Guía de procedementos e servizos

PR471A

Admisión ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 17/05/2022 00:00 - 02/01/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta resolución é a publicación dos criterios xerais que regularán a realización do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas ao longo do ano 2022, cuxas edicións serán convocadas por resolución do director xeral da Agasp na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública: https://agasp.xunta.gal/es (código de procedemento PR471A).

Este curso de formación rexerase polo establecido nesta resolución e no Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen.

Poderán participar nas probas aquelas persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Fax: 886206122

Email: formacion.agasp@xunta.es

http://agasp.xunta.es/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

17/05/2022 00:00 - 02/01/2023 23:59

O prazo para a presentación da devandita solicitude, abrirase ao día seguinte de que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 2 de xaneiro de 2023.

Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a Agasp programará a súa realización e publicará na súa páxina web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición que se realice, e ademais, as persoas interesadas recibirán un correo electrónico e un sms, indicándolles toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).

As persoas aspirantes deberán posuír os seguintes requisitos exixidos polo artigo 6 do Decreto 48/2021:

a) Ser maior de idade.

b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

c) Carecer de antecedentes penais.

d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:sede.xunta.gal.

 Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

Documentación complementaria necesaria para solicitar a inscrición no curso.

As persoas interesadas na realización do curso de formación deberán achegar coa solicitude o certificado de aptitude psicolóxica.

Este certificado poderá ser expedido por un centro médico-psicotécnico debidamente autorizado consonte o disposto no Real decreto 170/2010, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de centros de recoñecemento destinados a verificar as aptitudes psicofísicas dos condutores ou por persoal colexiado coa titulación de Psicoloxía ou Medicina.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos devanditos datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, acceder á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os referidos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2021).

    • Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2022, e se convoca a súa realización (DOG nº 94 do 16 de maio de 2022).

    • De conformidade co establecido na epígrafe primeira da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2022, publícanse as próximas edicións do curso para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se desenvolverán na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (Avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano