Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR952B
Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Establecer, mediante o procedemento con código PR952B, as bases reguladoras e proceder á convocatoria de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade. Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial á residencia para a atención dos deportistas menores de idade. Os beneficiarios das bolsas completan a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.
Os beneficiarios das bolsas realizarán o seu labor na instalación do CGTD, sita na rúa Fernando Olmedo, 3, da cidade de Pontevedra, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte e durante o curso escolar 2018/19.
Poderán ser beneficiarios das bolsas para persoal de apoio no CGTD todas aquelas persoas que cumpran os requisitos.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Deporte de Pontevedra
Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra
Padre Fernando Olmedo, 1
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986854437 / 986857758
Email: cgtd@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
27/07/2018 00:00 - 27/08/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
a) Ter entre 19 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.
b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou un ciclo formativo.
d) Non ser beneficiario dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.
e) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015 do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
f) No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario:
– Que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.
– Que pasase polo menos 1 ano desde o remate da súa estadía como deportistas bolseiros ata a presentación da solicitude como persoal de apoio.
g) Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que foran bolseiros no CGTD con anterioridade e que estean a cursar estudos non oficiais.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo I de solicitude cuberto.
b) Matrícula universitaria ou do ciclo formativo correspondente ao curso académico 2018/19.
c) BOE/DOG en que se acredite o recoñecemento de deportista de alto nivel/deportista galego de alto nivel, en caso de posuílo.
d) Certificado da federación nacional correspondente que o acredita como deportista de alto rendemento, en caso de posuílo.
e) BOE/DOG en que se acredite ter formado parte de programas deportivos de tecnificación e rendemento, de ser o caso.
f) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo co artigo 16 da presente resolución.
g) Titulación federativa, en caso de posuíla.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
c) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
d) Licenciatura/grao/diplomatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou Maxisterio por Educación Física (en caso de posuíla).
e) Titulación de grao medio ou grao superior das ensinanzas deportivas de réxime especial (en caso de posuíla).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas interesadas só poderán optar por unha das vías de presentación.
O formulario de solicitude estará tamén dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.gal
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo 2. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2018/19, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 142 do 26 de xullo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Convenios coas federacións deportivas galegas para a realización de programas de promoción e desenvolvemento.
Aberto todo o ano
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as agrupacións deportivas escolares de Galicia para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar
Aberto todo o ano
Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Prazo pechado: 05/06/2024 00:00 - 04/07/2024 23:59
Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Prazo pechado: 06/06/2024 00:00 - 05/07/2024 23:59