Guía de procedementos e servizos

SI434A

Axuda periódica de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 03/01/2018 00:00 - 02/01/2019 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución, co código de procedemento SI434A, ten por obxecto á convocatoria para o ano 2018 das axudas económicas individuales de carácter periódico de apoio a  mulleres que sofren violencia de xénero, reguladas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento  integral da  violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

2. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Contía das axudas.

1. A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, de acordo coas seguintes especificacións:

1.1. Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.

b) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade ≥8805; 33 %: 650 euros/mes.

c) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥8805; 33 %: 700 euros/mes.

d) Cando a vítima teña ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 700 euros/mes.

e) Cando a vítima teña ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥8805; 33 %: 800 euros/mes.

f) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥8805; 65 % ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.

1.2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

a) Con carácter xeral: 300 euros/mes.

b) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade ≥8805; 33 %: 350 euros/mes.

c) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 400 euros/mes.

d) Cando a vítima teña ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 400 euros/mes.

e) Cando a vítima teña ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥8805; 33 %: 500 euros/mes.

f) Cando a vítima teña ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65 % ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.

2. Non se considerarán a cargo as/os menores emancipados e/ou con ingresos mensuais brutos superiores ao IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

O procedemento de concesión segue o réxime de concorrencia non competitiva, polo que se recoñecerán axudas ata o esgotamento do crédito orzamentario

Mulleres que sofren violencia de xénero.

Obrigas das beneficiarias.

1. As beneficiarias quedan sometidas ao cumprimento das obrigas exixidas de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral da Igualdade. Así mesmo, quedan obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

2. As beneficiarias quedan obrigadas a comunicarlle ao órgano concedente calquera cambio das circunstancias que xustificaron a concesión da axuda, tan pronto como se produzan e, en todo caso, a actualizar e remitirlle con carácter semestral as declaracións responsables recollidas no anexo II.

3. As beneficiarias quedan obrigadas a manter a residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia durante a percepción da axuda, agás aquelas mulleres que, por motivos de seguridade derivados da situación de violencia de xénero ou/e de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, se vexan obrigadas ao traslado a outra comunidade autónoma do territorio nacional, sempre que se xustifique esta circunstancia a través dun informe dos servizos de acollida ou dos servizos sociais, da Administración pública galega autonómica ou local, ou de informe xudicial, do Ministerio Fiscal ou das forzas e corpos de seguridade, así como a comunicar, con carácter previo, calquera cambio de enderezo que se produza durante o mesmo período.

4. As beneficiarias quedan obrigadas a participar nos programas de formación, inserción laboral, busca activa e mellora de emprego, así como en calquera outro que determine a Secretaría Xeral da Igualdade, directamente ou en colaboración con outras administracións ou entidades.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957699

Fax: 981957690

Email: vx.igualdade@xunta.es

http://www.mulleresengalicia.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881255

Fax: 981182352

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294262

Fax: 982889169

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386799

Fax: 988386843

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8-1

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817820

Fax: 986817399

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

03/01/2018 00:00 - 02/01/2019 23:59

Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberto con carácter permanente durante todos os exercicios.

1. Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación. Estas condicións acreditaranse con algún dos documentos establecidos no artigo 7.2.a) desta resolución, emitido no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude e, de ser o caso, cun informe dos servizos sociais da Administración pública autonómica ou local, ou das forzas e corpos de seguridade para o caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual.

b) Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

c) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia.

No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.

d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sexan de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

2. A solicitante deberá reunir na data de solicitude e manter, ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados no punto anterior.

3. Non poderán ser beneficiarias da axuda prevista nestas bases reguladoras as mulleres que, reunindo estes requisitos, xa percibisen con anterioridade esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

  • A solicitude da axuda deberá presentarse no modelo anexo I, xunto coa seguinte documentación:

    • a) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero derivada de convivencia ou de situación de dominación no caso de vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, mediante algún dos documentos seguintes:

      • 1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

      • 2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero ou documento xudicial que declare que a muller é vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

      • 3º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia e /ou de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.

      • 4º. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

      • 5º. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.

      • 6º. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.

        Os documentos acreditativos da situación de violencia anteditos deben de estar adoptados ou emitidos no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Así mesmo, a orde de protección ou a medida cautelar terán que estar vixentes na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda.

        No caso de que para a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero se presente algún dos documentos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3 anteditos e non conste que a situación de violencia ocorre nunha relación de convivencia, deberase achegar, ademais, un informe dos servizos sociais da Administración autonómica ou local que o acredite ou, na súa falta, a declaración responsable da solicitante, recollida no anexo I da solicitude. En ambos os casos, deberá constar a data en que tivo lugar o cesamento da convivencia. No caso de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de doce (12) meses, tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.

    • b) Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio,...), segundo o previsto no artigo 6.3 desta resolución.

    • c) No caso de discapacidade da solicitante e/ou das/os súas/seus fillas/os menores ou menores acollidos a cargo da solicitante, copia cotexada da certificación acreditativa de tal condición, se foi expedida por outra Administración distinta á Xunta de Galicia.

    • d) Acreditación de fillas/os menores a cargo, a través da copia cotexada do libro de familia e/ou calquera outro documento que acredite que as/os fillas/os están ao seu cargo (informe de servizos sociais, certificado de empadroamento conxunto, resolución xudicial de custodia,...), de ser o caso.

      No caso de que a solicitante teña ao seu cargo menores en situación de acollemento, deberá achegar copia cotexada da resolución administrativa ou xudicial acreditativa da dita situación, nos supostos en que esta fose expedida por unha Administración distinta á Xunta de Galicia.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • As solicitantes deberán comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 59 do 24 de marzo de 2017).

    • Corrección de erros. Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2017).

    • Resolución do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2017 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2017).

    • Resolución do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Corrección de erros. Resolución do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2018).

    • Resolución do 1 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (DOG nº 151 do 8 de agosto de 2018).

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434B

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 23/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59