Guía de procedementos e servizos

PR905A

Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 30/01/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

    1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:

    a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.

    b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    2. Quedan excluídas destas axudas tanto as persoas que solicitasen a axuda e resultasen beneficiarias dela nas dúas convocatorias anteriores, como o resto das persoas que formasen parte da súa unidade familiar no momento de solicitar a axuda, en virtude das seguintes resolucións:

    – Resolución do 15 de marzo de 2022 (DOG núm. 61, do 29 de marzo).

    – Resolución do 23 de marzo de 2023 (DOG núm. 68, do 10 de abril).

    Para os efectos desta convocatoria, considéranse persoas beneficiarias de convocatorias anteriores tanto a persoa que solicitou a axuda como o resto de persoas que formaban parte da súa unidade familiar no momento de solicitar a axuda.

    3. Quedan excluídas destas axudas as persoas que solicitasen a axuda e formen parte dunha unidade familiar en que unha das persoas integrantes xa resultase beneficiaria ao abeiro da presente convocatoria.

    Xunta de Galicia

    Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

    Secretaría Xeral da Emigración

    Subdirección Xeral do Retorno

    Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

    Basquiños, nº 2

    15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

    Teléfono: 981547271/ 981957162

    Fax: 981547296

    Email: retorno.emigracion@xunta.es

    Secretaría Xeral da Emigración

    Prazo de presentación: PECHADO

    30/01/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

    O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2024, incluído.

    1. Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:

    a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.

    b) Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Ter residido no estranxeiro un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

    d) Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2022, incluído.

    e) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

    Para estes efectos, considérase que son recursos económicos suficientes cando a suma da media dos ingresos que perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren, supere o importe do IPREM mensual (indicador público de renda de efectos múltiples) vixente na data da solicitude.

    Para os efectos desta axuda, consideraranse ingresos da unidade familiar os obtidos por calquera dos seguintes conceptos:

    • Rendementos do traballo. Inclúe as rendas netas do traballo por conta allea, excepto as pagas extras, liquidacións ou indemnizacións. Excluiranse, en todo caso, os salarios xerados no estranxeiro percibidos con anterioridade á data de retorno, sempre que se deixasen de percibir despois do retorno.

    • Rendas de actividades económicas, profesionais, empresariais ou agrarias. Compútase como rendas o rendemento neto reducido (ingresos menos gastos) dos distintos tipos de actividades desenvolvidas en España.

    • Pensións e prestacións. Inclúe os ingresos netos de todo tipo de pensións e prestacións, excepto as pagas extras e a prestación económica por razón de necesidade (ancianidade e incapacidade) da Dirección Xeral das Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social español que puidesen percibir no seu país de orixe.

    • Rendas do capital mobiliario. Inclúe os rendementos netos das distintas contas bancarias e investimentos financeiros.

    • Rendas do capital inmobiliario. Inclúe os rendementos netos dos bens inmobles arrendados, diferentes da vivenda habitual.

    Exceptúanse do cómputo dos ingresos da unidade familiar do punto anterior os seguintes conceptos:

    • Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada, así como as bolsas de estudos, material ou outras relacionadas coa formación.

    • Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada, como incentivos ou gratificacións pola participación.

    • Os ingresos de pagamento único dirixidos a paliar situacións de emerxencia social.

    • As prestacións familiares por fillo/a ou menor a cargo.

    • As prestacións económicas e libranzas derivadas da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

    f) Carecer de patrimonio mobiliario suficiente na unidade familiar.

    • Entenderase como patrimonio mobiliario suficiente cando o valor actualizado dos bens mobles de todas as persoas da unidade familiar supere o límite de 20.000 euros cando a unidade familiar estea formada por unha persoa, incrementado, se é o caso, en 5.000 euros adicionais, por cada un dos restantes membros da unidade familiar.

    O patrimonio mobiliario estará conformado polos depósitos en conta corrente ou a prazo, accións, fondos de investimento e fondos de pensións, valores mobiliarios, etc., que se valorarán polo seu valor nominal que conste na correspondente documentación bancaria, tanto en España como no estranxeiro.

    2. Unidade familiar:

    A persoa solicitante debe incluír na súa solicitude de axuda, se for o caso, as persoas que residan na mesma vivenda e coas cales estea unida por vínculos de parentesco. Para os efectos desta convocatoria de axudas, constitúen unidades familiares independentes as seguintes modalidades:

    a) A constituída só pola persoa solicitante, cando viva soa ou comparta vivenda con outras persoas coas que non teña vínculos de parentesco ou que formen outra unidade familiar independente.

    b) A formada pola persoa solicitante, o seu cónxuxe ou parella de feito inscrita e, de ser o caso, os/as fillos/as da persoa solicitante solteiros/as ou sen parella de feito inscrita menores de 25 anos, que residan na mesma vivenda.

    c) No caso de que a persoa solicitante sexa solteira ou sen parella de feito inscrita, sen fillos/as e menor de 25 anos, a unidade familiar estará formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polos seus proxenitores, irmán/s ou irmá/s solteiros/as ou sen parella de feito inscrita menores de 25 anos, que residan na mesma vivenda.

    d) Cando a persoa solicitante sexa maior de 18 e menor de 25 anos e non conviva con algún dos seus proxenitores, considerarase que forma unha unidade familiar independente.

    e) No caso de que a persoa solicitante estivese residindo nun establecemento de acollida temporal, nunha residencia de persoas maiores ou nun aloxamento turístico, a determinación da unidade familiar realizarase segundo as circunstancias do caso concreto.

    Para estes efectos, só se computarán como membros da unidade familiar os que residan e consten inscritos no mesmo domicilio no certificado de empadroamento conxunto do padrón municipal, certificación municipal de convivencia, ou, no caso de imposibilidade de conseguilo, na declaración responsable presentada pola persoa solicitante relativa á composición da súa unidade familiar.

    Solicitudes.

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Documentación complementaria

    1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI.

    No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade, a solicitude farase ao seu nome e será asinada por quen a represente legalmente. Neste caso, deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

    b) Documentación acreditativa da vinculación con Galicia da persoa solicitante: nacemento en Galicia ou, de ser o caso, ser cónxuxe ou parella de feito inscrita ou descendente por consanguinidade dunha persoa galega e nacida en Galicia.

    c) Documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar que consten residindo na mesma vivenda no certificado de empadroamento conxunto, se é o caso: libro de familia ou certificado de matrimonio ou certificación do Rexistro de Parellas de Feito, así como certificados de nacemento dos/das fillos/as da persoa solicitante.

    No caso de separación legal, divorcio ou disolución dunha parella de feito, achegarase a correspondente sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.

    d) Certificado de empadroamento conxunto ou de convivencia actualizado, expedido polo concello galego de residencia da persoa solicitante, no cal se acredite que todas as persoas que constitúen a súa unidade familiar están empadroadas no mesmo enderezo ou, no caso de imposibilidade de conseguilo ou de unidade familiar constituída só pola persoa solicitante, declaración responsable presentada pola persoa solicitante relativa á composición da súa unidade familiar.

    e) Baixa consular, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno ou calquera outra documentación que acredite de xeito fidedigno a data de retorno a España, así como o tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

    f) Certificación actualizada de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar maiores de 18 anos e menores de 70 anos ou, no caso de imposibilidade de conseguila, declaración responsable de que non teñen vida laboral.

    g) Documentación acreditativa dos ingresos económicos, pensións ou rendas de calquera tipo, correspondentes aos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar ou, se é o caso, declaración responsable.

    No caso de que a persoa solicitante ou algún membro da unidade familiar non perciba ingresos económicos, pensións ou rendas; declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

    h) Documentación bancaria actualizada de saldo en contas correntes, depósitos bancarios, accións, valores, etc., acreditativa do valor dos bens mobles da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar, que se teñan tanto en España coma no estranxeiro.

    No caso de que algún membro da unidade familiar, coa excepción da persoa solicitante, non teña bens mobles (contas correntes, depósitos bancarios, accións, valores, etc.), declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

    i) Extracto das contas bancarias en España da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar en que se recollan os movementos dos 2 meses anteriores á presentación da solicitude.

    j) Certificado expedido polo órgano competente que acredite o grao de discapacidade ou dependencia da persoa solicitante, no caso de alegar tal circunstancia e de que non fosen recoñecidos pola Xunta de Galicia ou polo Imserso, así como certificado expedido polo órgano competente que acredite o grao de discapacidade ou dependencia dos restantes membros da súa unidade familiar, de ser o caso.

    k) Sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe socioambiental emitido por un organismo oficial que acredite ser vítima de violencia de xénero, no caso de que a persoa solicitante alegue tal circunstancia.

    2. Cando a persoa solicitante se atope na situación establecida no punto 5 do artigo 6, tamén deberá achegar a documentación acreditativa do importe dos ingresos anuais obtidos no ano anterior ao da convocatoria, tanto en España como no estranxeiro, de todas as persoas que forman a unidade familiar e, na súa falta, unha declaración responsable neste sentido.

    3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

    De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

    4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

    5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

    6. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración deste.

    7. Cando os documentos achegados ao expediente polas persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberase presentar tradución deles en calquera destes idiomas.

    8. A Secretaría Xeral da Emigración poderá solicitar dos servizos sociais comunitarios do concello onde tivese fixada a residencia a persoa solicitante a emisión dun informe social no cal se reflicta a súa situación familiar, sociolaboral e económica, co fin de ter un maior e adecuado coñecemento das devanditas situacións.

    Os ditos servizos sociais poderán remitir este informe xunto coa solicitude e o resto da documentación necesaria para a súa valoración, sen mediar solicitude previa da Secretaría Xeral, cando a persoa solicitante utilice estes servizos como apoio para a tramitación da axuda.

    Comprobación de datos

    1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

    a) DNI da persoa solicitante.

    b) DNI ou NIE da persoa representante.

    c) NIF da entidade representante.

    d) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante.

    e) Certificado de residencia con data de última variación no padrón da persoa solicitante.

    Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

    a) Certificado de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.

    b) Consulta do grao e nivel de dependencia.

    2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de que se trate e achegar os documentos.

    Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

    3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

    Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

    A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Prazo de resolución:

    Cinco meses

    Sentido do silencio:

    Negativo

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    • Ámbito Autonómico
      • Resolución do 28 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2024).

      • Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2024).

      • Resolución do 18 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 244 do 19 de decembro de 2024).

    Outros procedementos relacionados

    PR935A

    Axudas de emerxencia social.

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

    PR937A

    Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

    PR940A

    Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

    Aberto todo o ano

    PR940B

    Revogación do recoñecemento.

    Aberto todo o ano