Guía de procedementos e servizos

TR301V

Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 01/01/2020 00:00 - 21/12/2020 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego e obradoiros de emprego.

2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o día da entrada en vigor desta orde e o 31 de outubro de 2020 (ambos inclusive).

1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

2. Para os efectos do anterior, terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, nos supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: Bolsas e axudas que instrúe e tramita a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral: 981545693 / 981545695. Para accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia: 981545693 / 981545695

Fax: 981544604

http://traballo.xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881566 / 881881558

Fax: 881881576

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294284 / 982294279

Fax: 982294282

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense

Avda. da Habana, 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386105 / 988386225

Fax: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817064 / 986817087

Fax: 986817621

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: PECHADO

01/01/2020 00:00 - 21/12/2020 23:59

 Modificación finalización do prazo de presentación de solicitudes conforme a disposición derrogatoria publicada no DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020, a data final pasa a ser 21/12/2020.

Disposición transitoria segunda. Presentación de solicitudes ao abeiro da orde anterior

O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 será dun mes desde a incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

Disposición derrogatoria

Desde o día seguinte á publicación desta orde de convocatoria, derrógase a Orde do 21 de outubro de 2020 (DOG núm. 219, do 30 de outubro) pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 30 de novembro de 2020. 2. Por razóns organizativas as solicitudes presentadas como consecuencia da participación en accións formativas que comecen a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse a partir do 1 de xaneiro de 2020, respectando o prazo máximo dun mes establecido no punto anterior.

Modificase o prazo de presentación de solicitudes nos seguintes termos, segundo o previsto na ORDE do 21 de outubro de 2020 pola que se procede á ampliación dos prazos recollidos na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 .

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 31 de decembro de 2020

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A xustificación polas persoas solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude do anexo I (procedemento TR301V), referenciado no artigo 15 desta orde, e cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa interesada deberá presentar debidamente cuberto e asinado o formulario de solicitude do anexo I, con indicación expresa das bolsas ou axudas que vaia solicitar, e declarar que cumpre cos requisitos necesarios en cada caso para o recoñecemento do dereito á/s subvención/s que solicita, que no momento da solicitude dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.

1. Para os efectos das posteriores comprobacións, a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos por parte das persoas beneficiarias, que estas gardarán durante un prazo mínimo de 4 anos, nos termos do artigo 14 da Orde TMS 368/2019, do 28 de marzo, e que porán a disposición da Administración cando esta llelo requira, é a seguinte:

a) Bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 dirixidas a persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, segundo proceda:

• Libro de familia ou calquera documentación que acredite de forma suficiente o grao de parentesco.

• Documentación acreditativa de que a suma das rendas das persoas integrantes da dita unidade familiar ou de convivencia sexa inferior ao 75 % do IPREM.

Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, certificado acreditativo do grao de discapacidade emitido polo Imserso ou polo servizo autonómico correspondente.

No suposto de que o recoñecemento da discapacidade estea acreditado pola Xunta de Galicia, o dito certificado só deberá presentarse no caso de que a persoa interesada, conforme o disposto no artigo 20 da presente orde, se opoña á súa consulta.

b) Axuda por transporte en vehículo propio: documentación xustificativa de que non existe medio de transporte público entre o enderezo de intermediación laboral e o lugar en que a acción formativa se desenvolva ou, caso de existir este, que o horario regular do trasporte público non permite compatibilizalo co horario de realización da acción formativa.

c) Axuda á conciliación:

• Libro de familia ou calquera documentación que acredite de forma suficiente o grao de parentesco.

• Documentación acreditativa de que a suma das rendas das persoas integrantes da dita unidade familiar ou de convivencia sexa inferior ao 75 % do IPREM.

d) Axuda para mulleres vítimas de violencia de xénero: calquera dos seguintes documentos, con vixencia no momento de participación na acción formativa:

Certificación da orde de protección ou da medida cautelar correspondente, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar; certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local; sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na lei; certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local; informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios, ou informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social, segundo sexa o caso.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nesta orde. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. As unidades administrativas competentes, efectuarán labores de control e verificación do cumprimento dos requisitos necesarios para beneficiarse das referidas bolsas e axudas, nos termos que sinale ao respecto a instrución que dite a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Se durante as referidas actividades de control e verificación se concluíse que unha persoa beneficiaria presentou unha declaración responsable falseando as condicións requiridas para a concesión da subvención ou ocultando as circunstancias que a impedisen ou limitasen, ademais da consecuente perda do dereito á percepción da subvención, poderá ter a consideración dunha infracción nos termos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Comprobación de datos

1. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.

I) DNI/NIE da persoa solicitante.

II) DNI/NIE da persoa representante.

III) A inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoa traballadora desempregada, nos termos desta orde.

IV) Para o caso de solicitar a axuda por transporte en vehículo propio ou a axuda por manutención, o enderezo de intermediación laboral da persoa solicitante.

V) Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, certificado da discapacidade da persoa solicitante recoñecida pola Xunta de Galicia.

VI) Nos casos que proceda, a inclusión da acción formativa, solicitada e non caducada, en que a persoa traballadora desempregada participa, desde o itinerario individual e personalizado de emprego (IPE), en coherencia co obxectivo profesional que nel se estableza, nos termos desta orde.

VII) Para o suposto das bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 (persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego) e de axudas por conciliación, certificado de empadroamento, convivencia ou residencia de toda a unidade familiar nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

VIII) Para o caso específico de axudas á conciliación, de ser o caso, certificado de dependencia da persoa que motiva a conciliación emitido pola Administración pública competente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os pertinentes documentos acreditativos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Para a oposición expresa á comprobación automática dos datos a que se refiren os puntos 1.VII e 1.VIII do presente artigo, xunto coa solicitude deberá achegarse debidamente cuberto o modelo de comprobación recollido como anexo II da presente orde. Caso de que exista oposición á consulta as persoas solicitantes deberán achegar a dita documentación.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021 (DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020),

    • Orde do 21 de outubro de 2020 pola que se procede á ampliación dos prazos recollidos na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (DOG nº 219 do 30 de outubro de 2020).

    • Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

    • Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

    • Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V) (DOG nº 237 de 13 de decembro de 2019)

    • Extracto da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V) (DOG nº 237 de 13 de decembro de 2019).

    • Orde do 17 de abril de 2020 pola que se establecen medidas de flexibilidade para a impartición de accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego, ante a suspensión temporal das accións de formación presenciais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19) (DOG nº 81 do 28 de abril de 2020).

    • Corrección de erros. Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (DOG nº 82 do 29 de abril de 2020).

Outros procedementos relacionados

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301M

Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301P

Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas

Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR301R

Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.

Aberto todo o ano