Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341K
Programa de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Subvencionar os custos salariais e de seguridade social por conta da empresa, derivados da contratación indefinida das persoas traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE, previstas no artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, como instrumentos de modernización destes servizos de axuste.
A finalidade deste programa é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda. Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto, admitíndose a efectos desta subvención os centros de traballo que teñan presentada a solicitude ao rexistro competente para outorgar a autorización administrativa.
En todo caso, para o pago das axudas será necesario acreditar dita cualificación e a inscrición da entidade e dos centros de traballo no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE de iniciativa social cando cumpra.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas neste título:
a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) Os CEE que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe ao persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.
Entenderanse por servizos de axuste persoal e social os que permitan axudar a superar as barreiras, obstáculos ou dificultades que as persoas traballadoras con discapacidade dos CEE teñan no proceso de incorporación a un posto de traballo, así como na permanencia e progresión no mesmo.
d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teñan unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de ter unha xestión diferenciada, deberán levar unha contabilidade separada da devandita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
e) Os CEE que non estean ao corrente nas obrigacións rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544716/ 881999516
Email: integracion.laboral.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/05/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, a contar desde o oitavo día hábil seguinte ao da súa publicación no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do oitavo día hábil ao da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan neste programa os CEE da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran, ademais dos requisitos sinalados no artigo 22 desta orde, os seguintes:
a) Que formen parte do seu persoal as persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2, letras a) e b), desta orde. No caso de contratos a tempo parcial, deberán celebrarse por un mínimo do 25% da xornada a tempo completo.
b) Que dispoñan de unidades de apoio á actividade profesional, que teñan a composición establecida no artigo 39 desta orde. Para ser subvencionables, os contratos das persoas que formen parte da unidade de apoio deben cumprir coa legalidade vixente e ser indefinidos. Ademais, a prestación de traballo mínima subvencionable é de seis (6) meses. No caso de contratos a tempo parcial, deberán celebrarse por un mínimo do 25% da xornada a tempo completo.
Solicitudes.
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas regulados nesta orde. As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada tipo de axuda, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados que se publicarán con cada convocatoria de axudas como anexos I, II, III, IV-A, IV-B, XI e XII (segundo o tipo de axuda de que se trate) e que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude a documentación complementaria sinalada para cada un dos programas de axudas definidos nestas bases reguladoras.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou devanditos documentos, que serán solicitados de forma electrónica a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse de forma electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento esíxao ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación dos mesmos de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo os formatos admitidos poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria especifica.
As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude (Anexo I), a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) Memoria asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE que recolla os seguintes datos:
1º. Titularidade do centro, direccións dos centros de traballo e actividades que desenvolve.
2º. Cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social durante o exercicio anterior e, no seu caso, as causas que motivaron o incumprimento.
3º. Composición da unidade de apoio e funcións que vai realizar cada unha das persoas que a integran conforme ao establecido no artigo 35 desta orde, con indicación da xornada de traballo que dedicarán a cada unha das funcións descritas.
4º. Obxectivos que se pretenden conseguir coa unidade de apoio e recursos de que se dispón.
5º. Modelos de cronogramas, follas de verificación ou seguimento, indicadores de resultados ou calquera outra ferramenta que empregará o centro para avaliar a realización e consecución dos obxectivos descritos.
c) Certificación segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, en que se relacionarán alfabeticamente por apelidos as persoas con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e as persoas que compoñen a unidade de apoio á actividade profesional.
Para ser subvencionables, a relación debe incluír aquelas persoas traballadoras con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e aquelas persoas que compoñen a unidade de apoio á actividade profesional que sexan fixas descontinuas e se atopen inactivas.
No caso de persoas traballadoras con discapacidade atendidas pola unidade de apoio e persoas que compoñen a unidade de apoio que se atopen en situación de incapacidade temporal, para ser subvencionables, a relación debe incluír ao titular do posto no caso de que no momento de presentación da solicitude non estea sendo substituído, ou á persoa que estea substituíndo á persoa titular do posto en situación de incapacidade temporal.
En todo caso, a relación debe acompañarse dunha declaración responsable asinada electrónicamente pola persoa responsable do centro especial de emprego onde se indique a data de inicio da situación de incapacidade temporal, as persoas titulares dos postos, e as persoas substitutas. No caso de que aínda no se teña realizado a substitución, esta deberá realizarse no prazo máximo de dous (2) meses desde a data do inicio da incapacidade temporal e debe comunicarse no prazo máximo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución.
d) A relación das persoas indicadas na letra anterior en formato editable (folla de cálculo).
e) Documentación complementaria relativa ao persoal con discapacidade con especiais dificultades definidas no artigo 5.2, que será atendido pola unidade de apoio:
1º. Certificación de discapacidade recoñecida fóra de Galicia, no seu caso.
2º. Resolución ou certificación na que figure o tipo ou grao de discapacidade cando esta derive dun recoñecemento de pensión por incapacidade permanente.
f) Documentación complementaria relativa ao persoal indefinido que forma parte da unidade de apoio á actividade profesional e polo que se solicita a subvención:
1º. Currículo e outros documentos que acrediten a súa formación e/ou experiencia.
2º. Informe de datos para a cotización (IDC) da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
3º Contrato de traballo.
g) Anexo V: autorización para o tratamento de datos das persoas con discapacidade do CEE que van ser atendidas pola unidade de apoio e das persoas que forman parte da unidade de apoio á actividade profesional, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable.
h) Declaración responsable segundo o modelo que consta na páxina https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, na que se especificará o convenio colectivo de aplicación, así como que o CEE cumpre no pago dos salarios tanto co convenio de aplicación como co SMI aplicable en cada momento.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos regulados neste título consultaranse automáticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao corrente nas súas obrigacións coa Seguridade Social a persoa solicitante.
e) Certificación de estar ao corrente nas súas obrigacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante.
f) Certificación de estar ao corrente nas súas obrigacións coa Axencia Estatal Tributaria a persoa solicitante.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Informe das contas de cotización asociadas ao NIF da entidade solicitante
j) DNI ou NIE das persoas con discapacidade do CEE e das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, no seu caso.
k) Consulta dos contratos de traballo das persoas polas que se solicita a subvención e/o das persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, no seu caso.
l) Informe da vida laboral das persoas polas que se solicita a subvención e/o das persoas con discapacidade destinatarias da subvención, no seu caso.
m) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia, relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e/o ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, no seu caso.
n) Certificado das prestacións que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas con discapacidade do CEE destinatarias finais da subvención, no seu caso.
o) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas que se solicita a subvención, cando lles sexa de aplicación esta circunstancia.
p) Titulacións universitarias/non universitarias.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados de forma electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2025).
-
Extracto da Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano