Guía de procedementos e servizos

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 03/01/2024 00:00 - 31/12/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Regular as axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero establecidas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual e/ou explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, dominación e/ou explotación, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Mulleres que sofren violencia de xénero

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999164

Fax: 981957690

Email: vx.igualdade@xunta.es

http://www.mulleresengalicia.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881091/ 881881092

Fax: 981182352

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70 - 4ª planta

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294262/ 982294355

Fax: 982889169

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, nº 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386793/ 988386799

Fax: 988386843

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8-1

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817658

Fax: 986817399

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

03/01/2024 00:00 - 31/12/2024 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2024.

1. Serán requisitos necesarios para poder ser persoa beneficiaria:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación.

Para os efectos desta axuda tamén terán a consideración de vítimas de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.

b) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, no caso de mulleres estranxeiras, ter residencia legal en España.

A residencia legal en España acreditarase mediante a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, no caso de mulleres nacionais dos Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou da Confederación Suíza, ou coa tarxeta de familiar de cidadán da Unión ou autorización de residencia, en calquera das súas modalidades, no caso de mulleres estranxeiras doutra nacionalidade. Tamén poderá acreditarse a residencia legal en España coa autorización provisional de residencia expedida pola autoridade que sexa competente para outorgar a autorización de residencia por circunstancias excepcionais, mentres se resolve sobre esta última autorización.

c) Ter cesado a convivencia co agresor ou a vinculación coa/s persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

O intervalo temporal establecido no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.

Nos casos de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de doce (12) meses, tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.

d) Que o documento acreditativo da situación de violencia de xénero fora adoptado ou emitido no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

O intervalo temporal establecido no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.

No caso de acreditar a situación de violencia de xénero cunha orde de protección ou medida cautelar, esta deberá estar vixente na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda.

e) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

2. A solicitante deberá reunir na data de solicitude e manter ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados no punto anterior.

3. Non poderán ser persoas beneficiarias da axuda prevista nestas bases reguladoras as mulleres que, reunindo estes requisitos, xa percibiran con anterioridade esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Lugar e forma de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero derivada dunha relación de convivencia, de violencia vicaria ou dunha situación de dominación e/ou explotación, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, mediante algún dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada polo/a letrado/a da Administración de xustiza da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero ou documento xudicial que declare que a muller é vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou vítima de explotación sexual.

3º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero ou de trata con fins de explotación sexual e/ou explotación sexual, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.

4º. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de violencia de xénero, ou de trata con fins de explotación sexual e/ou explotación sexual.

5º. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación e/ou explotación, respectivamente.

6º. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a condición de vítima de violencia de xénero, de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación e/ou explotación, respectivamente.

Cando a condición de vítima de violencia de xénero, ou de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou de explotación sexual, se acredite mediante algún dos documentos previstos nos puntos anteriores e non conste que a situación de violencia ocorre nunha relación de convivencia ou nunha relación de dominación e/ou explotación, respectivamente, deberá achegarse, ademais, un informe dos servizos sociais da Administración autonómica ou local que o acredite ou, na súa falta, a declaración responsable da solicitante, recollida no anexo I de solicitude. En todo caso, deberá constar a data en que tivo lugar o cesamento da convivencia co agresor ou da vinculación con persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, respectivamente.

b) Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso, segundo o previsto no artigo 6 desta resolución.

c) No caso de discapacidade da solicitante e/ou das/dos súas/seus fillas/os menores ou menores acollidas/os, a cargo da solicitante, deberá achegar certificación acreditativa de tal condición, se fose expedida por outra Administración distinta á Xunta de Galicia.

d) No caso de que a solicitante teña ao seu cargo fillas/os menores ou menores acollidas/os, deberá achegar a seguinte documentación:

1º. Documentación para acreditar o vínculo familiar: libro de familia ou outro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante coas/cos menores ao seu cargo.

No caso de menores acollidas/os a cargo, deberán achegar a resolución administrativa ou xudicial acreditativa da dita situación, nos supostos en que esta fose expedida por unha Administración distinta á Xunta de Galicia.

2º. Documentación para acreditar que as/os menores están ao seu cargo: se houbese convivencia cas/os menores a cargo, presentarase a resolución xudicial de custodia, informe dos servizos sociais, certificado de empadroamento colectivo onde consten todos os membros da unidade familiar ou calquera outra documentación que acredite as responsabilidades familiares e a convivencia.

De non existir convivencia, presentarase o convenio regulador ou resolución xudicial en virtude dos cales exista obriga de alimentos.

Considerarase que existe convivencia naqueles supostos en que a dita convivencia se atope interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero. Esta situación deberase acreditar a través de informe dos servizos sociais da Administración pública autonómica ou local.

e) Anexo II de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, de ser o caso.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. As solicitantes deberán comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.

e) Datos de residencia con data de última variación de padrón.

f) Importes de prestación de desemprego percibidos a data actual.

g) Importes de prestación de desemprego percibidos nun período.

h) Certificado de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (área de Galicia).

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Resolución administrativa de acollemento familiar emitida pola Xunta de Galicia.

b) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da solicitante e/ou das/dos fillas/os menores a cargo e/ou menores en acollida a cargo.

c) Grao e nivel de dependencia da solicitante e/ou das/dos fillas/os menores a cargo

e/ou menores en acollida a cargo.

d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia (Risga).

e) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal, maternidade e paternidade.

f) Certificado da renda (IRPF)

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2007).

    • Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 140 do 26 de xullo de 2016).

    • Lei 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2021).

    • Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2024).

    • Orde do 24 de setembro de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 188 do 30 de setembro de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434B

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59