Guía de procedementos e servizos

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Establecer o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (código do procedemento administrativo: IF500A). Defínense no presente procedemento a tipoloxía de eventos autorizables e os criterios xerais que regularán a autorización da celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se van desenvolver nos portos suxeitos á xestión da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Podrán formalizar la solicitud personas jurídicas y las entidades sin personalidad jurídica públicas o privadas. No es posible su presentación por parte de personas físicas.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

Rúa Pastor Díaz, nº 13, 1º

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982828426

Email: zonanorte@portosdegalicia.com

zonanorte@portosdegalicia.com

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Portos de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación é a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, o cal quedará aberto desde a mencionada data.

As solicitudes terán que ser presentadas coa antelación mínima á realización do espectáculo público ou actividade recreativa indicada na condición oitava.

1. Para que a solicitude poida ser tida en conta, en xeral, deberá ser presentada cunha anterioridade mínima de dous (2) meses ao inicio do evento, contado desde o primeiro día en que se solicite a ocupación do espazo portuario.

No caso concreto de espectáculos deportivos vinculados á náutica (espectáculo público I.5), as solicitudes deberán presentarse, polo menos quince (15) días hábiles antes da celebración do evento ou do inicio da montaxe das instalacións que sexan necesarias, se é o caso.

Unicamente poderán ser admitidas a trámite as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido na convocatoria pública cando se trate de eventos promovidos e/ou patrocinados por administracións publicas ou corporacións que participen desta natureza, sempre que se xustifique que teñan un carácter sobrevido dificilmente previsible. Neste caso, o solicitante deberá achegar, na memoria de actividade anexa á solicitude, xustificación da excepcionalidade da causa que xustifique a presentación fóra de prazo. Portos de Galicia valorará en cada caso a admisión a trámite da solicitude.

En todo caso, as solicitudes deberán presentarse como mínimo 5 días hábiles antes do inicio da ocupación, xa que, en caso contrario, non serán admitidas a trámite.

2. No suposto de que o solicitante teña previsto realizar máis dun evento anual no porto, poderase formalizar mediante unha petición única global por todos os eventos de características similares, presentando o proxecto ou documentación técnica común para todos os eventos, con inclusión das particularidades concretas de cada un deles no seu correspondente anexo.

3. Recibida a solicitude de autorización e a documentación anexa, Portos de Galicia analizará o cumprimento da normativa aplicable para os efectos da ocupación do dominio público portuario e requirirá, cando proceda, os solicitantes para a súa emenda. Entenderase que se desiste da solicitude cando o solicitante non atenda o requirimento de documentación realizado por Portos de Galicia para a emenda da documentación no prazo establecido para iso.

  • Autorización para a súa celebración en vías públicas ( 30.40.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) O proxecto e a documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade. Para estes efectos, enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación. O proxecto e a documentación técnica redactaraos e asinaraos persoa técnica competente. Incluirá plan de tráfico alternativo, no suposto de solicitar o corte de vías portuarias.

b) O plano do porto en que se indique a localización concreta do espectáculo público ou actividade para o que se solicita a autorización, no cal se especifique a extensión da zona de dominio público portuario que se vai ocupar e as datas e o prazo en que se pretende desenvolver. Deberá achegarse soporte gráfico no cal se identifiquen con claridade o ámbito e a superficie solicitada.

Poderá descargarse a cartografía de cada porto, con indicación de cada unha das zonas definidas nestas bases na ligazón: http://www.portosdegalicia.gal/solicitude_espectaculos

c) O documento acreditativo, asinado polo/a interesado/a, da designación da persoa física ou xurídica que asumirá a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos exixibles, achegando o anexo II debidamente cuberto.

d) Para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que requiran a montaxe de estruturas non permanentes desmontables será preciso xuntar o documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que asumirá a responsabilidade técnica da montaxe da instalación, achegando o anexo II debidamente cuberto.

e) Para a realización de espectáculos deportivos ou actividades recreativas náuticas que impliquen a ocupación da lámina de auga deberase achegar informe favorable da capitanía marítima, ou do distrito marítimo correspondente, ou xustificante de telo solicitado.

f.)Para a realización de lanzamento de fogos artificiais vinculados a festas e verbenas populares deberase achegar informe favorable da subdelegación de Goberno correspondente, ou xustificante de telo solicitado.

g)Se a actividade é organizada, total o parcialmente dentro do ámbito dunha zona concesionada ou autorizada, por alguén diferente do posuidor do título de ocupación, deberá de achegar declaración de conformidade do titular da concesión ou autorización, empregando o formulario do anexo IV.

h) Cando se trate de espectáculos públicos ou actividades recreativas que teñan unha singularidade, arraigo popular no ámbito territorial onde se desenvolven ou valor cultural que precisen da instalación de carpas ou espazos cubertos con superficie superior a 100 m2 en zonas de actividade portuaria media, deberá achegar informe do organismo público patrocinador do evento, xustificando a súa conformidade.

i) Xustificante de pagamento da taxa administrativa devindicada pola tramitación da solicitude, identificada co código 30.40.01, agás que este proceso se inicie e finalice electronicamente.

Se a entidade solicitante ten previsto organizar máis dun espectáculo público ou actividade recreativa nun porto dependente de Portos de Galicia, poderá realizar de xeito conxunto a solicitude de varios eventos que realice ao longo do ano. Neste caso, a fianza e seguros exixibles poderanse formalizar de forma única para todos eles sempre e cando as coberturas mínimas exixibles queden garantidas e o importe da fianza sexa o mínimo exixible para cada un dos eventos. Neste caso, ademais de indicar no modelo normalizado a totalidade dos eventos programados, con indicación das datas previstas, deberase achegar por cada evento a documentación indicada nos puntos anteriores.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Certificado de inscrición de asociacións.

c) Certificado acreditativo da xunta directiva de asociacións.

d) Consulta de apoderamentos (REAG).

e) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) NIF da entidade solicitante.

h) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

i) Certificado de domicilio fiscal.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).

    • LEI 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

    • Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia.

    • Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (código de procedemento IF500A). (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

    • Resolución do 17 de abril de 2023 pola que se modifica o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 100 do 29 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT115A

Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT116A

Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano