Guía de procedementos e servizos

PR923E

Programa de escolas abertas para persoal directivo e docente das entidades galegas do exterior.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 13/03/2018 00:00 - 23/04/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e a persoas galegas residentes fóra de Galicia.

Así mesmo, é obxecto desta resolución a convocatoria de axudas para participar nos obradoiros para o ano 2018.

As distintas actividades que se desenvolverán no programa consistirán na organización e participación en obradoiros de especialización de:

– Gaita tradicional galega.

– Baile tradicional galego.

– Percusión tradicional galega.

– Canto popular e pandeireta.

– Confección de traxe tradicional galego.

– Obradoiro de formación de persoal directivo.

Estes obradoiros terán as seguintes características comúns:

– Formación intensiva, de carácter participativo, cunha duración mínima de 50 horas lectivas teórico-prácticas.

– A formación será impartida por profesionais e expertos con experiencia nas distintas modalidades.

– Cada alumno deberá vir provisto dos instrumentos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros de carácter cultural.

– O lugar de celebración, o número de prazas de cada obradoiro por país, o desenvolvemento de cada unha das modalidades e a non realización dos obradoiros que non acaden un número mínimo de 8 solicitudes establecerase por resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración. Así mesmo, no caso de que o número de solicitudes presentadas para algún dos obradoiros sexa elevado, poderá determinarse a realización de máis dun obradoiro nalgunha das modalidades.

O número de prazas ofertadas ascende a un total de 80 distribuídas do seguinte xeito:

– Área 1 (países europeos): 18 prazas.

– Área 2 (países do resto do mundo): 62 prazas.

As prazas vacantes nunha das áreas poderanse adxudicar á outra área, de haber nela solicitudes admitidas e contar con crédito suficiente no programa.

Para o obradoiro de formación de persoal directivo, de haber solicitudes admitidas bastantes, reservarase o 70 % das prazas para mulleres.

Os obradoiros desenvolveranse preferiblemente na cidade de Ourense durante o mes de xullo do ano 2018.

Persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior.

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Persoal directivo das entidades galegas do exterior.

Para a modalidade de formación de persoal directivo, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que pertenzan á xunta directiva daquelas entidades galegas que, no Rexistro da Galeguidade, estén inscritas na Sección de comunidades galegas, centros colaboradores ou federacións de entidades.

Así mesmo, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que colaboren no exterior coa Secretaría Xeral da Emigración nun programa que esta xestione en materia de xuventude.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas

Servizo de Promoción das Entidades Galegas

R/ Basquiños, 2

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957353 / 981547265

Fax: 981547295

Email: entidadesgalegas@xunta.es

Secretaría Xeral da Emigración

Prazo de presentación: PECHADO

13/03/2018 00:00 - 23/04/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta (40) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior.

Poderán solicitar participar neste programa aquelas persoas responsables de impartiren docencia nas entidades galegas:

a) Que teñan constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade solicitada cunha actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos.

b) Aquelas entidades que, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tivesen grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.

c) No caso de persoas que soliciten participar no obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido, como mínimo, durante catro anos.

As persoas solicitantes deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e ser responsables de impartir a docencia, na modalidade solicitada dentro da entidade galega en que exercen a súa función docente. Malia o anterior, mediante resolución razoada, á vista de circunstancias excepcionais de excelencia ou dedicación nas materias que se impartirán no obradoiro correspondente, a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá autorizar a participación dalgunha persoa maior ou menor destas idades.

Persoal directivo das entidades galegas do exterior.

As persoas solicitantes por estas entidades deberán ter unha idade comprendida entre os 21 e 35 anos, e formar parte da xunta directiva destas entidades no último ano, cando menos, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán ser beneficiarias dos distintos obradoiros as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin poderán ter participado no Programa de escolas abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así for, quedarán excluídas.

Non poderán ser beneficiarias aquelas persoas solicitantes que exerzan o seu labor docente ou pertenzan a entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os requisitos teñen que cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

  • Persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior (código de procedemento PR923E).

  • Para os obradoiros de gaita, baile, percusión, canto e confección de traxe:

    • a) Documento identificativo da persoa solicitante, sempre que non se dispoña do DNI. No caso de dispoñer de DNI/NIE, só hai que presentalo no caso de opoñerse á súa consulta no anexo I.

    • b) Unha fotografía recente tamaño carné.

    • c) Documentación identificativa da entidade en que exerce as súas funcións.

    • d) Ficha da entidade colaboradora, segundo o modelo do anexo II

    • e) Unha declaración da persoa aspirante comprometéndose a ensinar os coñecementos adquiridos no seo da entidade en que imparte ensino, incluída no anexo I.

    • f) Breve currículo da persoa aspirante con especial referencia aos coñecementos e nivel de estudos musicais realizados, títulos, experiencia, actuacións, gravacións, grupos ou escolas en que impartiu docencia, etc., na materia obxecto do obradoiro.

    • g) Para os obradoiros de gaita, baile, percusión e canto popular e pandeireta: unha gravación en vídeo dixital (CD, VCD, DVD...) da modalidade solicitada que non exceda os 4 minutos, sen ningún outro instrumento acompañando, no caso de gaita e percusión. No caso de canto e baile, a gravación deberá ser solista.

    • h) Certificación da entidade do nome da escola ou grupo e do número de alumnos que os compoñen, segundo o modelo que figura como anexo IV.

    • i) Para o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, certificación da entidade en que acredite a experiencia en corte e confección de traxe tradicional galego e, se é o caso, copia do título oficial de corte e confección.

Así mesmo, deberá presentarse unha certificación de ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido, como mínimo, durante catro anos, segundo o modelo que figura como anexo III.

  • Para o obradoiro de formación de persoal directivo das entidades galegas deberase achegar a seguinte documentación:

    • a) Certificación de que a persoa solicitante leva pertencendo á xunta directiva da entidade durante o ano anterior á data da convocatoria que figura como anexo II.

    • b) Acta da entidade en que apareza o seu nomeamento como membro da xunta directiva da entidade na cal exerza as funcións directivas.

    • c) A recollida nas alíneas a), b), c) e e) do punto 1.1 deste artigo.

    • d) Para aquelas persoas que soliciten esta modalidade e colaboren coa Secretaría Xeral da Emigración nun programa que esta xestione en materia de xuventude, abondará que acrediten tal colaboración.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación do procedemento PR923E consultarase automaticamente o DNI/NIE da persoa solicitante, de ser o caso, así como os datos oficiais acreditativos de que se atopa vinculada con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia faga imposible a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • A falsidade ou ocultación de datos na documentación presentada para a obtención da axuda comportará a exclusión do proceso de valoración e, polo tanto, a imposibilidade de ser persoa beneficiaria das axudas establecidas nesta resolución.

O material audiovisual poderá presentarse nos seguintes formatos de uso común: mp4, avi, mov ou wmv e non pode superar os 12 MB.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2018 (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2018)

    • Extracto da Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2018 (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2018)

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano