Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR948B - Recoñecemento da condición de núcleo de adestramento especializado.
1. O presente decreto ten por obxecto a regulación do deporte de alto nivel de Galicia, do alto rendemento deportivo e do rendemento deportivo de base.
2. Así mesmo, son obxecto de regulación neste decreto, pola súa relación coas materias citadas no número 1, os centros de alto nivel deportivo, os núcleos de adestramento deportivo especializado, a Oficina de Atención ao Deportista e a Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo e do rendemento deportivo de base.
Obrigas dos núcleos de adestramento deportivo especializado
Os núcleos de adestramento deportivo especializado recoñecidos ao abeiro deste decreto deberán:
a) Facilitar a participación dos seus deportistas coas seleccións deportivas galegas cando sexan seleccionados.
b) O club ou clubs do núcleo de adestramento deportivo especializado deberán participar nos campionatos galegos da súa especialidade deportiva, salvo coincidencia de datas con campionatos oficiais estatais e internacionais ou interfira coa súa preparación para eles.
c) O club ou clubs do núcleo de adestramento deportivo especializado deberán participar nas actividades de promoción do deporte que organice a Administración autonómica, sempre que non interfira na súa actividade deportiva.
d) Publicitar, no desenvolvemento da súa actividade deportiva, a condición de núcleo galego de adestramento deportivo especializado.
e) Informar o órgano superior competente en materia de deporte da Administración xeral da Comunidade Autónoma das súas actividades e resultados deportivos dos deportistas e dos clubs.
f) Coidar que os procesos de adestramento promovan hábitos de compañeirismo, igualdade, tolerancia, xogo limpo, respecto ás normas, ao adversario e á diversidade.
g) Dispor dun regulamento de réxime interno que deberá regular, polo menos, os seguintes aspectos: obxectivos, estrutura, competencia e funcións dos profesionais, sistema de selección dos deportistas, e dereitos e deberes destes, réxime disciplinario, sistema de financiamento, así como dun protocolo fronte ao acoso sexual e por razón de xénero, orientación sexual e identidade de xénero.
1. Serán requisitos dos núcleos de adestramento deportivo especializado:
a) Ofrecer unha dispoñibilidade de espazos e instalacións axeitados ás necesidades da programación deportiva.
b) Contar cun equipo técnico cualificado. O adestrador ou a adestradora responsable deberá ter o título de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou equivalente, ou título de técnico deportivo ou técnica deportiva superior ou adestrador deportivo ou adestradora deportiva de nivel III na modalidade ou especialidade deportiva correspondente.
c) Dispor do uso dun centro para levar a cabo o seguimento médico-deportivo.
d) Dispor dun proxecto de preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel e ao alto rendemento deportivo para a modalidade deportiva correspondente, de acordo co interese estratéxico deportivo da propia Comunidade Autónoma, encamiñado á participación dos deportistas galegos e das deportistas galegas en xogos olímpicos ou paralímpicos, campionatos do mundo, campionatos de Europa e outras competicións internacionais de máximo nivel.
e) Non estar cumprindo a entidade solicitante sanción disciplinaria deportiva firme na vía administrativa pola comisión dunha infracción de carácter grave ou moi grave, ou sanción administrativa firme en materia administrativo-deportiva pola comisión dunha infracción de carácter grave ou moi grave.
f) Acreditar o nivel e requisitos deportivos que se requiran para os efectos deste recoñecemento. Os requisitos deportivos deberán ser aprobados, para os efectos do presente decreto, por orde da persoa titular da consellería competente en materia de deporte.
2. No caso de non reunir algún dos requisitos mencionados, a Administración xeral da Comunidade Autónoma poderá igualmente conceder a cualificación, de forma motivada e sempre que se valore a súa idoneidade no interese deportivo estratéxico da Comunidade Autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas) - 2ª andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996367/ 881996360
Fax: 881996368
Email: monica.carballo.miguez@xunta.gal
Secretaría Xeral para O Deporte
Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia (DOG nº 197 do 29 de setembro de 2020).
Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado (DOG nº 121 do 28 de xuño de 2021).
Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos recoñecementos dos núcleos de adestramento deportivo especializado no ano 2021.(DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).
Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se lles recoñece ás persoas adestradoras ou técnicas e ás persoas xuízas-árbitras a condición deportiva de alto nivel e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2023).
Resolución do 28 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos recoñecementos dos núcleos de adestramento deportivo especializado (DOG nº 237 do 15 de decembro de 2023).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes
1. Poderán iniciar o procedemento de recoñecemento dun núcleo de adestramento deportivo especializado, en calquera momento, as entidades deportivas referidas no artigo 39.1, dirixindo as súas solicitudes ao órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figura como anexo V.
2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requerida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. A instrución e resolución do procedemento axustarase ao establecido nos artigos 11 e 12, nos seus puntos 1 e 2.
Documentación que se deberá presentar coa solicitude
1. Os interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Declaración dos requisitos da condición de núcleo de adestramento deportivo especializado, segundo o modelo normalizado que figura como anexo VI.
b) Proxecto de preparación técnico-deportiva.
c) Acordo/convenio de colaboración cun centro de medicina para o seguimento de deportistas. No suposto de contar con medios propios, xustificarase esta situación.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á dita consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios.
Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.