Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR990A
Axudas a Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Presidencia da Xunta de Galicia
As Axudas a Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (PR990A) teñen por obxecto fomentar a estabilidade e consolidación das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e aquelas outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea.
1. Poderán solicitar as axudas as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias entidades nas que concorra algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
Estrada Santiago - Noia, km 3 - A Barcia
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996253 / 881996264
Email: cultura.xacobea@xacobeo.org
Prazo de presentación: PECHADO
07/11/2017 00:00 - 07/12/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Para poder obter axuda, os proxectos presentados deberán reunir os seguintes requisitos:
a) O proxecto debe estar tecnicamente completo, de xeito que a documentación que se achegue xustifique e explique suficientemente a súa formulación.
b) Deberá fundamentar a súa necesidade social ou insuficiencia de cobertura, no caso da existencia de programas públicos ou privados desenvoltos coa mesma finalidade.
c) O proxecto deber ser viable, tanto en termos de execución económica como social.
d) Deberá contar cunha capacidade técnica, organizativa e de xestión axeitada para levar a cabo o proxecto a realizar.
e) Valorarase a implantación dun sistema de control e avaliación das actividades propias da entidade, mediante o establecemento de indicadores que permitan medir o grao de cumprimento dos obxectivos.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura de valida constitución da Asociación ou Entidade co seu obxecto social. Os solicitantes estranxeiros deberán achegar a documentación equivalente que acredite a condición de asociación conforme as exixencias da lexislación vixente no país do solicitante.
b) Poder de representación da persoa representante.
c) Memoria descritiva do proxecto e a súa valida cuantificación.
d) No caso de Entidades estranxeiras, declaración do/da presidente/a ou representante, conforme tributan no seu pais e non teñen obrigas tributarias ca Axencia Estatal de Administración Tributaria, Seguridade Social e Facenda Autonómica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante
b) DNI ou NIE da persoa representante no caso de representación
c) Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao corrente de pagamento da Seguridade Social.
e) Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca facenda autonómica da Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de entidades estranxeiras a documentación relacionada nas liñas a) e b) do número 1 desta Base substituirase pola presentación de documento equivalente e nas liñas c), d), e e) do número 1 desta Base poderá substituírse por unha declaración do/da presidente/a ou representante, conforme tributan no seu pais e non teñen obrigas tributarias ca Axencia Estatal de Administración Tributaria, Seguridade Social e Facenda Autonómica da Xunta de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de entidades estranxeiras (Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación) e nos supostos de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a prensentación electrónica, as solicitudes deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
No caso de entidades estranxeiras (Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación) e nos supostos de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a prensentación electrónica, a documentación deberá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. No caso de entidades estranxeiras (Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación) e nos supostos de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a prensentación electrónica, a documentación deberá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Anuncio do 27 de outubro de 2017 sobre a convocatoria de axudas a asociacións de amigos do Camiño de Santiago (DOG nº 210 do 6 de novembro de 2017).
-
Bases da convocatoria das entregas dinerarias sen contraprestación da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.
Prazo aberto: 21/02/2025 09:00 - 21/08/2025 14:00