Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301V
Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Esta orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiadas pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego, obradoiros de emprego e accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia.
2. Por medio desta orde convócanse as ditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de novembro de 2022, día da entrada en vigor desta orde, e o 31 de outubro de 2023 (ambos incluídos).
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
2. Para os efectos do indicado no número 1 do artigo 3 desta orde, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e con situación laboral como non ocupadas, na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.
Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, naqueles supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria débese comprometer a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999124/ 981999602
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Centro de Novas Tecnoloxías
Rúa Airas Nunes, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997803/ 881997807
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2 - 4
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881566/ 881881558
Fax: 881881576
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294275/ 982294241
Fax: 982294282
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386837/ 988386105
Fax: 988386829
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218165/ 986817765
Fax: 986817621
Prazo de presentación: PECHADO
01/11/2022 00:00 - 02/01/2024 23:59
1. A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
2. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
Disposición transitoria segunda. Presentación de solicitudes ao abeiro da orde anterior.
O prazo de presentación de solicitudes, ao abeiro do establecido na Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022, será dun mes desde a incorporación á acción formativa ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día 1 de novembro de 2022.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estaren incursas en ningunha das ditas circunstancias realizarase, de acordo co disposto no artigo 16 desta orde, mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude do anexo I, cuxo contido estará suxeito ao disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sobre declaración responsable e comunicación.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa interesada deberá presentar, debidamente cuberto e asinado, o formulario de solicitude do anexo I, con indicación expresa das bolsas e axudas que vaia solicitar.
3. No suposto de que a persoa solicitante non teña capacidade técnica ou económica, ou que, por outros motivos, non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a presentación electrónica da solicitude e da documentación complementaria poderá ser validamente realizada por unha persoa representante que si cumpra cos ditos requisitos.
Neste sentido, de conformidade co previsto no artigo 23.1 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as correspondentes entidades e centros beneficiarios colaborarán coas persoas solicitantes, a través dos seus recursos e medios humanos e técnicos, sempre que aquelas lles outorguen a súa autorización para presentaren no seu nome a solicitude e a documentación complementaria.
Ademais, a persoa peticionaria poderase dirixir á oficina de emprego que lle corresponda do Servizo Público de Emprego de Galicia para que unha persoa empregada pública presente no seu nome a solicitude e a documentación complementaria, se é autorizada expresamente pola peticionaria.
No caso de vítimas de violencia de xénero que solicitasen a confidencialidade dos seus datos, a solicitude de subvención deberase tramitar a través da persoa titora.
4. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación ou ás xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo o tipo de acción formativa en que se participe e de conformidade co seguinte criterio:
a) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, procedementos TR302A e TR303B, ou nas accións formativas impartidas polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dirixiranse á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.
b) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas distintas ás citadas no número 4.a) deste artigo dirixiranse ás correspondentes xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo a provincia ou ámbito territorial a que corresponda a competencia.
Inclúense nesta alínea b) as derivadas da participación nas seguintes accións formativas:
• As dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas e as dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas con compromiso de contratación, procedementos TR301K e TR301P, respectivamente.
• As propias da oferta formativa executada nos centros de formación para o emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
• As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas impartidas nos centros da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos.
No caso de que no acordo de colaboración entre ambas as consellerías se estableza outro procedemento para a presentación e tramitación das solicitudes de bolsas e axudas, será de aplicación o disposto no dito acordo.
c) No caso de que durante o período de vixencia desta orde se habiliten novas liñas de formación para o emprego non citadas nas anteriores alíneas a) e b), atenderase, para os efectos de determinar o órgano a que se debe dirixir a solicitude, ao que nelas se estableza.
Para estes efectos, deberán sinalar na epígrafe correspondente do modelo de solicitude, anexo I, a opción que corresponda.
5. A solicitude deberase presentar xunto coa documentación complementaria relacionada no artigo 17 desta orde, de ser o caso.
Declaración responsable que forma parte da solicitude.
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que cumpre cos requisitos necesarios para o recoñecemento do dereito á bolsa e/ou axuda que se solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estaría obrigado a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
b) Que en relación con outras bolsas e axudas concedidas ou solicitadas:
Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra bolsa e/ou axuda para este mesmo concepto para o que solicita esta subvención.
