Guía de procedementos e servizos

PR961A

Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 06/10/2020 00:00 - 27/10/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social recolle o fomento do deporte de alta competición, convoca as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2020).

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo (r/ Madrid, 2-4, 2º As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela) ou na web https://deporte.xunta.gal/. Teléfono 881 99 63 73.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid, 2 - 4, 2º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Fax: 881996374

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal

Fundación Deporte Galego

Prazo de presentación: PECHADO

06/10/2020 00:00 - 27/10/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

Anuncio do 13 de outubro de 2020 polo que se notifica o acordo da ampliación de prazo de presentación de solicitudes en  cinco (5) días hábiles.

As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (r/ Madrid, 2-4, 2º As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de utilizar un rexistro oficial diferente ao propio da Fundación Deporte Galego citado anteriormente ou recorrer ao sistema de envíos postais, para presentar as solicitudes, as persoas deportistas solicitantes veranse obrigadas a comunicalo por correo electrónico ao enderezo da Fundación (fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal) e remitir anexa a propia solicitude.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e habilitarase un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

Prazo de resolución: Non especificado

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2020) (DOG núm. 201, do 5 de outubro de 2020)

    • Anuncio do 13 de outubro de 2020 polo que se notifica o acordo da ampliación de prazo para solicitar as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2020) (DOG nº 207 do 14 de outubro de 2020).

Outros procedementos relacionados

DE400A

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano