Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI433B
Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
O presente decreto ten por obxecto a regulación dos requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do recoñecemento destes centros.
Da modificación dos elementos materiais, persoais e funcionais do CIM.
1. Os CIM deberán comunicar calquera variación de datos mediante a correspondente modificación na aplicación informática, así como as modificacións relativas ao persoal, instalacións e outras que poidan afectar o cumprimento dos requisitos establecidos neste decreto para o recoñecemento do CIM ou que no seu momento sustentaron a acreditación do CIM. O órgano competente en materia de igualdade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia deberá comprobar que se continúan cumprindo os requisitos establecidos neste decreto considerando esas modificacións. Para esta comprobación poderá requirir a documentación xustificativa e as aclaracións necesarias á entidade interesada, para o cal concederá un prazo de dez días hábiles.
2. Se non for necesario achegar ningunha documentación ou a modificación non afectar o cumprimento dos requisitos deste decreto, ou, achegada a documentación dentro do prazo establecido, esta acreditase o cumprimento dos requisitos, o cambio será validado polo órgano competente en materia de igualdade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación informática. Non obstante, transcorrido o prazo establecido sen terse achegado a documentación ou logo de comprobar que non se cumpren os requisitos necesarios, poderá iniciarse o procedemento de extinción de acordo co establecido nos artigos 19 e 20 deste decreto.
Da extinción do recoñecemento dos CIM.
O recoñecemento dun CIM poderá extinguirse por solicitude da entidade interesada ou de oficio polo órgano competente en materia de igualdade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
As causas que poderán motivar o inicio da extinción de oficio son:
a) A perda das condicións e requisitos exixidos ou o incumprimento das obrigas contraídas, recollidas neste decreto.
b) A suspensión da actividade do centro por un período superior a tres meses se a inactividade é total ou por un período superior a cinco meses se afecta a algún requisito illado dos exixidos por este decreto.
c) A prestación do servizo no mesmo ámbito territorial por outro CIM, de acordo co establecido no artigo 3.4.
d) O incumprimento das obrigas de actualización de datos e colaboración na achega da información á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia establecidas no artigo 14.
A extinción do recoñecemento dos CIM non extingue a posible responsabilidade pendente por parte das entidades de que dependan ou do persoal ao seu servizo.
Calquera persoa usuaria que, individual ou colectivamente, os solicite.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Servizo de Apoio Técnico-Administrativo
San lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545362
Email: xestión.igualdade@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 24 de Outubro de 2016.
Solicitude segundo o Anexo II
- Inicio
- Solicitude
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2016).
-
Corrección de erros. Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano