Guía de procedementos e servizos

SA454A

Posta no mercado de produtos alimenticios

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento

Regular o procedemento para comunicar a posta no mercado, o cese ou a modificación (empresa, etiqueta, ingrediente...) nalgúns produtos específicos tales como complementos alimenticios ou produtos alimenticios destinados a certos grupos de poboación (preparados para lactantes, preparados de continuación, alimentos para usos médicos especiais), por parte dunha industria/establecemento inscrito no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos.

Os representantes/titulares das industrias.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Servizo de Seguridade Alimentaria

San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542937/ 881542938

Fax: 881542970

Servizo de Seguridade Alimentaria
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Tramitación, estudo ou avaliación das comunicacións de posta no mercado nacional de complementos alimenticios e alimentos para grupos específicos de poboación. ( 31.12.15)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Presentación electrónica obrigatoria das comunicacións

1. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenita a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emenide a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación.

- Solicitude segundo o Anexo I.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

a) Xustificante acreditativo do pagamento da taxa de inscrición, modificación ou cesamento da actividade económica, segundo o caso.

Poderase facer o pago das taxas na oficina virtual de Atriga empregando os seguintes códigos:

Consellería: 11 SANIDADE

Delegación: 13 SERVIZOS CENTRAIS

Servizo: 08 SAÚDE PÚBLICA

Taxa: Tramitación, estudo ou avaliación das comunicacións da posta no mercado nacional de complementos alimenticios e alimentos para grupos específicos de poboación: Primeira posta no mercado / modificación da primeira: 31.12.15

2. Comunicación segundo o Anexo I.

  • Exemplar actualizado da etiqueta, o envase e o prospecto (coa composición, características e modo de emprego) cos que o produto vai ser comercializado en España.

    O formulario será único, se non hai cambios de composición (á parte dos aromas), cando se comuniquen distintos sabores ou distinto tamaño de envase.

  • Documento acreditativo da representación que ostente, no caso de persoas xurídicas.

Outra documentación adicional (No caso de que o produto non se axuste a lexislación nacional, pero fose comercializado noutro Estado Membro da Unión Europea, serán de aplicación os principios de recoñecemento mutuo (RM), en virtude do establecido nos artigos 34 e 36 do tratado de Funcionamento da Unión Europea). Nestes casos, a empresa deberá entregar:

    • A documentación acreditativa de que o produto foi comunicado ante as autoridades competentes doutro Estado Membro e comercializado previamente na Unión Europea de forma legal.

      A acreditación da comercialización debe consistir en documentos comerciales (facturas, etc.) que evidencien a comercialización efectiva do produto alimenticio no país de RM.

    • Un exemplar da etiqueta, envase e o prospecto nese país donde tivo lugar a comunicación.

    3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta das plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

    De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

    4. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

    As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

    Comprobación de datos.

      1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

      a) DNI/NIE da persoa comunicante.

      b) DNI/NIE da persoa representante.

        2. No caso de que as persoas opóñanse á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

        c) NIF da entidade comunicante.

        Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

        3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

          Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación.

            Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da comunicación, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

              Despois de presentar

              Prazo de resolución:

              Tres meses

              Sentido do silencio:

              Positivo

              Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

              Normativa
              • Ámbito Autonómico
                • Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

              • Ámbito Estatal
                • Real Decreto 1487/2009, do 26 de setembro, relativo aos complementos alimenticios (BOE nº 244 do 9 de outubro de 2009)

                • Real Decreto 130/2018, do 16 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 1487/2009, do 26 de setembro, relativo aos complementos alimenticios (BOE nº 75 do 27 de marzo de 2018).

