Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR952A
Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade de prazas para o CGTD (código de procedemento PR952A), co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.
Poderán ser beneficiarias das prazas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas deportistas que, no momento de facer a solicitude, cumpran os requisitos que se detallan a continuación:
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Deporte de Pontevedra
Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra
Padre Fernando Olmedo, 1
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159674/ 886159670/ 886157671
Email: cgtd@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
15/07/2020 00:00 - 14/08/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución ao Diario Oficial de Galicia.
– Ter nacionalidade española.
– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a cal se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estea integrada na federación española.
Poderase valorar, segundo informe técnico da comisión de selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas prazas de rendemento.
– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
– As persoas deportistas solicitantes de praza de tecnificación deberán ter promocionado de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2020 ou na extraordinaria de setembro 2020 (non se considera a promoción por imperativo legal). Excepcionalmente, poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.
Para o caso de que, derivado da situación excepcional ocasionada polo coronavirus (Covid-19), non se poida acreditar este requisito, as persoas solicitantes quedarán exceptuadas de cumprilo.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas en que concorra algunha das circunstancias establecidas a continuación:
– Non obter un «apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.
– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través da comisión de selección, sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.
– Ter sanción en firme por dopaxe
– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE do 19 de febreiro de 1993).
– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
- As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de modalidades olímpicas e paraolímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións: atletismo na especialidades de lanzamentos; bádminton; ximnasia acrobática, trampolín e artística; judo; karate; loita; natación pura e natación en augas abertas; piragüismo en augas bravas (slálom); piragüismo en augas tranquilas; remo; taekwondo; tríatlon e vela, presentando candidatos se contan cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.
- As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta resolución, xunto ás cales se achegará o resto da documentación solicitada segundo o disposto no artigo (anexos II ao VI). O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das federacións presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e forma de presentación da documentación
1. Para a valoración dos méritos, a solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación, segundo o solicitante:
Anexo II. Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2020/21.(1 unidade)
Anexo III .Proposta de equipo técnico. (1 unidade por persoa)
Documentación, a maiores do disposto no artigo 8, que deberá achegarse xunto co anexo III:
– Adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).
– Experiencia: deberá acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter anteriormente a condición de DGAN.
– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.
Anexo IV. Adestrador responsable da sección deportiva: (1 unidade)
– Declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.
* Anexo V. Adestrador responsable de grupo: (1 unidade por persoa)
– Declaración de coñecemento das súas funcións.
Anexo VI. Valoración dos deportistas. (1 unidade por persoa)
* (En caso de tratarse de adestradores de grupo)
2. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI ou NIE da persoa adestradora.
– Consulta de títulos oficiais universitarios da persoa adestradora.
– Consulta de títulos oficiais non universitarios da persoa adestradora.
– Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais da persoa adestradora.
– NIF da entidade solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– DNI ou NIE do/da presidente/a da federación.
– NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio, segundo o anexo I e no anexo III, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Proposta equipo técnico (Anexo III)
- Persoa adestradora responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións (Anexo V)
- Persoa adestradora responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade (Anexo IV)
- Valoración técnica das persoas deportistas (Anexo VI)
- Solicitude (Anexo I)
- Proxecto de tecnificación e/ou rendemento deportivo no CGTD para o curso 2020/21 (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 6 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2020/21, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 139 do 14 de xullo de 2020).
-
Resolución do 17 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de tecnificación ao abeiro da Resolución do 6 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia, do 14 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2020/2021, e se procede á súa convocatoria
-
Resolución do 24 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para o grupo de rendemento ao abeiro da Resolución do 6 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2020/2021, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 199 do 1 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Legalización dos libros das entidades deportivas
Aberto todo o ano