Guía de procedementos e servizos

PR952A

Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 05/08/2022 00:00 - 05/09/2022 23:59

Establecer, mediante esta orde, as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de prazas para o CGTD, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo (código de procedemento PR952A).

Deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Padre Fernando Olmedo, nº 1

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159674 / 886159670 / 886157671

Email: cgtd@xunta.es

Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Prazo de presentación: PECHADO

05/08/2022 00:00 - 05/09/2022 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Poderán ser beneficiarias das prazas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas deportistas que, no momento de presentación da solicitude por parte das correspondentes federacións deportivas, cumpran os requisitos que se detallan a continuación:

– Ter nacionalidade española.

– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a que se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estivese integrada na federación española.

Poderase valorar, segundo informe técnico da Comisión de Selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas prazas de rendemento.

– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– As persoas deportistas beneficiarias de praza de tecnificación deberán ter promocionado de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2022 (non se considera a promoción por imperativo legal). Excepcionalmente, poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.

Para o caso de que, derivado da situación excepcional ocasionada polo coronavirus (COVID-19), non se poida acreditar este requisito, as persoas solicitantes quedarán exceptuadas de cumprilo.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a continuación:

– Non obter un «apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.

– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da Comisión de Selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.

– Ter sanción en firme por dopaxe.

– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE de 19 do febreiro de 1993).

– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións: atletismo na especialidades de lanzamentos; bádminton; judo; karate; loita; natación pura e natación en augas abertas; natación artística; piragüismo en augas bravas (slálom); piragüismo en augas tranquilas; remo; taekwondo; tríatlon; vela e ximnasia acrobática, trampolín e artística. As federacións que conten cun grupo de tecnificación e/ou rendemento remitirán os/as deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta orde e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde, xunto co cal se achegará o resto da documentación solicitada segundo o disposto no artigo 7 (anexos II ao VI). O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das federacións presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, notificaráselle á federación para que, nun prazo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos. Unha vez que transcorra o dito prazo sen que se produza a emenda, considerarase que desiste da súa petición.

5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e o establecido para a súa emenda, publicarase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e no seu taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos, excluídos, con indicación da causa que orixina esta situación, e desistidos.

6. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases que a regulan.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

1. Para a valoración dos méritos, as federacións deportivas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

Documentación                                                                                                                                                                Unidades

Anexo II: proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2022/23.                                                                          1    

Anexo III: proposta de equipo técnico.                                                                                                                            1 por persoa

Documentación, a maiores do disposto no artigo 8, que deberá achegarse xunto co anexo III:

– Adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter tido a condición de DGAN.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.                                                                                               

Anexo IV: adestrador responsable da sección deportiva:                                                                                                           1

– Declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.                                                                                                                                                                  

*Anexo V: adestrador responsable de grupo:                                                                                                                    1 por persoa

– Declaración de coñecemento das súas funcións.                                                                                                           

Anexo VI : valoración dos deportistas.                                                                                                                              1 por persoa

* En caso de tratarse de adestradores de grupo

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas solicitantes, as federacións deportivas, presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa adestradora.

– Consulta de títulos oficiais universitarios da persoa adestradora.

– Consulta de títulos oficiais non universitarios da persoa adestradora.

– Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais da persoa adestradora.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– DNI ou NIE do/da presidente/a da Federación.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de residencia do/da deportista con data de última variación padroal.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2022).

    • Extracto da Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2022).

    • Resolución do 6 de setembro de 2022 pola que se outorgan as prazas para o grupo de tecnificación, ao abeiro da Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23, e se procede a súa convocatoria (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).

    • Resolución do 6 de setembro de 2022 pola que se outorgan as prazas para o grupo de rendemento ao abeiro da Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2022/23, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2022).

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano