Guía de procedementos e servizos

PR961A

Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 10/11/2021 00:00 - 23/11/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que tiveran en vigor polaSecretaría Xeral para o Deporte o recoñecemento coma Deportistas Galegos/as deAlto Nivel (DGAN) nalgún momento dos anos 2020 e 2021.

Valoraranse unicamente os resultados acadados entre o 1 de xaneiro e 31 dedecembro de 2020, de acordo aos requisitos do apartado 6 destas bases, encompeticións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitosestatal, europeo e/ou mundial das súas respectivas especialidades e probasdeportivas.

Co fin de facilitar a identificación dos formularios de inicio na sede electrónicada Xunta de Galicia, habilítase un enlace na Guía de procedementos e servizosco código PR961A.

Persoas deportistas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid, 2 - 4, 2º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Fax: 881996374

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

10/11/2021 00:00 - 23/11/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contando desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte, como Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2020 ou 2021. A única excepción que se terá en conta neste requisito será a de persoas deportistas galegas solicitantes que acrediten a condición de “deportista de apoio/deportista guía” de algunha persoa deportista practicante de modalidades/especialidades paralímpicas ou deporte adaptado que cumpra cos requisitos establecidos polos baremos dos apartados 6.3.1. ou 6.3.2, de xeito que sexa necesaria a participación do deportista guía/apoio na propia competición.

b)Tamén poderán optar a solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria as persoas que acaden unha resolución positiva na derradeira convocatoria de recoñecementos de Deportistas Galegos de Alto Nivel ao longo do ano 2021,sempre e cando esta se produza dentro do prazo de solicitude da presente convocatoria.

c) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade practicada conforme o apartado 6.3.1. ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.3.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.

d) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas solicitantes:

- Que teñan resolta favorablemente unha Axuda Reto Galicia Tokyo con Igualdade 2021 ao longo do presente ano 2021.

- Nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (r/ Madrid, 2-4, 2º (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), para o cal se habilita unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Non especificado

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2021) (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2021).

    • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL: SEGUNDA FASE: “AXUDAS DGAN 2021”

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE400A

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano