Guía de procedementos e servizos

TR341P

Ampliación da redución da cota da seguridade social para a consolidación do traballo autónomo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 16/05/2018 00:00 - 31/07/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta durante un período de tempo anterior regulado no dito artigo, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante o número de meses regulados no mencionado artigo, inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

2. Mediante esta axuda, a través do procedemento TR341P, permitirase que a persoa traballadora por conta propia desfrute das reducións indicadas no parágrafo anterior durante un máximo de seis (6) meses adicionais aos regulados no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

3. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas axudas para o ano 2018.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n - planta 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9 1º Centro comercial de Elviañ

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582

Fax: 981881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294412

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79- 7ª

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386822

Fax: 988386770

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817695

Fax: 986817010

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

16/05/2018 00:00 - 31/07/2018 23:59

Para o presente exercicio 2018, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 31 de xullo de 2018.

1. Ser, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

2. Empezar o período de seis (6) meses obxecto da subvención regulada nesta orde no exercicio corrente de 2018.

3. Manter as condicións que lles deron dereito a desfrutar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.

4. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.

5. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das subvencións.

8. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lles deron dereito a percibir estas axudas.

Motivos de exclusión.

1. Serán excluídas aquelas persoas solicitantes en que concorran os motivos de exclusión previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa beneficiaria, motivo polo cal quedarán excluídas aquelas solicitudes que se considere que están duplicadas, e será atendida, unicamente, a primeira das presentadas.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.

    • b) Recibos bancarios xustificativos do pagamento da cotización, correspondentes a dous (2) dos meses en que desfrutou da redución na cotización a 50 euros mensuais desde a alta inicial.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

  • b) Alta no réxime especial de traballadores autónomos.

  • c) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).

  • d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

  • e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

  • De acordo co disposto no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, de acompañamento dos orzamentos para o ano 2017, a xustificación da concorrencia das circunstancias indicadas no devandito artigo para establecer a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración na presentación das persoas físicas vén motivada polo feito de que as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta orde de subvencións son autónomas que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen.

  • Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no Rexistro Electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018).

    • Extracto da Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2018).

    • Resolución do 9 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas da Orde do 27 de abril de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 179 do 20 de setembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR330A

Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano