Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341N
Programa de axudas á adaptación de postos de traballo e asistencia técnica para os Centros Especiais de Emprego.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Financiar as adaptacións de postos de traballo e as asistencias técnicas que precisen os CEE no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde. Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto, admitíndose a efectos desta subvención os centros de traballo que teñan presentada a solicitude ao rexistro competente para outorgar a autorización administrativa.
En todo caso, para o pagamento das axudas será necesario acreditar a dita cualificación e a inscripción da entidade e dos centros de traballo no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE de iniciativa social cando proceda.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios:
a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) Os CEE excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.
d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teñan unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de ter unha xestión diferenciada, deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
e) Os CEE que non estean ao día nas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.
3. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b), c) e d) do apartado 2 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III e IV).
O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544716/ 981957727
Fax: 981544678
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
15/02/2024 00:00 - 14/03/2024 23:59
O prazo de presentación das solicitudes para cada un dos programas previstos nesta orde establecerase en cada convocatoria de axudas e será dun mes.
O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Será requisito para a concesión da axuda para a adaptación de postos de traballo, que se acredite a necesidade de adaptación ou eliminación de barreiras arquitectónicas para manter o posto de traballo en atención á discapacidade da persoa pola que se solicita a subvención.
A contía máxima desta axuda será de 2.000 € por cada posto adaptado.
A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar co informe favorable da Inspección de Traballo e Seguridade Social, que será solicitado de oficio polo órgano instrutor.
A axuda de asistencia técnica poderá consistir en :
a) Contratación de persoal de dirección, sempre que o CEE teña, como mínimo, 10 persoas traballadoras.
b) Custos derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións.
c) Custos derivados da elaboración de plans de igualdade e plans LGTBI.
d) Nos casos de creación dun centro de traballo ou nos casos de diversificación da actividade do centro suficientemente acreditada, poderán outorgarse axudas de asistencia técnica consistentes en:
- Estudos de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.
- Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial.
- Auditorías e informes económicos. - Auditorías sociais.
e) Poderase conceder unha axuda para a realización do informe dun auditor sobre a conta xustificativa das axudas recollidas nos programas I e III desta orde.
As contías máximas por asistencia técnica será de 15.000 € para as modalidades dos apartados a), b), c) e d) e de 4.000 € para a modalidade do apartado e).
Solicitudes.
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas regulados nos capítulos II, III e IV desta orde.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados que se publicarán con cada convocatoria de axudas como anexos I, II, III e IV (segundo o tipo de axuda de que se trate) e que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación complementaria sinalada para cada un dos programas de axudas definidos nestas bases reguladoras.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se alguna das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social a persoa solicitante.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria a persoa solicitante.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Informe das contas de cotización asociadas ao NIF da entidade solicitante.
j) DNI ou NIE das persoas con discapacidade do CEE e das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, de ser o caso.
k) Consulta dos contratos de traballo das persoas polas cales se solicita a subvención e/ou das persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
l) Informe da vida laboral das persoas polas cales se solicita a subvención e/ou das persoas con discapacidade destinatarias da subvención, de ser o caso.
m) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia, relativo ás persoas polas cales se solicita a subvención e/ou ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
n) Certificado das prestacións que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas con discapacidade do CEE destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
o) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas cales se solicita a subvención, cando lles sexa de aplicación esta circunstancia.
p) Titulacións universitarias/non universitarias.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os devanditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Documentación complementaria do Programa II. Axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica nos centros especiais de emprego.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude das axudas recollidas neste programa (anexo II para o código de procedemento TR341E e anexo III para o código de procedemento TR341N) a seguinte documentación complementaria común:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
b) Orzamento detallado do gasto, conforme o modelo que consta na páxina https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego, debidamente asinado pola persoa representante do CEE, cun calendario de execución. Non será necesario este documento na axuda para asistencia técnica do artigo 40.1.e), de ser o caso.
c) Orzamento detallado do gasto, indicado no parágrafo anterior, en formato editable (folla de cálculo). Non será necesario este documento na axuda para asistencia técnica do artigo 40.1.e), de ser o caso.
d) Documentos relacionados nas letras b) e c). Segundo o tipo de axuda solicitada, achegaranse orzamentos, facturas pro forma ou documentos que acrediten os custos salariais (incluídos os de Seguridade Social).
e) As tres ofertas e as memorias mencionadas no artigo 37, epígrafes 5 e 6, de ser o caso.
2. Documentación complementaria específica para as subvencións de adaptación de postos de traballo (código de procedemento TR341N –anexo III–):
a) Memoria explicativa do obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade, así como do investimento necesario, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE.
b) Certificación, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, da relación do persoal para a cal se adaptan os postos, conforme o modelo que consta na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
c) A certificación indicada na letra anterior, en formato editable (folla de cálculo).
d) Anexo V autorización para o tratamento dos datos das persoas traballadoras para as cales se adaptan os postos, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable.
e) Certificación de discapacidade das persoas traballadoras para as que se adaptan os postos, no caso de que a discapacidade fose recoñecida fóra de Galicia.
3. Documentación complementaria específica para as axudas de asistencia técnica sinaladas no artigo 40.1 (código de procedemento TR341N-anexo III):
a) Asistencia técnica do artigo 40.1.a):
– Memoria asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE sobre a xustificación da súa necesidade.
– Curriculum vitae da persoa que vai prestar o servizo.
–Anexo V: autorización para o tratamento dos datos da persoa contratada, que terá validez para todas as fases da subvención e durante todo o período subvencionable.
b) Asistencias técnicas do artigo 40.1.b): memoria, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, que conteña modalidade de asistencia solicitada e breve descrición do seu contido.
c) Asistencias técnicas do artigo 40.1.c): memoria, firmada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, que conteña modalidade de asistencia solicitada e breve descripción do seu contido.
d) Asistencia técnica do artigo 40.1.d): memoria, asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE, que conteña:
– Modalidade de asistencia solicitada e xustificación da súa necesidade.
– Acreditación da diversificación da actividade, se é o caso.
– Índice do contido dos estudos e informes, se é o caso.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024. Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2024).
-
Corrección de erros. Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M) (DOG nº 53 do 14 de marzo de 2024).
-
Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M) (DOG nº 249 do 27 de decembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano