Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301K
Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas xefaturas territoriais (procedemento TR301K).
Para o exercicio das funcións que lle corresponden segundo estas bases reguladoras, as xefaturas territoriais poderán actuar a través das unidades administrativas competentes en materia de formación profesional para o emprego, das oficinas de emprego e dos centros de formación profesional para o emprego a elas adscritos.
2. As convocatorias das subvencións previstas nesta orde realizaranse mediante réxime de concorrencia competitiva.
3. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2019-2021.
4. As convocatorias públicas que se realicen no marco destas bases regularán os aspectos do financiamento e da execución das accións formativas que se subvencionen, con relación aos exercicios orzamentarios que indiquen expresamente e respectando o contido que se establece no capítulo IV, así como no resto da normativa aplicable.
Programación e financiamento. Reservas de crédito.
As accións formativas para as que se poden solicitar financiamento mediante subvención son as da modalidade de programación da oferta formativa para persoas traballadoras desempregadas, na cal poderán participar as entidades as que se refire o artigo 3 desta orde.
As accións que poden ser obxecto de financiamento son aquelas especialidades formativas que se determinen no anexo I de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados ás anteriores.
Cada convocatoria, ademais de respectar o contido que sinala o capítulo IV, especificará as accións formativas que se consideran prioritarias, o financiamento e as reservas de crédito que, se for o caso, se establezan para determinadas accións formativas que se detallarán no correspondente anexo, e fixará, de entenderse necesario, o número límite de edicións de accións formativas que se financien por centro e/ou entidade de formación, así como o formulario de solicitude para efectos informativos e as listaxes de especialidades formativas que se conteñan nos anexos que repercuten no procedemento de valoración recollido nos artigos 7 e 8 desta orde.
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases, as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o caso de que a convocatoria o recolla, poderanse realizar accións formativas a través de centros móbiles e homologacións provisionais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que non contan con centros acreditados ou inscritos (formación á porta).
Obrigas das entidades beneficiarias.
Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, e sen prexuízo das obrigas establecidas na Lei 30/2015, do 9 de setembro, no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, e no artigo 9 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as entidades beneficiarias das axudas deberán:
1. Requirir de cada persoa alumna, definida de conformidade co artigo 28, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso:
a) DNI.
b) Ficha individual.
Para os efectos de posibles notificacións, envío de diplomas ou remisión de certificados emitidos á solicitude da persoa interesada, esta deberá incluír para a súa incorporación na aplicación informática de SIFO o enderezo de correo electrónico das persoas participantes na actividade formativa.
c) Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso, para a formación correspondente.
d) Documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, se é o caso.
e) Diploma do módulo transversal ou obrigatorio, de selo caso.
f) Documentos de información ao alumnado da subvención, debidamente asinados.
No caso de que existan alumnos ou alumnas que non cumpran os requisitos exixidos de acceso ao curso non se lles emitirá diploma ao finalizar a formación. Na liquidación realizarase unha minoración proporcional ao número de alumnos ou alumnas que non cumprían os requisitos.
2. Como mínimo sete días hábiles antes do inicio do curso:
Introducir na aplicación informática na ficha de SIFO de inicio os seguintes datos:
a) Programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación modular.
b) Enderezo completo.
c) Instrumentos de avaliación válido e fiables, cun sistema de puntuación e corrección obxectivo.
d) A relación de persoal docente que vai impartir o curso. Farase constar a súa formación metodolóxica e relación dos módulos que impartirá cada un deles.
e) Dixitalmente a través dos medios electrónicos a que se refire o artigo 4, facilitar á xefatura territorial correspondente a planificación temporal da acción formativa que, no caso de especialidades de estrutura modular, deberá detallarse para cada un dos módulos do curso, incluídos os transversais, indicando a previsión das visitas didácticas ao longo do curso.
f) No caso de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade:
– Ratificación do compromiso de subscribir convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluída no certificado de profesionalidade.