De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo concepto para o cal se solicita esta bolsa e/ou axuda, deberanse relaciona estas no documento de solicitude, anexo I.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que, de ser o caso, se xuntan son certos.
d) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, para os efectos do previsto no artigo 11.g) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
g) Que coñece as estipulacións desta orde e das bases da convocatoria que regula a acción formativa, que cumpre cos requisitos sinalados nela, en particular os establecidos para aquelas bolsas e/ou axudas que solicita, e que se compromete a destinar o importe da subvención ao obxecto indicado.
h) Que, para o suposto de solicitar unha bolsa de asistencia por discapacidade, por IPE, por ser membro de familia numerosa ou monoparental, ou unha axuda por conciliación, a suma das rendas de todas as persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia, incluída a persoa solicitante, dividida polo número das persoas membros que a compoñen é inferior ao 75 % do IPREM.
i) Que, para o suposto de solicitar axuda por transporte público, urbano e/ou interurbano, o medio e a/as liñas de transporte utilizadas son as que se relacionan no anexo I.
j) Que, para o suposto de solicitar axuda por transporte en vehículo propio, non existe medio de transporte público entre o enderezo de intermediación laboral e o lugar onde se desenvolve a acción formativa ou que, no caso de existir, o horario regular do trasporte público non permite compatibilizalo co horario da acción formativa.
k) Que, para o suposto de solicitar axuda por manutención, o horario de impartición da acción formativa é de mañá e tarde, e a distancia entre o enderezo de intermediación laboral rexistrado no Servizo Público de Emprego de Galicia e o lugar en que se desenvolve a actividade acada ou supera os 20 quilómetros, e que para estes efectos o total diario de quilómetros que se van realizar e a matrícula do vehículo que se vai utilizar son os que se relacionan no anexo I.
l) Que, para o suposto de solicitar axuda por aloxamento e manutención, a distancia entre o enderezo de intermediación laboral da persoa traballadora desempregada e o lugar en que se imparte a acción formativa é igual ou superior aos 100 quilómetros, ou que, pola rede de transportes existentes, os desprazamentos non se poden efectuar diariamente antes e despois das clases e, ademais, que a asistencia á acción formativa implica o aloxamento no concello en que ten lugar a súa impartición, en horario de mañá e tarde.
m) Que, para o suposto de solicitar a axuda por conciliación, esta é consecuencia do coidado de fillos/as menores e/ou persoas acollidas menores de doce anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao.
2. A concesión das subvencións vinculadas ás bolsas e axudas recollidas nesta orde realizarase sobre a base da declaración responsable recollida neste artigo, sen prexuízo das comprobacións que poidan ser realizadas con posterioridade pola unidade administrativa correspondente.
3. A presentación dunha declaración responsable falseando as condicións requiridas para a concesión da subvención ou ocultando as circunstancias que a impiden ou limitan poderá ter a consideración dunha infracción nos termos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Consideraranse falseamento ou ocultación das circunstancias o incumprimento do compromiso de manter os requisitos necesarios para ter dereito á subvención, a falta de documentación que o acredite e/ou o incumprimento da obriga de comunicar que se deixaren de cumprir os requisitos exixibles, no prazo sinalado nesta orde.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) As persoas peticionarias das bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 desta orde, relativas a persoas con discapacidade, persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, e membros integrantes de familias numerosas ou monoparentais, así como as peticionarias das axudas por conciliación reguladas no artigo 9, deberán achegar xunto coa solicitude o anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
b) No suposto de solicitar a bolsa de asistencia para membros integrantes de familias monoparentais, certificado emitido pola Consellería de Política Social e Xuventude, acreditativo de que reúnen os requisitos para ser persoa beneficiaria da bolsa.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe, en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que acheguen as persoas interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para estes efectos, a persoa interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de catro (4) anos desde a presentación da imaxe electrónica.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
I) DNI/NIE da persoa solicitante.
II) DNI/NIE da persoa representante.
III) A inscrición como persoa traballadora desempregada no Servizo Público de Emprego de Galicia, con data actual ou con data concreta, nos termos desta orde.
IV) Para o caso de solicitar a axuda por transporte público urbano ou interurbano, ou por transporte en vehículo propio, ou a axuda por manutención, o enderezo de intermediación laboral da persoa solicitante.
V) Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, certificado da discapacidade da persoa solicitante, recoñecida pola Xunta de Galicia.
VI) Nos casos que proceda, a inclusión da acción formativa, solicitada e non caducada, en que a persoa traballadora desempregada participa, desde o itinerario individual e personalizado de emprego (IPE), en coherencia co obxectivo profesional que nel se estableza, nos termos desta orde.
VII) Para o suposto das bolsas de asistencia e para axudas por conciliación, certificado de empadroamento, convivencia ou residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
VIII) Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas membros de familias numerosas, título de familia numerosa.
IX) Para o caso específico de axudas á conciliación, de ser o caso, certificado do grao e nivel de dependencia da persoa que motiva a conciliación, emitido pola Administración pública competente.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro pertinente habilitado no formulario correspondente, anexos I e/ou II, e achegar os documentos acreditativos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dalgún dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo II)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022)
-
Extracto da Orde do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022)
-
Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas
Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.
Aberto todo o ano