de gastos corrente.

4. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2024 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento.

As ditas facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento deben corresponder ao exercicio 2024, en concordancia co disposto no artigo 14.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Os servizos e os investimentos deben ser contratados con provedores que se dediquen a actividade obxecto da subvención.

1. As persoas traballadoras autónomas.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Rúa Gregorio Hernández, 2-4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881586/ 881881064

Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294912

Email: emprego.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 7ª

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386822

Email: emprego.igualdade.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817034/ 986817212/ 986817073

Email: autonomos.emprego.vigo@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

29/01/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 29 de xaneiro de 2024 e remata o 30 de setembro de 2024.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2022, inferior a 50.000 euros.

c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2022.

2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, e que a dita sociedade non fora beneficiaria nin percibira esta axuda nalgunha das cinco últimas cinco convocatorias (2019-2023 ambas incluídas)

No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe superior ao 25 % da súas participacións ou do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante escritura notarial.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2022.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2022 inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).

3. Quedan excluídas desta orde:

a) As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

b) As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nunha porcentaxe superior ao 25 % das súas participacións ou do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do Rexistro Mercantil.

c) As persoas traballadoras autónomas que foran beneficiarias e percibiran a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2019 a 2023 ambas incluídas).

d) As sociedades que foran beneficiarias e percibiran a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2019-2023 ambas incluídas)

Solicitudes.

 1. As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. No caso das persoas autónomas individuais ao ser válida unha única solicitude por persoa, no caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude, entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta. No caso das sociedades, so se poderá presentar unha única solicitude por sociedade e, igualmente, no caso de que se presenten dúas solicitudes, entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta.

3. A rede de persoas técnicas de emprego de Galicia da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade poderá prestar asistencia efectiva ás persoas solicitantes para garantir que aquelas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co establecido no artigo 10.1.a) da Lei da administración dixital de Galicia.

Documentación complementaria

1. As solicitudes deberanse presentar no modelo normalizado que figuran como anexo I desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:

a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada. Quedan exceptuadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Facturas emitidas no período subvencionable, e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se identifique de xeito claro as características e o custo do investimento.

c) Documentación xustificativa do volume de facturación e base impoñible: IVE, IRPF ou imposto de sociedades e modelo 184, segundo o caso, do exercicio 2022; No caso das persoas traballadoras autónomas que tributen por módulos será unha declaración responsable da facturación realizada no ano 2022.

d) Documentación xustificativa de que a persoa autónoma societaria identificada no anexo I é socio da entidade que solicita a subvención, de ser o caso.

e) De ser o caso, certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.

f) No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, declaración responsable de que ningunha outra persoa traballadora autónoma societaria fixo unha solicitude da presente axuda, segundo o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia.

g) Relación de investimentos realizados segundo o anexo I.

h) No caso de solicitantes aos que se lles aplique o réxime especial de recargo de equivalencia, tributen en réxime de atribución de rendas ou a súa actividade estea exenta da tributación de IVE, certificado de situación censual (modelo 036 ou 037) ou outro documento acreditativo da dita situación.

i) No caso das persoas autónomas administradoras que formen parte da sociedade nunha porcentaxe superior ao 25 % das súas participacións ou do 33 % do seu capital, certificado do Rexistro Mercantil de data anterior a presentación da solicitude, no que acredite a súa condición de persoa autónoma societaria.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) DNI ou NIE da persoa autónoma pola que se solicita a subvención, no caso de persoas autónomas societarias.

c) Vida laboral da persoa traballadora autónoma solicitante dos últimos 5 anos.

d) Vida laboral da persoa traballadora autónomas pola que se solicita a subvención, no caso de persoas autónomas societarias.

e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

g) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

h) Domicilio fiscal.

i) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Certificado de renda (IRPF) da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2022.

m) Declaración do IRPF de todos os membros da entidade que solicita a subvención, de ser o caso.

n) NIF da entidade a que pertence o solicitante ou representante, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro indicado no formulario correspondente e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude, que dispón dos documentos asinados pola persoa ou persoas societarias no que autorizan ou se opoñen a comprobación dos seus datos, segundo o anexo II. Este documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.

Así mesmo, no caso de que algunha das persoas societarias se opoña á comprobación de datos, o solicitante farao constar na dita declaración responsable e, consecuentemente, presentará os documentos que os acrediten.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024).

    • Corrección de erros. Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano