Guía de procedementos e servizos

PR961A

Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 21/10/2017 00:00 - 30/10/2017 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que participaron nos XX.OO./XX.PP. de Río 2016 e ao resto de deportistas con recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) nos anos 2015, 2016 ou 2017, que acadaran os resultados requiridos no apartado 6 destas bases, nas competicións internacionais e/ou nacionais das súas respectivas especialidades e probas deportivas.

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria os/as deportistas que cumpran os requisitos establecidos neste apartado, así como os criterios establecidos no apartado 6.4 destas bases, podendo acollerse a unha das seguintes dúas liñas das axudas:

1. Axudas Olímpicos/as-Paralímpicos/as en Río 2016

a) Ter participado representando ao equipo olímpico/paralímpico español nos pasados XXOO/XXPP de Río 2016.

b) Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o Deporte, coma Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2015, 2016 ou 2017. En caso contrario, deberá acreditarse algún dos tres supostos seguintes: ter nado en Galicia ou ter residido durante a súa etapa de formación deportiva en Galicia ou ter veciñanza administrativa en Galicia dende alomenos o 1 de xaneiro do ano anterior ao ano de valoración de resultados.

c) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

2. Axudas DGAN:

a) Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o Deporte, coma Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2015, 2016 ou 2017.

b) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade practicada conforme o apartado 6.4.1. e/ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.4.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.

c) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as solicitantes nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid 2-4. Edificio EGAP 2ª pranta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Fundación Deporte Galego

Prazo de presentación: PECHADO

21/10/2017 00:00 - 30/10/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, ou na web deporte.xunta.gal.

  • As persoas interesadas deberán achegar tamén obrigatoriamente en todos os casos coa solicitude (Anexo I), a seguinte documentación:

    • Anexo II. Certificado da Federación. Obrigatorio en tódolos casos. Non serán admitidos aqueles anexos 2-certificado da federación que aínda sendo orixinais ou escaneados veñan coas casiñas de verificación e resultados cubertos de forma manual ou non sexan asinados pola/o secretaria/o e presidenta/e ou carezan do cuño oficial da federación.

    • Anexo III. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude. No caso de persoas menores de idade, documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite).

Naqueles solicitantes que opten á liña 1. Axudas Olímpicos/as-Paralímpicos/as en Río 2016 e non

tiveran o recoñecemento DGAN en vigor nos anos 2015, 2016 ou 2017, tamén deberán presentar

algún dos seguintes documentos complementarios, segundo sexa o caso:

  • Documento acreditativo de ter nado en Galicia: Partida de nacemento, copia do libro de familia ou calquera outro documento oficial que o acredite.

  • Certificado de ter residido en Galicia durante a súa etapa de formación deportiva.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferentemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Fundación poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 (Planta 2ª). 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación da documentación complementaria en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código PR961A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de empadroamento. Só naquelas solicitudes que se acollan á liña 1. Axudas Olímpicos/as-Paralímpicos/as en Río 2016, nos que se teña que acreditar a veciñanza administrativa en Galicia por non ter o recoñecemento DGAN en vigor en 2015, 2016 e 2017.

  • Certificación positiva expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social correspondente, acreditativa de que a persoa solicitante se atopa ao corrente do cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

  • Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que acredita que a persoa solicitante se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias.

  • Certificación positiva expedida polo órgano competente da Consellería de Facenda (Xunta de Galicia) na que se teña constancia que non ten débedas pendentes de natureza tributaria coa Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro

correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados

datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. Planta 2ª. 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

Prazo de resolución: Ata o 31 de decembro de 2017

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio do 10 de outubro de 2017 sobre a convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, axudas DGAN 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).

    • BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL “AXUDAS DGAN 2019”

    • Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2017, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 52 do 14 de marzo de 2018).

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano