Guía de procedementos e servizos

SI437B

Premio Comunicar en Igualdade.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 01/03/2019 00:00 - 16/09/2019 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O obxecto do premio é recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.

Trátase de premiar as boas prácticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero.

2. A concesión do premio rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.

Modalidades.

1. O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:

a) Premio para profesionais do xornalismo.

b) Premio para o alumnado universitario.

2. Non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Premio para profesionais do xornalismo.

1. Nesta categoría premiaranse os mellores traballos informativos ou serie de pezas elaboradas individual ou colectivamente, segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre a violencia de xénero.

2. Os traballos orixinais (isto é, que proveñan directamente do seu autor/a, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra) e en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual. Poderán presentarse informacións, crónicas, entrevistas, artigos de opinión, reportaxes fotográficas, documentais ou similares; xa publicados ou emitidos nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego durante o ano 2018 e en 2019 ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Cada participante poderá presentar un único traballo.

4. Establécense 3 categorías de premios:

– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de seis mil euros (6.000 €).

– Un segundo premio cunha dotación económica de tres mil euros (3.000 €).

– Un terceiro premio cunha dotación económica de dous mil euros (2.000 €).

Nestas cantidades efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.

Premio para alumnado universitario.

1. Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso 2018/19.

2. O premio outorgarase aos mellores traballos de tipo xornalístico segundo criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual. Valorarase que o traballo fora emitido ou publicado nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego durante o ano 2018 e en 2019 ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Cada participante poderá presentar un único traballo.

4. Establécense 3 categorías de premios:

– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de catro mil euros (4.000 €).

– Un segundo premio cunha dotación económica de dous mil euros (2.000 €).

– Un terceiro premio cunha dotación económica de mil euros (1.000 €).

Nestas cantidades efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.

- Profesionais do xornalismo.

- Alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso 2018/19.

Obrigas das persoas beneficiarias, compatibilidade e reintegro.

1. As persoas beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectúe a Secretaría Xeral da Igualdade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.

2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.

3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos correspondentes xuros de mora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Apoio Técnico-Administrativo

San lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545362

Email: xestion.igualdade@xunta.gal

http://www.mulleresengalicia.es

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

01/03/2019 00:00 - 16/09/2019 23:59

O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases e convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 16 de setembro de 2019.

Non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1. As persoas interesadas deberán achegar a solicitude segundo o modelo que figura como anexo I a esta resolución.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Documentación necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Breve currículo do autor ou autora do traballo, no que debe aparecer o enderezo, teléfono e correo electrónico de contacto. Para o caso de profesionais do xornalismo, no artículo tamén deberán facer constar o número de colexiación no colexio oficial de xornalistas que corresponda.

b) Memoria xustificativa que resuma e explique o traballo que se presenta, cunha extensión máxima de 5 páxinas en DIN A4, por unha soa cara, con letra arial 12 e cun interliñado sinxelo.

c) No caso de traballos impresos deberá presentarse unha copia en soporte papel e CD. Para o caso de traballos audiovisuais achegarase unha copia en CD/DVD. No caso de traballos gráficos poderá presentarse unha serie, cun máximo de 5 fotografías, indicando a súa orde, en soporte CD, formato JPG de alta resolución, mínimo 300dpi. Para os traballos dixitais indicarase a URL onde está publicado o traballo e, en caso de non estar dispoñible a través da rede, presentarase un documento PDF en soporte CD.

Ademais, de ser o caso, deben incluírse os datos da publicación (medio de comunicación e data de aparición).

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Condición de estudante matriculado/a no SUG no curso 2018/19.

d) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias que constan en poder da Administración autonómica.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas coa Seguridade Social que constan en poder da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Certificado de non estar incurso/a en inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Premio Comunicar en Igualdade para o ano 2019 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Premio Comunicar en Igualdade para o ano 2019 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2019).

    • Resolución do 24 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se adxudica o Premio Comunicar en Igualdade para o ano 2019 (DOG nº 215 do 12 de novembro de 2019).

Outros procedementos relacionados

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/01/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

SI434B

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59