Guía de procedementos e servizos

PR990A

Axudas ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 16/06/2018 00:00 - 16/07/2018 23:59

Presidencia da Xunta de Galicia

Sobre o procedemento

As Axudas a Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (Código de procedemento PR990A) teñen por obxecto fomentar a estabilidade e consolidación das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e aquelas outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea.

1. Poderán solicitar as axudas as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación

xacobea.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias entidades nas que concorra algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes.

3. Non se permitirá a presentación de solicitudes conxuntas por varias entidades.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996253 / 881996264

Email: cultura.xacobea@xacobeo.org

http://www.caminodesantiago.gal.

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

16/06/2018 00:00 - 16/07/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. Para poder obter axuda, os proxectos presentados deberán reunir os seguintes requisitos:

a) O proxecto debe estar tecnicamente completo, de xeito que a documentación que se achegue xustifique e explique suficientemente a súa formulación.

b) Deberá fundamentar a súa necesidade social ou insuficiencia de cobertura, no caso da existencia de programas públicos ou privados desenvoltos coa mesma finalidade.

c) O proxecto deber ser viable, tanto en termos de execución económica como social.

d) Deberá contar cunha capacidade técnica, organizativa e de xestión axeitada para levar a cabo o proxecto a realizar.

e) Valorarase a implantación dun sistema de control e avaliación das actividades propias da entidade, mediante o establecemento de indicadores que permitan medir o grao de cumprimento dos obxectivos.

f) Nos proxectos relacionados coa sinalización do trazado do Camiño de Santiago ésta deberá axustarse as directrices adoptadas polo Consejo Jacobeo e no caso de Galicia consonte a ORDE do 5 de novembro de 2015 publicada no DOG nº 220 do mércores, 18 de novembro de 2015. Dita sinalización deberá contar coa aprobación da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

2. Actividades non subvencionables:

a) Andainas, comidas e aloxamento que, non formando parte do proxecto presentado ao abeiro destas bases, teñan como participantes aos socios das asociacións ou entidades.

b) Asistencia dos socios da asociación ou entidade a simposios, reunións, feiras ou congresos que, non formando parte do proxecto presentado ao abeiro destas bases, teña como finalidade a mera asistencia aos eventos.

c) Aquelas que, non formando parte do proxecto presentado ao abeiro destas bases,

teñan como finalidade o financiamento dos gastos correntes da asociación, alugueres de

locais, subministración, etc.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

    • a) Escritura de valida constitución da Asociación ou Entidade co seu obxecto social. Os solicitantes estranxeiros deberán achegar a documentación equivalente que acredite a condición de asociación conforme as exixencias da lexislación vixente no país do solicitante.

    • b) Poder de representación da persoa representante.

    • c) Memoria descritiva do proxecto presentado á liña 1.

    • d) Memoria descritiva do proxecto presentado á liña 2.

    • e) Memoria descritiva do proxecto presentado á liña 3.

    • f) Presentación da relación de gastos orzamentados no proxecto presentado á liña 1.

Anexo IV. Non se admitirán os gastos que non figuren nesta relación.

  • g) Presentación da relación de gastos orzamentados no proxecto presentado á liña 2.

Anexo IV. Non se admitirán os gastos que non figuren nesta relación.

  • h) Presentación da relación de gastos orzamentados no proxecto presentado á liña 3.

Anexo IV. Non se admitirán os gastos que non figuren nesta relación.

  • i) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras, documento equivalente ao NIF da

  • entidade solicitante.

  • j) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras documento equivalente ao DNI ou

  • NIE da persoa representante.

  • k) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras deberán presentar un certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia (artigo 10º.4 do Decreto 11/2009) acompañado da súa tradución legal ao galego ou español.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante no caso de representación.

  • c) Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

  • d) Certificado de estar ao corrente de pagamento da Seguridade Social.

  • e) Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca facenda autonómica da Xunta

  • de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de asociacións ou entidades estranxeiras a documentación relacionada nas liñas a) e b) do Artigo 8.1 substituirase pola presentación de documento equivalente e nas liñas c), d), e e) do Artigo 8.1 poderá substituírse por un certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia (artigo 10º.4 do Decreto 11/2009) acompañado da súa tradución legal ao galego ou español.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de asociacións ou entidades estranxeiras co fin de proceder a solicitude e tramites por medios electrónicos designarán un representante con firma dixital en España.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma  indicada no paragrafo anterior.

A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio do 28 de maio de 2018 sobre a convocatoria de axudas ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago (DOG nº 114 do 15 de xuño de 2018).

    • Extracto do Anuncio do 28 de maio de 2018 sobre a convocatoria de axudas ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago (DOG nº 114 do 15 de xuño de 2018).

    • Bases da convocatoria das entregas dinerarias sen contraprestación da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128A

Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128B

Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT142A

Premios da Cultura Galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/07/2025 00:00 - 08/09/2025 23:59