Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR471B
Axudas alugueiro establecementos lecer nocturno
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións para contribuír a sufragar os gastos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o período en que permaneceron pechados en aplicación da Orde do 15 de agosto de 2020, da Consellería de Sanidade, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan, a título de arrendatario, a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno, que sexan titulares dun contrato de alugamento, e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.
Para estes efectos, entenderanse por establecementos de lecer nocturno as discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Asemade, incluiranse as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no apartado III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan, consonte o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.
Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés-espectáculo.
Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pub.
Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigadas a:
a) Cumprir o obxectivo que fundamenta a concesión das subvencións.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención.
c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado. En especial, declarará por escrito calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos custos subvencionables que, en aplicación dos marcos nacionais temporais I e II ou en aplicación do Marco temporal comunitario, recibise durante o exercicio fiscal en curso.
e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
g) Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:
– Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.
– Incumprimento da obriga de xustificar a subvención nos termos establecidos no artigo 14 desta orde.
– En todo caso, será reintegrado o financiamento público polo importe pagado da subvención que supere o custo final xustificado.
– Incumprimento da obriga de manter a actividade durante un ano posterior ao momento en que se permita a apertura total dos establecementos.
– Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.
Prazo de presentación: PECHADO
28/10/2020 00:00 - 27/11/2020 23:59
As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
a) Seren titulares do alugamento dun establecemento de lecer nocturno que se atope pechado como consecuencia directa da aplicación da Orde da Consellería de Sanidade do 15 de agosto de 2020, con excepción da zona de terrazas, consonte o disposto na Orde da Consellería de Sanidade do 10 de setembro de 2020.
b) Que os seus contratos de alugamento estean en vigor desde o mes de xaneiro de 2020 e permanezan vixentes durante o ano posterior á data en que se permita a reapertura dos ditos establecementos, co compromiso de mantemento da actividade durante o dito prazo.
c) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.
d) Non tratarse de empresas ou autónomos que estivesen en crise o 31 de decembro de 2019.
Presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Solicitude
1. A solicitude de subvención presentarase electronicamente consonte o modelo que figura como anexo I destas bases e de conformidade co disposto no artigo anterior.
2. No modelo de solicitude a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que vai manter a actividade do establecemento durante un ano contado desde a reapertura do establecemento.
b) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
c) Declaración responsable do conxunto de axudas solicitadas con esta mesma finalidade.
d) Declaración responsable de que o contrato de alugamento está en vigor na actualidade e permanecerá en vigor durante un ano contado desde a reapertura do establecemento.
e) Declaración responsable de que o establecemento cumpre os requisitos do artigo 2, letra a).
f) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
3. A dita solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
a) Copia do documento acreditativo da titularidade da explotación económica do establecemento de lecer nocturno.
b) Copia do título habilitante do correspondente concello (licenza, comunicación previa ou declaración responsable) que acredite a condición do establecemento como de lecer nocturno.
c) Copia do contrato de alugamento do establecemento en que figure como arrendatario o titular da explotación económica do establecemento.
d) Copia da documentación acreditativa da representatividade que exerce no suposto de tratarse de persoas xurídicas.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación incondicionada das presentes bases reguladoras.
6. As solicitudes que non cumpran as exixencias contidas nesta resolución ou na normativa de aplicación, que non conteñan a documentación necesaria ou, de ser o caso, non a presenten nos modelos normalizados, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta. En todo caso, non se admitirán a trámite e procederase ao seu arquivamento sen posibilidade de emenda as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na correspondente convocatoria.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido por sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou, se é o caso, NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, da súa persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social, certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma e certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Quince días
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as subvencións para o ano 2020 (DOG nº 216 do 27 de outubro de 2020).
-
Extracto da Orde do 26 de outubro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as subvencións para o ano 2020 (DOG nº 216 do 27 de outubro de 2020).
-
Resolución do 12 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se fai pública a relación das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as subvencións para o ano 2020 (código de procedemento PR471B).(DOG núm. 15 do 25 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano