Guía de procedementos e servizos

PR471A

Admisión ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 09/11/2020 00:00 - 04/12/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta Resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21.4.2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril)

Poderán participar nas probas aquelas persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Avda. da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Fax: 886206122

Email: formacion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Prazo de presentación: PECHADO

09/11/2020 00:00 - 04/12/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:

a) Ser maior de idade.

b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

c) Carecer de antecedentes penais.

d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender o público en calquera delas.

e) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no punto quinto desta resolución.

  • Participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación. ( 30.48.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR471A 

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR471A (Admisión as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas).

a) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.

b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Xustificante do ingreso da taxa (código: 30.48.01), co selo da entidade bancaria con indicación da data.

d) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3, 4) cando non fose expedido directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento (PR471A) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

c) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3, 4) sempre que fose expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

d) Situación de desemprego.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).

    • Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).

    • Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).

    • Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).

    • Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).

    • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).

    • Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 225 do 6 de novembro de 2020).

    • Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (código de procedemento PR471A (DOG nº 2 do 5 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, e a data, a hora e o lugar de realización das probas (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2021).

    • Resolución do 8 de abril de 2021 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 6 de novembro) (DOG nº 71 do 16 de abril de 2021).

    • Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2021).

Outros procedementos relacionados

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469C

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR470A

Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano