Guía de procedementos e servizos

TR301V

Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Exercicios 2023 e 2024 - Prazo aberto: 01/11/2023 00:00 - 31/07/2025 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de especialidades ou módulos formativos do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal financiadas pola referida consellería.

Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego ou nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia.

2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de novembro de 2023, día da entrada en vigor desta orde, e o 30 de novembro de 2024 (ambos inclusive).

1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.

2. Para os efectos do indicado no punto 1 deste artigo, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e con situación laboral como non ocupada, na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, naqueles procedementos e supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.

A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que se deixase de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

Rúa de San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999124/ 981999602

Email: sx.formacionemprego@xunta.gal

https://emprego.xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Centro de Novas Tecnoloxías

Rúa de Airas Nunes, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997803

Email: administracion.cnt@xunta.gal

https://cntg.xunta.gal/web/cntg/bolsas-e-axudas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña

Rúa de Gregorio Hernández, nº 2-4

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881566/ 881881578

Email: axudas.emprego.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294275/ 982294241

Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386837/ 988386105 /988386824

Email: bolsasformacion.emprego.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886218165/ 986817765

Email: xestioneconomica.formacion.vigo@xunta.gal

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: ABERTO

01/11/2023 00:00 - 31/01/2025 23:59

01/11/2023 00:00 - 31/07/2025 23:59

1. A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

2. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o decl

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día 1 de novembro de 2023.

1. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase, de acordo co disposto no artigo 16 desta orde, mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude do anexo I, cuxo contido estará suxeito ao disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sobre declaración responsable e comunicación.

2. As referencias que nesta orde se recollen con respecto ao momento a partir do cal se ten dereito a percibir a bolsa ou axuda refírense aos efectos do cómputo, pois a percepción do importe correspondente á subvención efectuarase no momento correspondente, logo da instrución, tramitación, proposta e resolución, nos termos desta mesma orde, e tendo en conta, especialmente, tal como se establece no artigo 4.3 desta orde, a necesidade de que exista un mínimo acumulado de 100 € ou fracción.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa interesada deberá presentar debidamente cuberto e asinado o formulario de solicitude do anexo I, con indicación expresa das bolsas e axudas que vaia solicitar.

3. No suposto de que a persoa solicitante non teña capacidade técnica ou económica, ou que, por outros motivos, non teña garantido o acceso e dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a presentación electrónica da solicitude e da documentación complementaria poderá ser validamente realizada por unha persoa representante que si cumpra cos anteditos requisitos.

Neste senso, as correspondentes entidades e centros beneficiarios colaborarán coas persoas solicitantes, a través dos seus recursos e medios humanos e técnicos, sempre que aquelas lles outorguen a súa autorización para presentar no seu nome a solicitude e a documentación complementaria.

Ademais, a persoa peticionaria poderá dirixirse á oficina de emprego que lle corresponda do Servizo Público de Emprego de Galicia, para que unha persoa empregada pública presente no seu nome a solicitude e a documentación complementaria, se é autorizada expresamente pola peticionaria.

No caso de vítimas de violencia de xénero que teñan solicitado a confidencialidade dos seus datos, a solicitude de subvención deberá tramitarse a través da persoa titora.

4. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación ou ás xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo o tipo de acción formativa na que se participa, de conformidade co seguinte criterio:

a) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, procedemento TR302A, ou nas accións formativas impartidas polo Centro de Novas Tecnoloxías, dirixiranse á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

b) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas distintas ás citadas no punto 4.a) deste artigo, dirixiranse ás correspondentes xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo a provincia ou ámbito territorial ao que corresponda a competencia.

Inclúense nesta letra b) as derivadas da participación nas seguintes accións formativas:

– As dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas e as dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas con compromiso de contratación, procedementos TR301K e TR301P respectivamente.

– As propias da oferta formativa executada nos centros de formación para o emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

– As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas impartidas nos centros da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos.

No suposto de que no acordo de colaboración entre ambas consellerías se estableza outro procedemento para a presentación e tramitación das solicitudes de bolsas e axudas, será de aplicación o disposto no dito acordo.

c) Caso de que durante o período de vixencia desta orde se habiliten novas liñas de formación para o emprego non citadas nas anteriores alíneas a) e b), atenderase, para os efectos de determinar o órgano ao cal debe dirixirse á solicitude, ao que nelas se estableza.

Para estes efectos, deberán sinalar no punto correspondente do modelo de solicitude, anexo I, a opción que corresponda.

5. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 17 desta orde, de ser o caso.

Declaración responsable que forma parte da solicitude.

1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:

a) Que cumpre cos requisitos necesarios para o recoñecemento do dereito á bolsa e/ou axuda que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito de tal maneira que, se deixase de cumprilos, estaría obrigado a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

b) Que, en relación con outras bolsas e axudas concedidas ou solicitadas:

– Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra bolsa e/ou axuda para este mesmo concepto para o que solicita esta subvención.

– De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo concepto para o que se solicita esta bolsa e/ou axuda, deberán relacionarse estas no documento de solicitude, anexo I.

c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que, de ser o caso, se xuntan son certos.

d) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, para os efectos do previsto no artigo 11.g) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

g) Que coñece as estipulacións desta orde, así como as que regulan a acción formativa en que participa, que cumpre cos requisitos exixidos para ser beneficiaria/o daquelas bolsas e/ou axudas que solicita, e que se compromete a destinar o importe da subvención ao obxecto indicado.

h) Que, para o suposto de solicitar unha bolsa de asistencia por discapacidade, por IPE, por ser membro de familia numerosa ou monoparental, ou unha axuda por conciliación, a suma das rendas de todas as persoas integrantes da unidade familiar ou de convivencia, incluída a persoa solicitante, dividida polo número das persoas membros que a compoñen é inferior ao 75 % do IPREM.

i) Que, para o suposto de solicitar axuda por transporte público, urbano e/ou interurbano, o medio e a/as liñas de transporte utilizadas son as que se relacionan no anexo I.

j) Que, para o suposto de solicitar axuda por transporte en vehículo propio, non existe medio de transporte público entre o enderezo de intermediación laboral e o lugar onde se desenvolve a acción formativa ou que, no caso de existir, o horario regular do transporte público non permite compatibilizalo co horario da acción formativa, e que o total diario de quilómetros que se van realizar e a matrícula do vehículo que se vai utilizar son os que se relacionan no anexo I.

k) Que, para o suposto de solicitar axuda por manutención, o horario de impartición da acción formativa é de mañá e tarde e a distancia entre o enderezo de intermediación laboral rexistrado no Servizo Público de Emprego de Galicia e o lugar en que se desenvolve a actividade acada ou supera os 20 quilómetros.

l) Que, para o suposto de solicitar axuda por aloxamento e manutención, a distancia entre o enderezo de intermediación laboral da persoa traballadora desempregada e o lugar en que se imparte a acción formativa é igual ou superior aos 100 quilómetros, ou que, pola rede de transportes existentes, os desprazamentos non se poidan efectuar diariamente antes e despois das clases e ademais de que a asistencia á acción formativa implica o aloxamento no concello en que ten lugar a súa impartición, en horario de mañá e tarde.

m) Que, para o suposto de solicitar a axuda por conciliación, esta é consecuencia do coidado de fillos/as menores e/ou persoas acollidas menores de doce anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao.

2. A concesión das subvencións vencelladas coas bolsas e axudas recollidas nesta orde realizarase sobre a base da declaración responsable prevista neste artigo, sen prexuízo das comprobacións que poidan ser realizadas con posterioridade pola unidade administrativa correspondente.

Para os efectos das posteriores comprobacións, a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos para cada bolsa ou axuda será a que se recolle no artigo 23 desta orde.

3. A presentación dunha declaración responsable falseando as condicións requiridas para a concesión da subvención ou ocultando as circunstancias que a impedisen ou limitasen, poderá ter a consideración dunha infracción nos termos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Considerarase como falseamento ou ocultación das circunstancias, o incumprimento do compromiso de manter os requisitos necesarios para ter dereito á subvención, a falta de documentación que o acredite e/ou o incumprimento da obriga de comunicar que se deixou de cumprir os requisitos exixibles, no prazo sinalado nesta orde.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) As persoas peticionarias das bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 da presente orde, relativas a persoas con discapacidade, persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, e membros integrantes de familias numerosas ou monoparentais, así como as peticionarias das axudas por conciliación reguladas no artigo 9, deberán achegar xunto coa solicitude o anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

b) No suposto de solicitar a bolsa de asistencia para membros integrantes de familias monoparentais, certificado emitido pola Consellería de Política Social e Xuventude acreditativo de que reúnen os requisitos para ser persoa beneficiaria da bolsa.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

I) DNI/NIE da persoa solicitante.

II) DNI/NIE da persoa representante.

III) A inscrición como persoa traballadora desempregada no Servizo Público de Emprego de Galicia, a data actual ou a data concreta, nos termos desta orde.

IV) Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, certificado da discapacidade da persoa solicitante recoñecida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

V) Para os casos concretos de solicitudes de bolsas de asistencia ou axudas por conciliación, consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.

VI) Nos casos que proceda, a inclusión da acción formativa solicitada e non caducada no que a persoa solicitante participa desde itinerario individual e personalizado de emprego (IPE), en coherencia co obxectivo profesional que nel se estableza, nos termos desta orde.

VII) Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas membros de familias numerosas, título de familia numerosa.

VIII) Para os casos concretos de solicitudes de bolsas de asistencia ou axudas por conciliación, consulta de datos de residencia con data da última variación de padrón da persoa solicitante e dos terceiros conviventes.

IX) Para o caso de solicitar a axuda por transporte público urbano ou interurbano, ou por transporte en vehículo propio, ou a axuda por manutención, o enderezo de intermediación laboral da persoa solicitante.

X) Para o caso específico de axudas á conciliación, de ser o caso, certificado do grao e nivel de dependencia da persoa que motiva a conciliación emitido pola Administración pública competente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro pertinente habilitado no formulario correspondente, anexos I e/ou II, e achegar os documentos acreditativos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dalgún dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 13 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal ou do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade correspondentes aos exercicios 2023 e 2024 (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).

    • Extracto da Orde do 13 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal ou do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade correspondentes aos exercicios 2023 e 2024 (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).

    • Orde do 9 de outubro de 2024 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 13 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal ou do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, correspondentes aos exercicios 2023 e 2024 (DOG nº 199 do 15 de outubro de 2024).

Outros procedementos relacionados

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301M

Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301P

Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas

Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR301R

Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.

Aberto todo o ano