Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR937A
Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma Galega.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral do Retorno
Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
Basquiños, nº 2
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547271/ 981957162
Fax: 981547296
Email: retorno.emigracion@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
14/04/2023 00:00 - 29/09/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de setembro de 2023.
1. Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3.
b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
c) Ter residido no estranxeiro e que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2021, incluído.
d) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.
e) Residir e exercer a súa actividade empresarial ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 o 037).
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
g) Non ter sido beneficiaria desta axuda ao abeiro de anteriores convocatorias.
h) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Quedan excluídos os autónomos colaboradores.
Solicitudes.
De conformidade co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, no ámbito do sector público autonómico, están obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.
b) Baixa consular, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, ou calquera outra documentación que acredite, de xeito fidedigno, a residencia no exterior e a data de retorno a España.
c) Alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data en que tivo lugar a alta.
d) Certificado do colexio profesional de data de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional, con indicación dos períodos de alta nela, se é o caso.
e) Alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados/as tributarios/as da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037), no que debe figurar a data da alta, o domicilio fiscal e a localización do establecemento da actividade.
f) Plan de negocio empresarial segundo o modelo do anexo II.
Este plan deberá ter informe da súa viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre as cales figuran as persoas axentes de emprego e desenvolvemento local e a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste último caso, o informe solicitarase á Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego a través do seguinte enderezo web: https://polosemprendemento.gal/prog-retorna-emprend
g) Cando a actividade se desenvolva a través dunha empresa, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención e deberán achegar:
g.1) Escritura pública de constitución da entidade ou contrato privado onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias, segundo o caso.
g.2) Inscrición da entidade no rexistro correspondente, se é o caso.
g.3) Anexo IV de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán consultados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración deste.
6. Cando os documentos achegados ao expediente polas persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberase presentar tradución deles en calquera destes idiomas.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante, de ser o caso.
d) Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal.
e) NIF da entidade en que desenvolve a actividade a persoa solicitante.
f) Consulta de vida laboral dos últimos 12 meses.
g) Alta no imposto de actividades económicas.
h) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
i) Consulta de concesión pola regra de minimis.
j) Certificado de domicilio fiscal.
k) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
l) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
m) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración doutras axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 71 do 13 de abril de 2023).
-
Extracto da Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 71 do 13 de abril de 2023).
-
Corrección de erros. Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 84 do 3 de maio de 2023).
-
Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.
Prazo aberto: 20/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Conecta co Voluntariado en Galicia
Prazo aberto: 25/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Axudas de emerxencia social.
Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59
Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.
Aberto todo o ano