– Planificación didáctica, elaborada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
– Programación didáctica de cada módulo formativo e, se é o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, elaborada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
– Planificación da avaliación, completada de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
Cada módulo formativo do certificado de profesionalidade poderá ser impartido, como máximo, por dúas persoas formadoras, que deberán cumprir cos requisitos que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.
Toda persoa formadora que fose validada, por unha unidade administrativa competente da Administración autonómica, para impartir determinada especialidade ou módulo formativo, segundo o caso, vinculado ou non á obtención dun certificado de profesionalidade, entenderase que cumpre cos requisitos para impartilo en todo o territorio de Galicia durante o período que se determine en cada unha das convocatorias.
As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica, deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero, séndolles de aplicación os mesmos criterios de equiparación da acreditación que se establecen no parágrafo anterior para as persoas docentes que impartan módulos dos certificados de profesionalidade.
O persoal formador que imparta o resto de módulos transversais que se relacionan no artigo 32 deberán tamén cumprir os requisitos docentes de titulación, experiencia profesional e capacitación docente que lles sexan de aplicación:
– A documentación acreditativa da formación e experiencia do profesorado, cando esta non estea en poder da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– A identificación do persoal de preparación de clases, titorías para o reforzo formativo e impartición da docencia.
– A identificación do persoal que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.
– O seguro de accidentes das persoas participantes.
– Chaves de acceso á correspondente plataforma, se é o caso.
3. O día de inicio de cada curso, remitirase á xefatura territorial correspondente a seguinte documentación:
a) Certificación xustificativa do comezo do curso e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no número 2 deste artigo.
b) As datas de inicio e remate do curso, así como o horario de impartición.
c) O enderezo completo do lugar de impartición.
4. Nos 5 días lectivos seguintes ao inicio do curso, remitirase á xefatura territorial correspondente o DNI dos alumnos e alumnas. Esta obriga de remisión entenderase referida ao día en que fagan a achega do DNI ou o día de incorporación ao curso, pero non máis alá do 10º día natural desde o comezo da acción formativa.
5. Mensualmente, remitirase á xefatura territorial correspondente a seguinte documentación:
a) Partes diarios de asistencia asinados por os alumnos, alumnas e persoal docente.
Este documento deberá ser o xerado pola aplicación SIFO, logo de completar a información necesaria, e deberán arquivarse os orixinais asinados, separadamente, por cada curso.
6. No prazo dun mes desde o remate de cada curso, e respectando os límites máis restritivos que poida impoñer cada convocatoria:
a) Completar a información relativa á finalización do curso na aplicación SIFO.
b) Proceder á xustificación do curso, nos termos do artigo 19.
7. Como complemento aos anteriores parágrafos, no momento da solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego, a entidade beneficiaria deberá facilitar á oficina de emprego as datas de inicio e de finalización da acción formativa que se deberán introducir na aplicación informática SIFO.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881564
Fax: 881881576
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, 70 27071 LUGO
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294887
Fax: 982294282
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
R/ Curros Enríquez, 1-4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386103 / 988386104
Fax: 988386829
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Avda. Fernández Ladreda, 43-5º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817065
Fax: 986817010
Prazo de presentación: PECHADO
08/05/2019 00:00 - 10/06/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día da súa entrada en vigor. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa entrada en vigor. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
- Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursos en ningunha das anteditas circunstancias, realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén no anexo VI de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen, poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
- Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste artigo, as aplicacións informáticas de rexistro de centros/entidades de formación e SIFO contarán con controis específicos e poderá procederse a unha comprobación por mostra estatística por parte de persoal técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria (servizos periféricos e Servizo de Verificación) ou da entidade contratada para o efecto, durante calquera das fases, da que poderán derivarse, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no número 2 para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
- Será requisito para a concesión de subvencións a entidades locais titulares de entidades ou centros de formación, que teñan cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas as contas xerais de cada exercicio.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes mediante a aplicación SIFO, ou no enderezo directo https://sede.xunta.gal
As ditas solicitudes dirixiranse á xefatura territorial en cuxa provincia se imparta a correspondente acción formativa.
Cada entidade de formación so poderá formular, como máximo, unha solicitude en cada unha das provincias do territorio galego, e incluirá nela todas e cada unha das accións formativas para as que solicita subvención nos correspondentes centros de cada provincia, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.
Para os posibles efectos de desempate as accións formativas para as que se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que os centros que se consideren prioritarios figuren en primeiro lugar na solicitude e, dentro de cada centro, as accións formativas se ordenen tamén de maior a menor priorización.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.).
A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, presentarase electrónicamente, mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escada de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
A Administración actuante poderán solicitar o cotexo das copias achegadas pola entidade, para o cal poderase requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia exclusivamente no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para cada número de censo poderanse solicitar, como máximo, o número de edicións por especialidade que se determinen na correspondente convocatoria, na cal tamén poderán indicarse excepcións ao dito límite.
No caso de que se solicite impartir máis dunha especialidade por aula deberá manifestarse expresamente na declaración responsable que, de acordo co disposto no artigo 5.3 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego e se regula o procedementos para a súa inscrición e, se for o caso, a acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as especialidades poden impartirse cos mesmos medios.
No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou correspondente convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, considerarase desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
– Non se solicitaron nin se concederon ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.
– De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
c) Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
d) Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que os lugares de impartición dos cursos serán aqueles que están inscritos ou acreditados para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro e do artigo 6.1 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos tidas en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.
g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
h) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa dos cursos que solicita.
i) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
j) Que a entidade asume que a presentación das declaracións responsables a que se refire a presente orde falseando ou ocultando circunstancias que impedisen ou limitasen a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alterasen a puntuación obtida na baremación, poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Ficha do curso de formación profesional para o emprego no anexo VII de cada convocatoria.
b) De ser o caso no anexo VII de cada convocatoria, acreditación documental de dispor dun sistema de calidade vixente no correspondente centro de formación na data límite de presentación das solicitudes relativo á súa actividade de formación profesional para o emprego.
c) Xustificación documental de ter cumprido na execución das accións formativas concedidas nas convocatorias correspondentes co compromiso de inserción laboral, para os efectos do establecido no artigo 8 de esta orden.
d) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
e) De ser o caso, cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a certificados de profesionalidade, as entidades deberán achegar no anexo VII de cada convocatoria o compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluída no certificado de profesionalidade.
f) Xustificación documental de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas segundo o establecido no artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no caso de tratarse de entidades locais.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle a entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á remisión á comisión central de valoración dos expedientes e do informe técnico da xefatura territorial.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidade interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 14 de agosto de 2020 pola que se procede á modificación parcial de distintas ordes de convocatorias de subvencións financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego como consecuencia da situación e evolución do COVID-19 (DOG nº 173 do 27 de agosto de 2020).
-
Orde do 16 de abril de 2020 pola que se modifican parcialmente a Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR301K, polo que se establecen as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, e a Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do COVID-19. (DOG nº 81 do 28 de abril de 2020).
-
Orde do 17 de abril de 2020 pola que se establecen medidas de flexibilidade para a impartición de accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego, ante a suspensión temporal das accións de formación presenciais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19) (DOG nº 81 do 28 de abril de 2020).
-
Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se establecen as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021 (DOG nº 86 do 7 de maio de 2019).
-
Extracto da Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020 (DOG nº 86 do 7 de maio de 2019).
-
Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020 (DOG nº 86 do 7 de maio de 2019).
-
Resolución do 3 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020 (DOG nº 198 do 17 de outubro de 2019).
-
Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se modifican parcialmente a Orde do 17 de abril de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR301K de accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, a Orde do 17 de abril de 2019, pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K de subvención ás accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020, e a Orde do 17 de abril de 2020, pola que se establecen medidas de flexibilidade para a impartición de accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego, ante a suspensión temporal das accións de formación presenciais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19). (DOG nº 120 do 19 de xuño de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas
Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.
Aberto todo o ano