                • Real Decreto 1412/2018, do 3 de decembro, polo que se regula o procedemento de comunicación de posta no mercado dos alimentos para grupos específicos de poboación (BOE nº 312, de 27 de decembro de 2018)

              • Ámbito Europeo
                • Regulamento (UE) nº 1161/2011 da Comisión, do 14 de novembro de 2011, pola que se modifican a Directiva 2002/46/CE do Parlamento Europeo e do Consello, o Regulamento (CE) nº 1925/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e o Regulamento (CE) nº 953/2009 da Comisión no relativo ás listas de substancias minerais que poden engadirse aos alimentos (DOUE nº L 296/29 do 15 de novembro de 2011)

                • Regulamento (CE) nº 1924/2006, relativo relativo ás declaracións nutricionais e de propiedades saudables nos alimentos (DOUE nº L 404/9, do 30 de decembro de 2006)

                • Regulamento (UE) No 609/2013 do Parlamento Europeo e do Conselo de 12 de xuño de 2013 relativo aos alimentos destinados aos lactantes e nenos de curta idade, os alimentos para usos médicos especiais e os substitutivos da dieta completa para o control de peso e polo que se derrogan a Directiva 92/52/CEE do Consello, as Directivas 96/8/CE, 1999/21/CE, 2006/125/CE e 2006/141/CE da Comisión, a Directiva 2009/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello e os Regulamentos (CE) No 41/2009 e (CE) No 953/2009 da Comisión (DOUE nº L 181/35, do 29 de xuño de 2013)

                • Regulamento delegado (UE) 2016/128 da Comisión, do 25 de setembro de 2015, que complementa o Regulamento (UE) nº 609/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta a os requisitos específicos de composición e información aplicables aos alimentos para usos médicos especiais (DOUE nº L 25/30 do 2 de febreiro de 2016)

                • Regulamento Delegado (UE) 2021/1040 da Comisión, do 16 de abril de 2021, polo que se modifica o Regulamento Delegado (UE) 2016/128 no que respecta a os requisitos sobre os praguicidas nos alimentos para usos médicos especiais desenvolvidos para satisfacer as necesidades nutricionais dos lactantes e nenos de pouca idade (DOUE nº 225, do 25 de xuño de 2021)

                • Regulamento delegado (UE) 2016/127 da Comisión, do 25 de setembro de 2015, que complementa o Regulamento (UE) nº 609/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta a os requisitos específicos de composición e información aplicables aos preparados para lactantes e preparados de continuación, así como aos requisitos de información sobre os alimentos destinados aos lactantes e nenos de pouca idade. (DOUE nº L 25/1, do 2 de febreiro de 2016)

                • Regulamento (UE) 2019/515 do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de marzo de 2019, relativo ao recoñecemento mutuo de mercadorías comercializadas legalmente noutro Estado membro e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 764/2008 (DOUE nº L 91/1, do 29 de marzo de 2019)

                • Regulamento de execución (UE) 2018/775 da Comisión, do 28 de maio de 2018, polo que se establecen disposicións de aplicación do artigo 26, apartado 3, do Regulamento (UE) nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor, no que se refire ás normas para indicar o país de orixe ou o lugar de procedencia do ingrediente primario dun alimento (DOUE nº L 131/8, do 29 de maio de 2018)

                • Regulamento (UE) 2015/2283 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2015 ,relativo aos novos alimentos, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello e derróganse o Regulamento (CE) nº 258/97 do Parlamento Europeo e do Consello e o Regulamento (CE) nº 1852/2001 da Comisión (DOUE nº L 327/1, do 11 de decembro de 2015)

                • Regulamento de execución (UE) 2017/2470 da comisión, do 20 de decembro de 2017, polo que se establece a lista da Unión de novos alimentos, de conformidade co Regulamento (UE) 2015/2283 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo aos novos alimentos (DOUE nº L 351/72, do 30 de decembro de 2017)

                • Regulamento (CE) Nº 1925/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 2006, sobre a adición de vitaminas, minerais e outras substancias determinadas aos alimentos (DOUE nº L 404/26, do 30 de decembro de 2016)

                • Regulamento (UE) Nº 432/2012 da Comisión, do 16 de maio de 2012 polo que se establece unha lista de declaracións autorizadas de propiedades saudables dos alimentos distintas das relativas á redución do risco de enfermidade e ao desenvolvemento e a saúde dos nenos (DOUE nº L 136/1, do 25 de maio de 2012)

              Descargar o contido desta ficha en formato PDF

              Outros procedementos relacionados

              MR203B

              Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

              Tramitar en liña

              Aberto todo o ano

              MR435D

              Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

              Tramitar en liña

              Aberto todo o ano

              MR553C

              Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

              Tramitar en liña

              Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

              MR561A

              Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

              Tramitar en liña

              Aberto todo o ano