Guía de procedementos e servizos

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

O obxecto desta disposición é crear o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e regular o procedemento de inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades de formación determinados no artigo 9 do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, no antedito rexistro, para os efectos de impartir a formación de oferta establecida no dito real decreto e na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Centros e entidades de formación.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881562

Fax: 881881576

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294257

Fax: 982294282

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense

Avda. da Habana, 79, 6º

36201  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386828

Fax: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817681/ 986817065

Fax: 986817010

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Son obrigacións dos centros e entidades de formación:

a) Manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

b) Colaborar nos procesos para a selección de alumnos/as e para a súa inserción no mercado de traballo, na forma que determine a administración laboral competente.

c) Non percibir cantidade ningunha dos alumnos incluídos nas programacións do subsistema de formación profesional para o emprego, regulado no Real decreto 395/2007, do 23 de marzo.

d) Facer constar na súa publicidade estática e dinámica a súa condición de centro ou entidade de formación inscrita ou acreditada. Igualmente, farase constar o cofinanciamento, se o houber, polo Fondo Social Europeo.

e) Solicitar autorización expresa da Dirección Xeral de Formación e Colocación para manter a inscrición e, se é o caso, acreditación como centro ou entidade de formación, cando se produza un cambio de titularidade ou de forma xurídica do centro. Esta solicitude debe ir acompañada da seguinte documentación:

–Subrogación de dereitos e obrigas do novo titular

–Documento que acredite a venda, arrendamento ou dereito de uso do antigo titular en favor do novo.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación emitirá resolución, logo do informe dos técnicos das xefaturas territoriais, en que se faga constar que se manteñen as instalacións, medios humanos e materiais que deron lugar á inscrición ou acreditación.

f) Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación autorización expresa para manter a inscrición e, se é o caso, acreditación como centro ou entidade de formación, cando se produza un cambio de enderezo das instalacións, presentando a documentación relacionada no artigo 6.2, para os efectos de verificar que as novas instalacións cumpren os requisitos establecidos.

A resolución das solicitudes mencionadas nas alíneas e) e f) do núemro anterior efectuaranse de acordo co establecido no artigo 6.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II. Relación de especialidades formativas e recursos.

  • Anexo III. Memoria de identificación de inmobles e instalacións.

  • Escritura de constitución e estatutos da entidade solicitante.

  • Documento de propiedade ou lexitimación do uso do centro.

  • Licenza do concello de apertura como centro de formación ou solicitude dela, con certificado dun técnico colexiado.

  • Planos oficiais do centro onde se impartirá a formación (para a acreditación deberán estar visados polo colexio de arquitectos).

COMPROBACIÓN DE DATOS:

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos:

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 110 de 9 de xuño de 2011).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano